2º Ciclo de Infantil

SAÍDA AO DIVIERTTPARK!

O martes e o mércores os nenos e nenas de infantil fomos ao DivierTTPark de Santiago, onde nos divertimos, fomentamos a actividade física e a educación vial.

Os máis pequen@s conduciron coches ou triciclos eléctricos nunha vía sinalizada con liñas, sinais, semáforos, pasos de peóns, etc.

Bailamos, xogamos nas casiñas e os máis atrevidos subiron no circuíto Multiaventura onde gozaron de toda unha serie de obstáculos e mostraron as súas destrezas.

En definitiva, pasámolo xenial!

No seguinte vídeo podédelo comprobar!

ARZÚA, UN MUNDO POR DESCUBRIR

As nenas e nenos de Infantil de 5 anos empezaron a traballar o eixe temático deste curso: "Patrimonio cultural de Arzúa", e fixeron este mural que reflicte a súa maneira de ver a vila na que viven.

Manualidades de circo!

Os nenos e as nenas de 5 anos do noso cole comezaron a súa investigación sobre a vida no circo vendo primeiro que artistas traballan nel e con debuxos dos/as mesmos/as e unhas fotografías súas, fixeron uns imáns para a neveira moi divertidos e tamén uns monicreques de dedos con forma de paiasos moi paveros:

 

FRESAAAS!! Mmmmmmmmm....

 Coa chegada da primavera e a donación  dunhas plantiñas de fresas por parte dunha familia dos meus peques,  @s alumn@s de 5 anos adicamosnos a xardineria.

Unha experiencia moi productiva; tan ben o fixemos que as nosas plantas  xa comezan a dar os seus froitos!! Ollade ollade... 

               

 

FELIZ E DOCE PASCUA

Chegaron as vacacións de Semana Santa e os nenos e as nenas de 4 e 5 Anos fixeron para tal ocasión uns pitiños moi  "doces" e unhas postais especiais.

 

MARISQUEANDO POR NOIA!

Eran as 9: 00 da mañan do dia 15 de marzo de 2017... e ali , na porta do cole estabamos preparados os peques de 4 e 5 anos coas nosas mochilas e as nosas botas de goma para irnos a marisquear e a coñecer moreas de cousas sobre as ameixas e berberechos, técnicas  e aparellos pesqueiros e sobre todo a importancia dunha boa alimentación !

E ALÁ  MARCHAMOS RUMBO NOIAAAA!!

 

 

8 de Marzo

Este 8 de Marzo as nenas e os nenos da aula de 4 anos conmemoraron o Día Internacional da Muller Traballadora con estes broches e este cartel tan chulos:

 

 

Saída "O Grove"

E por fin chegou o esperado día por todo a alumnado de Educación Infantil...viaxamos ao Grove!!

Alí, visitamos o Acuario, para seguir co xantar na Illa da Toxa. De volta a O Grove subimos ao catamarán para ver o fondo mariño, onde poidemos observar de preto as bateas e degustar un riquísimos mexillóns.

Coma sempre, non deixamos de sorprendernos e desfrutar da paisaxe costeira...non hai mais que ver as nosas caras!

 

 

Saída Grove by Slidely Slideshow

Un dragón da China

Un dragón da China estivo de paseo estes días polo cole. É un dragón bo, ou eso din na aula de 4 anos...preme aquí para descubrir algunhas das cousiñas que están aprendendo sobre dragóns

 

IV Peque-Xogos

Un ano máis, todo o alumando de Educación Infantil participamos nos Peque-Xogos de Primavera, pasámolo xenial xogando aos bolos, á carreira de relevos, aos sacos, aros musicais e tira a corda.


peque.xogos by Slidely Slideshow

Powered by Drupal - Design by artinet