2º Ciclo de Infantil

Estamos falando de...

...DEPORTE.
Mira o vídeo e adiviña de que deporte falan!!!

Xoga co deporte

Os nenos e as nenas da aula de 4 anos fixeron uns debuxos dos seus deportes preferidos, queres xogar con eles?

Preme aquí para comezar

Xardín olores V

O terreo xa está listo para sementar, así que os máis pequenos do cole puxémonos mans á terra!!!

 

A paz é...

Na aula de 4 anos xa sabemos que é a paz.

E para tí, que é a paz?

 

Saída Avifauna

O pasado día 23 de outubro, todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída Avifauna. Pasámolo xenial!

Preme aquí se queres descubrir todas as aves que vimos. E a ti, cal che gusta máis?

 

 

Xeometría na natureza en Educación Infantil

Despois de ler a carta de Marela na que nos invitaba a buscar formas xeométricas na natureza, os máis pequenos do cole puxémonos mans á obra.

Experimentamos con sementes!!


O alumnado de Educación Infantil estamos descubrindo como nacen as plantas, como se alimentan, os coidados que precisan, e moitas cousas máis!
Así é como o estamos facendo:

Poñemos as patacas!

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron botando patacas no horto con Ignacio, que ademáis de axudarnos, tamén nos contou algunha propiedade medicinal deste tubérculo. Cando teñades ardor de estómago comede un bocadiño de patata e curaredes nun plis, plas! Sorprendente!

Agora tan só nos queda agardar que as nosas patacas medren moito!


Patacas 2015 by Slidely Slideshow

Día de Rosalía na aula de 3 anos

Así recordamos a Rosalía de Castro na aula de 3 anos...

Deportes de inverno

Durante esta semana, na aula de 3 anos, estivemos coñecendo algún DEPORTE DE INVERNO. En vista de que non nevou en Arúa decidimos crear a nosa propia pista de esquí. 

Primeiro, coloreamos uns esquiadores para despois colocalos sobre a neve. O certo é que nos costou dedicir como facer as montañas, tiñamos un montón de ideas...pero, tras DIALOGAR un anaco atopamos unha SOLUCIÓN...empregar papeis e pezas das construcións que temos na aula. Entre todos conseguimos que estes esquiadores o pasen estupendamente nesta branca paisaxe!!

 

 

 

 

 

 

Aquí tedes un vídeo que vimos na aula para aprender un pouco máis sobre o ESQUÍ

 

Powered by Drupal - Design by artinet