Skip to Content

O NOSO NADAL

 

Aquí vos amosamos un resumo do noso Nadal. Agardamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos a tod@s un feliz ano 2024!

UN RETO MOI ESPECIAL

(Pinchade na imaxe para ampliar)

A mascota da nosa biblioteca proponvos un reto moi especial. Animádesvos a ler a carta que vos envía para descubrir de que se trata?

Saúdos e FELICES FESTAS!

SAÍDA 3º E 4º EP

Este venres o alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de pasar un soleado día en Santiago de Compostela. Primeiro fixemos un roteiro polas prazas máis importantes da cidade e pola Catedral. Rematamos o día facendo unha visita ao Museo de Historia Natural da USC, onde os monitores/as nos acompañaron nunha viaxe a través da diversidade dos seres vivos do noso planeta.

TEATRO GHAZAFELHOS

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Hoxe o alumnado de Primaria asistiu ao edificio de usos múltiples para ver a obra de teatro "Travesía unicornio" da compañía teatral Ghazafelhos.

Esta obra é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa, unha peza moi divertida, chea de humor onde se tratan temas sobre escoitarse, aceptarse e o máis importante, aceptar tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios.

Queremos agradecer a ANPA  por ofrecerlle aos nenos e nenas a posibilidade de gozar desta peza. 

 

TALLERES "SAÚDE NA ESCOLA"


(Pinchade na imaxe para ampliar)

A través da Consellería de Sanidade ponse en marcha o Proxecto Ardora encamiñado á prevención de condutas aditivas ao longo da vida. Parte deste proxecto realiza unha labor de prevención no eido educativo.

Con este programa desenvolvéronse diferentes charlas ao longo do trimestre co título de "Saúde na escola".

As actividades deste programa están enfocadas á intervención co alumnado de 6º de EP coa finalidade de promover estilos de vida saudables.

Dende o Departamento de Orientación adaptáronse os diferentes materiais utilizados nestes talleres para darlle acceso a todo o alumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut