ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hola, familias!

Nesta semana do Día das Letras Galegas comezamos cunha canción moi divertida para cantar en familia, " Quérote máis":

https://www.youtube.com/watch?v=6AryBRuOglI

Seguimos cunha canción sobre a clave de sol:

https://www.youtube.com/watch?v=nps_zFpggCc

Para que non se esquezan da clave de sol e das notas musicais, vos propoño unha actividade que consiste en facer un pentagrama con plastilina ( que se acorden de que teñen que facer cinco "churros") sobre o cal colocarán a clave de sol ( un "churro" moi longo que comeza na liña 2) e, por último, para as notas musicais que fagan boliñas e que as coloquen nas liñas e nos espacios. Se vos apetece e queredes compartir comigo as súas creacións artísticas, vos deixo o meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

E, para rematar, aquí vos deixo a canción de " Queremos galego" de Pablo Díaz para que xoguen ás estatuas. Cando pare a música teñen que conxelar os movementos e cando volva a soar, a mover o esqueleto!!

https://www.youtube.com/watch?v=eeUhgjlVHgQ

Un saúdo e moito ánimo!

Powered by Drupal - Design by artinet