Actividades Ext

VENRES, 21 DE DECEMBRO

CEIP ARZÚA – 2018

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOSO

FESTIVAL DE NADAL!

Compartindo afectos”

 

Venres, 21 de decembro

Hora de comezo: 11:30 horas

Duración aproximada: 2 horas

Estades convidadas e convidados! Contamos con vós!

 

Orde das actuacións

Título

 

3 anos A

Polo Nadal turrón e mazapán

3 anos B

Navidad Rock

4 anos A

Zumba Kids “Feliz Navidad”

4 anos B

Rudolph el reno

5 anos

Vuela, Vuela

6º B

Teatro: A foto de Nadal

Remix do Nadal

5º B

Poemas: ” Eu nacín…”

La estrella de la Navidad

Es Navidad

5º A

Flashmob de dous cadros de Murillo

Hecho con tus sueños

6º A

Voltamos aos anos 80

 

Esperámosvos a todas e a todos!

Lembrade:

O remate das clases será o venres, 21 de decembro e reanudaranse o martes, 8 de xaneiro.

 

O venres, 21 todos os nenos e nenas están convidados a xantar no comedor escolar!

FELICES FESTAS!!

É NADAL!

 

Xa se achegan as Festas de Nadal, e iso nótase nos corredores, nas aulas, e en moitos recunchos do noso colexio.

 

Os rapaces e rapazas de 5º A realizaron este mural que leva por título: "No Nadal un quilo de..." que encheron con moitos quilos de amizade, amor, ilusión, igualdade... Quedoulles moi chulo! Noraboa!

 

 

Tamén colocamos un mural con diferentes postais de Nadal de nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. Leva por título "Compartindo afectos", e iso é o que desexamos para estas datas tan sinaladas.

Ademais, temos moitos recunchos adornados cos diferentes traballos de todo o alumnado, que desta vez estaba relacionado con queixos, tarros de mel ou frechas do camiño, tan típicos do noso Patrimonio Cultural de Arzúa, cun toque moi navideño.

 

 

 

E, por suposto, o Equipo de Biblioteca tamén preparou este recuncho tan bonito con esta árbore de Nadal e boneco de neve tan orixinais.

                                        

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A violencia de xénero é, por desgraza, unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas.

En pleno século XXI segue sendo necesario un día como o do 25 de novembro para loitar contra a eliminación da violencia de xénero nas súas distintas formas e sensibilizar á sociedade respeto a este problema.

Desde o noso centro, tamén queremos aportar o noso gran de area, polo que traballamos e sensibilizámonos sobre o tema.

O alumnado de 5º B foi o encargado de realizar o mural da entrada. Fixádevos, vós de que equipo sodes? Nós témolo moi claro!

Ademais, cada nivel aprendeu e reflexionou sobre este problema, e elaborou diferentes murais e traballos. 

                                                                               

 

Aprendemos a berrar moi forte: NON á violencia de xénero!

 

 

 

 

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

O 20 de novembro conmemórase o Día Universal dos Nenos e Nenas. É un día de celebración polos avances conseguidos, mais sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar.

Por iso, no noso centro realizamos diversas actividades:

- Elaboración dun mural feito polo alumnado que leva como título "Dereitos da infancia. Deféndeos, respéctaos". Quedou así de bonito!

- Visita á Casa da Cultura. O Departamento de Cultura do Concello ofertou diferentes obras teatrais dirixidas a todos os nenos e nenas do colexio para celebrar este día:

 

O luns foron os rapaces e rapazas de Educación Infantil a ver unha representación teatral.

                              

 

O martes asistiu o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria a ver o espectáculo "Contos de recreo" de Redrum Teatro.

 

O mércores acudiron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria a ver a obra "Leonardo e os fontaneiros" de Ubú Teatro.

                                       

 

- Traballamos e aprendemos sobre a temática nas aulas.

 

Foron uns días moi divertidos nos que aprendemos algo máis sobre os Dereitos que teñen todos os Nenos e Nenas do mundo!

 

MAGOSTO

 

 

O venres 9 celebramos o Magosto!

Comezamos o día do máis divertido... cun montón de xogos!

Xogamos á mariola, á ra, ao pano, aos sacos, aos aros musicais, aos birlos... e un montón de xogos máis!

 

                                            

 

 

Rematamos a celebración da mellor maneira posible: degustando unhas riquísimas castañas  asadas! Cada neno e nena colleu a súa caixiña ou cucurucho, e saboreamos este produto típico do outono tan saboroso!

                                                                       

Foi un día no que gozamos moitísimo todos/as xuntos/as con xogos e castañas!

SAMAÍN

 

 

Un ano máis festexamos o ansiado Samaín!

Mirade que chulo o mural da entrada que fixeron as alumnas e alumnos de 6º A. Nel amósase a tradición celta desta celebración. Noraboa!



Cada nivel estudou, traballou e aprendeu sobre esta celebración. Pero desta vez centrámonos máis sobre os costumes e tradicións destas datas na nosa contorna. O motivo é que este ano a temática xira arredor do "PATRIMONIO CULTURAL DE ARZÚA".

Ambientáronse os corredores con cabazas, vasoiras e os colares de castañas cocidas típicos da zona. Mirade que chulo!


                                                            

E, por suposto,  a nosa Biblioteca tamén se ambientou para a ocasión con este castelo encantado que tiña un montón de contos de medo!



Os nenos e nenas de Educación Infantil ademais viron unha peli de medo, bailaron e pasárono xenial!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, que foi o pasado 24 de outubro, fixéronse moitas actividades no noso colexio.

Os encargados de facer o mural da entrada foron as nenas e nenos de 6º B. Noraboa!

 

 

 

 

Tamén se fixo outro no que participou todo o alumnado cunha actividae moi divertida: compoñer poemas cos lomos dos libros da nosa biblioteca (alumnos/as de 3º, 5º e 6º) e as súas ilustracións (alumnos/as de E. Infantil, 1º, 2º e 4º). Levou por título POETIZÁMONOS! Mirade que chulo!

 

Ademais do traballo a nivel aula en cada titoría e a visualización dun power point sobre o funcionamento dunha biblioteca, tamén tivemos a visita de Erica González que nos fixo gozar cunha sesión de animación á lectura moi divertida!

 

 

SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS 2018

 

O alumnado de 5º e 6º E.P do CEIP de Arzúa asistiu o 3 de outubro ás actividades organizadas na Semana da Prevención de Incendios 2018, organizada polo Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en colaboración coa Fundación MAPFRE, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros e El Electronics.

Estivemos primeiro na Casa da cultura, onde se presentou ao grupo de persoas implicadas neste proxecto e despois fomos ao Multiusos. Alí puidemos ver os distintos tipos de extintores e comprobar como se aplican sobre un lume. Tamén experimentamos, en primeira persoa, o que se sente cando se está nun lugar con moito fume e temos que valernos dun brazo para orientarnos e atopar unha saída. 

Marchamos todas e todos máis concienciadas/os dos perigos que entraña o lume e coñecendo un pouco mellor como loitar contra el no caso de que se produza.

Moitas grazas a todas as persoas implicadas neste proxecto por contar connosco!!

   

 

                                

 

                        

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, por iso é unha data para festexar.  Destacamos a figura desta escritora galega como gran defensora do papel da muller na sociedade.

O alumnado de 4º B foi o encargado de elaborar o panel da entrada. Noraboa rapaces e rapazas!

                                          

 

Para festexar este día, no centro realizáronse diversas actividades baixo o lema ABRIDE A FIESTRA!

“Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe... Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro”. María Reimóndez.

 

Cada clase preparou e leu un poema desta escritora galega. Poemas onde a protagonista é sempre, dunha ou doutra maneira, a muller: Cando penso que te fuches, Daquelas que cantan, Marcháchete un día, Tecín soia a miña tea, San Antonio Bendito...

    

   

        

    

 

Para finalizar esta pequena homenaxe a Rosalía, cantamos un dos seus poema musicados "Negra Sombra".

  

 

ENTROIDO 2018

 Chegou o Entroido!

Os nenos e nenas de 4º A fixeron este mural adiacado ao noso Entroido, que leva por título: Entroido Máxico Galego! Noraboa!

 

 

Este ano chegou o CIRCO ao CEIP de Arzúa! Un circo cheo de personaxes, maxia, diversión e unhas fantásticas actuacións! Adiante co espectáculo!

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil aínda que son os máis pequenos e pequenas son os máis fortes! Xeniais estes forzudos e forzudas!

  

 

 

Todo circo está cheo de momentos graciosos que nos fan pasar os pallasos e pallasas. Aquí vos presentamos aos nosos: os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.

  

 

Cando estamos a ver un espectáculo tan xenial coma este circo tamén nos gusta entreternos saboreando unhas deliciosas Palomitas. Iso é o que pretenderon os rapaces e rapazas de 3º de Primaria.

 

Tamén nos gusta gozar dos animais, recordando que sempre se deben tratar con cariño e moito coidado. Para iso, presentámosvos aos nosos leóns e leoas representados polos nenos e nenas de 4º A e 4º B.

 

   

Que sería dun circo sen maxia? Aquí están os magos e magas de 5º A .

 

Os arlequíns sempre nos reciben e entreteñen en todo espectáculo. Iso conseguiron os nenos e nenas de 5º B.

 

 

Os nenos e nenas de 6º A e 6º B fixéronnos gozar co seu espectáculo chamado "O Circo en Igualdade".

 

Noraboa a todos e todas!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet