2º Ciclo de Infantil

MENSAXES POSITIVAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS B

 

Durante a pandemia do COVID-19, que estamos a vivir, "O Arco da Vella" converteuse nun símbolo de esperanza. Os nosos nenos e nenas de 5 anos B quixeron compartir con nós as súas imaxes cheas de positivismo.

Moitas grazas a todos e todas e tamén ás súas familias.

Mirade as imaxes e o vídeo máis abaixo.

 

 

Día de Europa

 

Os nenos e nenas de 5 anos B tamén quixeron deixar pegada neste día e vaia se a deixaron, fixeron un excelente traballo que quedou plasmado neste vídeo. Espero que vos guste! 

Por certo, Luis fálanos de Europa! Mirade que Ben o fixo! 

 

 

 

Día de EUROPA: 9 de Maio

O día 9 de maio celébrase o Día de EUROPA. Este ano hai algo que nos une máis a tod@s os europeos ( a todo o mundo), que son as ganas de volver á normalidade!

Os nenos e nenas de Infantil estano desexando, para poder facer cousas todos xuntos e xuntas, aínda que na distancia tamén fan cousas moi chulas!

Para proba, mirade que ben lles quedou a bandeira europea aos nenos e nenas de 4 anos B.

 

Grazas familias por seguir colaborando!

 

DIA DE EUROPA- 9 DE MAIO DE 2020

ASÍ ELABORAMOS EN EQUIPO A NOSA BANDEIRA PARTICULAR 5ANOS A!

O reto que a profe nos propuxo esta semana estaba relacionado co día de Europa; unha vez ollada a Bandeira da Union Europea... sodes quen de facer unha semellante ? Recordade que o fondo é  de cor.... e està formada por un cìrculo con ... cantas estrelas?

Estes pequenos e pequenas son ben imaxinativos! Vaia bandeiras màis orixinais! Grazas familias por toda a axuda brindada!

 

m

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hola, familias!

Nesta semana do Día das Letras Galegas comezamos cunha canción moi divertida para cantar en familia, " Quérote máis":

https://www.youtube.com/watch?v=6AryBRuOglI

Seguimos cunha canción sobre a clave de sol:

https://www.youtube.com/watch?v=nps_zFpggCc

Para que non se esquezan da clave de sol e das notas musicais, vos propoño unha actividade que consiste en facer un pentagrama con plastilina ( que se acorden de que teñen que facer cinco "churros") sobre o cal colocarán a clave de sol ( un "churro" moi longo que comeza na liña 2) e, por último, para as notas musicais que fagan boliñas e que as coloquen nas liñas e nos espacios. Se vos apetece e queredes compartir comigo as súas creacións artísticas, vos deixo o meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

E, para rematar, aquí vos deixo a canción de " Queremos galego" de Pablo Díaz para que xoguen ás estatuas. Cando pare a música teñen que conxelar os movementos e cando volva a soar, a mover o esqueleto!!

https://www.youtube.com/watch?v=eeUhgjlVHgQ

Un saúdo e moito ánimo!

It's ENGLISH TIME

For my "INFANTIL" girls and boys!

 

Hello everyone!

 

Agardo que esteades todas e todos ben!

 

Imos seguir traballando o vocabulario cotiá vos deixo uns vídeos moi sinxelos para ver, despois de velos pódedes facer as actividades de recortar, colorear, etc, que veñen asociadas.

 

      - Para 3 anos Daisy Robin and Me!: Starter level Podedes ver o vídeo     (watch) da unidade 2 sobre a family e facer a manualidade (make) sobre o ourizo cacho.

      - Para 4 anosDaisy Robin and Me!: Level A  Podedes ver o vídeo     (watch) da unidade 2 e facer a manualidade (make) sobre o monster (as orellas e ollos para por na cabeza).

      - Para 5 anos   Daisy Robin and Me!: Level B   Podedes ver o vídeo     (watch) da unidade 2 e facer a manualidade (make) sobre o corpo (body) para recortar e montar monicreque.

 

Lembrade que son só propostas que eu vos mando, se se poden facer na medida do posíbel xenial, se non tampouco pasa nada, xa se repasará para o curso que ven e se estades póndolles outros recursos, vídeos en inglés, apps de xogos en inglés e gozan e se distraen ben con iso, pois xenial tamén.

 

O importante é que eles se manteñan en contacto co lingua e se atopen a gusto co que fan

 

Apertas

 

3 DE MAIO DE 2020: DIA DA NAI!

Parabéns para todas as nosas Mamis!

 

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias, esta semana vos propoño as seguintes actividades musicais.

Comezamos a clase con tres cancións moi sinxelas que seguro que lles van a gustar.

https://www.youtube.com/watch?v=ClZDmOtWHJM

Seguimos cunha canción dun rinoceronte ao que lle gusta a percusión.

https://www.youtube.com/watch?v=jHueEhqehh0


Agora faremos un ritmograma para traballar os sons fortes e os sons suaves.

https://www.youtube.com/watch?v=xyVCGf-KqwA


E, por último, unha canción na que se teñen que mover según o que lles indique a letra. Un saludo para todos e todas!!

https://www.youtube.com/watch?v=inAlUs7itoc


It's ENGLISH TIME

Hello everyone!

Agardo que esteades tods e todos ben! 
Aquí vos deixo uns vídeos moi sinxelos para ver, despois de velos pódedes facer as actividades de recortar, colorear, etc, que veñen asociadas.

      - Para 3 anos Daisy Robin and Me!: Starter level
      - Para 4 anosDaisy Robin and Me!: Level A
      - Para 5 anos   Daisy Robin and Me!: Level B
 
Podedes ver o vídeo (watch) da unidade 1 e facer a manualidade (make)
 
Lembrade que son só propostas que eu vos mando, se se poden facer na medida do posíbel xenial, se non tampouco pasa nada, xa se repasará para o curso que ven.
Por outra banda, se estades póndolles outros recursos, vídeos en inglés, apps de xogos en inglés e gozan e se distraen ben con iso, pois xenial tamén. O importante é que eles se manteñan en contacto co lingua e se atopen a gusto co que fan
 
Apertas

SEMANA DEL DIA DEL NIÑO EN CASA!

Tener que quedarnos en casa no tiene que ser aburrido. Esta semana propusimos LA SEMANA DEL DIA DEL NIÑO EN CASA! 

Veréis que bien nos lo vamos a pasar!

Ademàs de pasárnoslo genial con esta actividad trabajamos la igualdad: Cada un@ puede peinarse como quiera , nos disfrazamos de lo que màs nos gusta , nuestros pijamas son de nuestros colores favoritos y vamos a cantar y a bailar como verdaderas estrellas de la música sin importar en ningún día de la semana el sexo, color y profesión! 

A lo largo de esta semana iremos completando esta entrada con los días correspondientes : 

 LUNES: PEINADO LOCO!

  

 MARTES: DIA DE DISFRACES!

 MIÉRCOLES: DIA DEL PIJAMA

JUEVES: FIESTA DISCO!

 

 

COMO NOS ENCANTÓ ESTA ACTIVIDAD AÑADIMOS UN DIA MÀS. 

VIERNES: DIA DEL DEPORTE!

 

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet