Actividades Ext

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e da Non Violencia (por ser o día do falecemento de Mahatma Gandhi, importante pacifista).

Os alumnos de 5º A elaboraron este mural en conmemoración desta data tan sinalada. Noraboa!

 

 

Cada nivel traballou a temática na súa aula, pero todos fixemos un montón de grúas, un dos símbolos da Paz.

Con isto, traballamos a Lenda das 1000 grúas de papel de Sadako Sasaki:

 

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación diagnosticóuselle leucemia. Cando estaba no hospital, unha amiga faloulle da historia das 1000 grúas de papel: se desexas algo con moita forza e constrúes 1000 grúas de papel, os deuses concedernache un desexo. Iso intentou Sadako, pero faleceu antes de conseguilo. Simbolicamente, os seus amigos e amigas continuaron a súa misión coa esperanza de que se evitaran as guerras e se conseguise a paz no mundo.

 

Ademais, no salón de actos realizamos diversas actividades:

  • Visionado dunha curtometraxe explicando a historia de Sadako Sasaki e a Lenda das 1000 grúas de papel.

  • Lectura do noso Manifesto pola Paz tomando como referencia a Igualdade. Cada nivel leu o seu ademais e aportar as súas grúas de papel.

  • Cantamos todos xuntos a canción "Eu teño a alguén".

  

 

 

MANIFESTO POLA PAZ:

 

  • Paz e igualdade para un mundo de felicidade.

  • A paz é portarse ben e ser todos amigos e amigas.

  • Paz é pedir perdón cando lastimamos a alguén.

  • A educación é a base para a paz e a igualdade.

  • Loitemos para que a igualdade legal se aplique á vida real.

  • As mulleres non son diferentes aos homes por natureza, senón pola educación recibida. Mary Shelly.

  • A sociedade machista non cambia se non cambiamos as persoas primeiro.

  • Non temas á igualdade.

  • Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres.

  • Este ano 2018 queremos un mundo cheo de paz e de igualdade. Pedimos un salario digno para todos e todas as traballadoras e equitativo entre homes e mulleres. Todo traballo debe ser remunerado igualmente sen diferenzas de sexo.

  • O xénero está entre as orellas e non entre as pernas. Igualdade de dereitos para todos e todas, privilexios especiais para ninguén.

  • Preocupadas e preocupados pola violencia en distintas partes do mundo, pola lacra da violencia de xénero na nosa sociedade, o acoso escolar, a intolerancia cara as persoas doutras culturas, e existencia do terrorismo e a guerra, invitámosvos a implicarvos no traballo pola paz, que implica:

    *O respecto á vida, o fin da violencia e a práctica da non violencia por medio do diálogo e a cooperación.

    *O respecto á igualdade de dereitos e oportunidades de mulleres e homes e o fin da máxima expresión desta desigualdade, a violencia machista.

    *O dereito de todas as persoas á liberdade de expresión e de opinión.

 

3º, 4º e 6º A VISITAN O MUNCYT

É NADAL!

Os nenos e nenas de 5º B fixeron o mural da entrada que leva por título É NADAL.

Estas datas son para nós momentos de alegría, amigos, risas, familia... pero este mural invítanos á reflexión, xa que non todos os nenos e nenas do mundo poden gozar destas festas tan sinaladas da mesma maneira... nas nosas mans está comezar a cambialo! Noraboa rapaces e rapazas!

Pero todos os nenos e nenas do colexio tamén aportaron o seu gran de area para encher os corredores de bólas de Nadal e participaron neste mural común: unha carpa de circo moi navideña. Como vedes, dela ían saíndo distintas personaxes do mesmo e levando unha pancarta con distintas palabras escritas que non debemos esquecer: comprensión, perdón, respecto, humildade...

Tamén chegou o Nadal á nosa Biblioteca! Estas son algunhas das lecturas recomendadas:

Oxalá estas festas sexan tan divertidas e coloridas como o circo, cheas de soños como crean os magos, risas que nos dan os pallasos, arriscadas como as funcións dos malabaristas, cargadas de emoción como os trapecistas e inocentes coma nós, os nenos e nenas que disfrutamos desta vida que debería ser un circo: diversión, alegría e felicidade!

 

 

 

 

DÍA DO NENO/A 2017

DÍA DO NENO/A

 

O 20 de novembro é un día moi importante para a infancia, conmemórase o Día Mundial do Neno/a.

 

Os alumnos/as de 6º A traballaron moito elaborando este mural que nos recorda os dereitos de todos os nenos e nenas do mundo. Noraboa!

 

 Ademais, para celebrar este día tan especial para nós, todo o alumnado realizou unha actividade común que podedes ver nestoutro mural.

 

O noso pallaso amósanos xogando coas súas caixas moitos dos nosos dereitos: educación, igualdade, atención, protección, nacionalidade, amizade, alimentación, vivenda, amor, familia, comprensión, mome ou tempo de recreo.

 

Feliz Día da Infancia!

MAGOSTO

MAGOSTO

 

                                          

 

O venres, 3 de novembro celebramos no colexio unha das nosas festas favoritas, o MAGOSTO.

 

O día comezou cun montón de xogos tradicionais moi divertidos! Xogamos ás carreiras de sacos, á mariola, ás chapas... que diversión!

       

 

 

     

Pero esta festa non podía rematar sen a tradicional degustación das castañas asadas...que boas estaban!

 

     

 

SAMAÍN

O 31 de outubro celebramos o SAMAÍN no noso colexio cun montón de actividades.

 

O panel principal da entrada do centro fixérono os alumnos/as de 6ºB, e nel vemos a fusión entre o Magosto e o Samaín co noso particular “Magostín”.

 

Quixemos ambientar os nosos corredores, e que mellor forma de facelo que con estas cabazas e vasoiras tan terroríficas e á vez tan graciosas recordándonos ao circo (a nosa temática deste ano). Noraboa rapaces e rapazas!

  

Ademais, a nosa biblioteca tamén se ambientou para a ocasión...gozamos un montón lendo estes contos de medo!

En Educación Infantil o venres, 27 de outubro recibimos a visita dun WIZZARD que nos contou un conto de medo en inglés moi divertido. Pasámolo xenial!

E para rematar, o Wizzard tocou coa súa guitarra unha canción “Spooky, Spooky”.

 

 

En Educación Primaria cada nivel tamén traballou a temática do Samaín. Aprendemos moitas cousas desta tradición e igualmente o pasamos de medo facendo murais, debuxos ou manualidades.

  

FESTA FIN DE CURSO 2016-17

DÍA DA PAZ 2017

O DIA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

O ACTO CELEBROUSE NO SALÓN DE ACTOS, ONDE REALIZÁRONSE DIVERSAS ACTIVIDADES. 

  • EXPOSICIÓN ORAL SOBRE A GUERRA DE SIRIA E OS REFUXIADOS.
  • VISIONADO DE DOUS VIDEOS, UN SOBRE UN CAMPO DE REFUXIADOS NO LÍBANO E OUTRO SOBRE UNHA ESCOLA IMPROVISADA NESTE MESMO CAMPAMENTO.
  • RECITADO DO POEMA DE ANTONIO GARCIA TEIJEIRO:" POMBIÑA QUE ESCRIBES CO PETEIRO PAZ" POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO
  • CANTAMOS A CANCIÓN DE JUANES: "PAZ, PAZ, PAZ"

O PANEL DA BIBLIOTECA ESCOLAR, ELABORADO POLOS NENOS E NENAS DE 4ºB, REPRESENTA A FRASE DE MATHAMA GANDHI:

"SE QUERES CAMBIAR O MUNDO, CÁMBIATE A TI MESMO"

ADEMAIS ADORMANOS MOITOS RINCÓNS DO COLE CON DIFERENTES PANEIS SOBRE A PAZ:

AQUÍ TEDES UN RESUMO DE TODO O QUE REALIZAMOS PARA CONMEMORAR ESTA DATA:

 

 

FESTIVAL DE NADAL16

Despois dun intenso traballo tivemos o Festival de nadal o 21, nervios, emocións, despedida, ....en fin un cúmulo de vivencias e experiencias que nos axudan a medrar como persoas sen ter en conta a idade que teñamos...


 

Grazas a todos e a todas por aportar o seu gran de area para que todo isto sexa posible, e en especial ao noso especialista David Brenlla.

CHEGOU O NADAL!!

Chegou o Nadal ao noso colexio e quixemos decorar distintos recunchos. Aquí vos deixamos unha mostra!

A nosa árbore de Nadal recolle todas as estreliñas que pintaron e recortaron os nenos e nenas de todo o colexio. 

 

 As lecturas de Nadal da nosa Biblioteca:

 

O panel da entrada elaborouno esta vez o alumnado de 4º de E.P. Baixo o título: "Por Nadal un quilo de..." quixeron poñer o que nós podemos ofrecer aos demais nestas datas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet