try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

29 novembro. SOS TOMIÑO 2019

       Moitas grazas polo cacao e o leite que aportáchedes para a Asociación SOS Tomiño. Como cada Nadal, é un orgullo colaborar con ela para axudar ás familias máis desfavorecidas.

      Moitas grazas!

    

4-8 novembro. SEMANA DA TRADICIÓN ORAL 2019

      Co gallo da Semana da Tradición Oral, o pasado 6 de novembro invitamos a avós e avoas a vir pasar con nós un ratiño. Contáronnos cousas do máis interesante: a que xogos xogaban de cativos, que costumes tiñan, como era o día a día nas súas casas... incluso como facían para desenvolverse sen empregar a cantidade de plásticos aos que estamos acostumados hoxe en día. Foi un día moi especial e ao final, entregámoslles un diploma a cada avó/a para que nos lembren con tanto cariño coma nós a eles. Grazas pola visita!

                               

                                                    

5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Con tal fin, Sogama lanza unha campaña online a fin de axudar aos cidadáns a levar a cabo unha xestión máis sostible do lixo.

A actividade “#RRR. O MEDIO AMBIENTE NECESITA A TÚA AXUDA”, con sinxelos consellos axúdanos a diminuír a producción de residuos e para alongar a vida útil dos produtos, así como catro interesantes microvídeos a través dos cales se explica a importancia de separar os refugallos en orixe e depositalos no contedor axeitado, concretando o que debe e non debe ser depositados nos principais contedores que os cidadáns teñen á súa disposición nas vías públicas.

Fonte: Sogama

Correlingua 2019 en Ponteareas

Alumnado  paraticipante no CORRELINGUA 2019 en Ponteareas

Fotografías presentadas ao V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 
FOTOGRAFÍA PREMIADA ELIXIDA POLO ALUMNADO
 
AUTORA: Iria Rocha González.

TÍTULO: A igualdade.
DESCRIPCIÓN: Símbolo igual, tamén utilizado para reivindicar a igualdade social, plasmado nun paso de peóns no concello de Valença do Minho.
MATEMÁTICA: O "=", tamén chamado signo igual, é un símbolo matemático utilizado para indicar a igualdade matemática. Foi inventado en 1557 polo galés Robert Recorde.

Semana da Letras Galegas

Ao longo da Semana das Letras Galegas se desenvolveron actividades de: Tui Le, teatro de nais e pais, recital de poesía, concertos musicais, inauguración da biblioteca móbil e entrega do premio á mellor fotografía matemática.
 

X Edición " Tui Le"

Alumnado do CRA e dos colexios de Randufe, Guillarei e Rebordáns, no " TUi LE ".

Os centros educativos do Concello de Tui celebramos o décimo aniversario de " Tui le" evento que defende  e promove a lectura.

Fonte: Faro de Vigo 11/05/2019

TUI LE

Cartel adicado ao escritor e poeta Antonio García Teijeiro, que se presentará na X Edición de TUI LE  o venres,  10 de maio en Tui.

A Real Academia Galega e PuntoGal premian ao alumno Pablo Mirás Sánchez

A Real Academia Galega e PuntoGal premian ao alumno Pablo Mirás Sánchez polo relato “ O can enxesado”.

Case 550 microrrelatos se presentaron ao II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal que estableceu tres categorías diferenciadas por idades. Ademais de repartir agasallos de carácter tecnolóxico, contempla a publicación dos textos gañadores nas páxinas webs da RAG e de PuntoGal e na revista Luzes, que colabora no certame e que tamén publicará unha escolma doutros textos presentados ao certame.

O xurado estaba formado por dous membros da Real Academia Galega, dous membros da Asociación PuntoGal e un membro do comité de redacción da revista Luzes.

Parabéns, Pablo!!!

 

 

 

Distribuir contido