2º Ciclo de Infantil

XUNTOS UNÌMONOS AO RETO! #5ANOSA.EUQUEDONACASA#

A unión fai a forza ! E así o demostramos na nosa aula! Día a día sempre unidos !!Grazas familias!

FELIZ DIA DO PAI!

Así preparamos a partir do teletraballo e a colaboración familia- escola o día do pai en 5 anos A

 

Father's Day (día do pai)

Aquí vos deixo unha canción para cantarlle a daddy, dad, father... neste día. Se vos animades tamén hai unha manualidade.

5fivecorners.blogspot.com

See you soon!!!

Tarefas

 

As mestras de infantil deixan traballo para estes días (actividades deste tipo pódense atopar tamén en google), quedando a disposición das familias para calquera dúbida ou consulta.

 

Tarefas para infantil:

Luns 16 actividade xeral.pdf

ParaLosPeques.pdf

Notas_20200316_120152.pdf

O CINE E A ROBÓTICA

En 5 anos A continuamos aprendendo cousiñas de robótica . Este ano, relacionado co tema do cole, fixemos o noso propio mantel cinematográfico con vocabulario que imos incorporando a nosa linguaxe do CINE. 

Debuxamos , escribimos, traballamos en equipo... para logo poder seguir aprendendo moreas de cousiñas co noso escornabot.

PORTADA DE "CANTARES GALLEGOS" DESEÑADA POLO ALUMNADO DE E. INFANTIL 5 ANOS

De "Cantares Gallegos" fixéronse moitas edicións e con portadas variadas.

O alumnado de E. Infantil de 5 anos atreveuse a deseñar a súa propia portada deste libro de Rosalía de Castro.

Mirade que ben lles quedaron!!

 

                           

DESCUBRINDO HISTORIAS DO PAZO DE BRANDESO

Este venres, 8 de febreiro, seguindo coas actividades da "Aula por parroquias", descubrimos moitas anécdotas e historias da vida do pazo de Brandeso, grazas á colaboración desinteresada de Moncho. Este home é unha persoa afable que nos deleitou coas súas lembranzas; historias que lle contaba a súa avoa, que traballou neste pazo, e que non aparecen recollidas en ningún libro.

Nesta aventura acompañáronnos os nenos e nenas de Infantil 4 anos-B, que tamén viñeron coa súa mestra Finita escoitar estes relatos.

Grazas Moncho por estes minutos tan fermosos que nos regalaches!!

 

A AULA POR PARROQUIAS

O alumnado de Infantil-5 anos está a desenvolver o proxecto "A aula por parroquias". Trátase de que as familias, dos nenos e nenas desta aula de Infantil, lles expliquen na aula cousas do patrimonio cultural de Arzúa. Da parroquia de Villantime veu unha nai que lles contou o "San Queremos", unha festa moi peculiar e con raíces moi galegas. E, claro, a música non podía faltar!! Aquí vos deixamos unha mostra do que estamos gozando estes días con estas aportacións das familias do noso alumnado.

     

Estes son algúns dos traballos que están traendo os nenos e nenas de E. Infantil de 5 anos e que logo lles explican ao resto dos compañeiros e compañeiras. 

                                                      

 

 

https://youtu.be/MZ8rvqoRM-k

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DESÉXANVOS BO NADAL!

Con este pequeno vídeo queremos amosarvos un pequeno resumo do noso festival de Nadal.

Que artistas son estes pequech@s!

Powered by Drupal - Design by artinet