Tepo e Tepa sorprendéronnos unha vez máis cunha interesantísima visita.
O educador ambiental, Marcos Guiadanes, enriquecía o noso proxecto de centro cunha charla sobre o Bosque Atlántico.
Explicounos a importancia que teñen as árbores autóctonas no equilibrio ecolóxico, para a fauna e especialmente para as aves; coñecemos as especies forestais foráneas máis daniñas para o equilibrio ecolóxico e recoñecemos as vinte e cinco especies arbóreas autóctonas da nosa contorna.
Dende a Tepoteca temos o pracer de presentarlles o estupendo traballo dos nenos e nenas de primeiro e segundo para conmemorar a data do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.
O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, pois nesa data, Rosalía estaría de aniversario!
Para conmemorar e festexar o seu día, no cole realizamos diferentes actividades. Fixemos un mural conmemorativo, baseado na proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que decoramos con flores co rostro de Rosalía, investigamos sobre a súa vida e sobre as súas obras, escoitamos algún dos seus poemas e mesmo aprendemos algúns versos de "Adiós ríos".
Os maiores do cole escribiron poemas pensando en como escribiría Rosalía hoxe en día, en que temas da actualidade afondaría.
Por último, pero non menos importante, os cativos do cole fixemon un pequeno recital. Mirade que ben lles saíu!
O vindeiro 16 de abril, ás 16:00 h, grazas ao programa Lectura e Familias, poderemos desfrutar do espectáculo "O libro máxico" de Migallas na Tepoteca.
Combinarase narración oral, música e teatro para animar ás familias, rapazas e rapaces a gozar da lectura.
Por fin a aula STEAM está en marcha! Ciencia, tecnoloxía, arte, enxeñería, matemáticas...
O primeiro en probala foi o alumnado de Proxecto competencial de 4º de Primaria, que anda a argallar unha obra de teatro.
O profesorado de Rebordáns, no seu afán de mellorar a súa labor docente, quixo dar uso á aula STEAM na primeira xornada de formación sobre Protección de datos nos centros educativos.
Nos teñades dúbida que esta aula vai dar moito xogo!