Normalización Lingüística

MARÍA CANOSA VISITA O NOSO CENTRO

Nesta xornada do 16 de marzo, a escritora María Canosa achegouse ao noso centro para ter un encontro co alumnado de 3º e 4º E.Primaria acerca do seu libro "O que nunca che contaron". 

María destacou a importancia da lectura cando dixo: "Cos libros vivimos cousas que non poderiamos vivir doutra maneira", "Conto as historias que levo na cabeza, pero cando as comparto xa deixan de ser miñas e pasan a ser vosas".

Os nenos e nenas puideron facerlle unha morea de preguntas e así enterámonos de moitas curiosidades como que: este libro naceu grazas á colaboración de tres persoas e María só escribiu as tres historias de mulleres que hai no mesmo (as historias de homes escribiunas un amigo seu); a historia que máis lle gusta é a primeira, que xusto non escribiu ela; sempre quedaba de finalista cando se presentaba aos concursos, pero grazas a Manuel Beiras García unha editorial interesouse polo libro que escribiu e así foi como conseguiu que llo publicaran; a súa escritora favorita é a súa nai; o primeiro libro escribiuno con 13 anos e cando llo publicaron tiña 17 anos; agora ten publicados 51 libros como autora e "A fotografía 51" é o título do último libro que está nas librarías; recorda con moito agarimo "Lobo Ramón" porque é unha historia que foi traducida a outros idiomas e fai pouco sacou a 2ª parte deste libro "Lobo Ramón, a vida é unha festa", etc.

Mais, quizais, o momento máis emotivo deste encontro foi cando María Canosa quixo salientar a importancia da nosa lingua, dicindo que ela sempre escribe en galego porque esta lingua é a que mellor a define. Manifestou que dámoslle valor a nosa lingua usándoa e os nenos e nenas de agora "sodes moi afortunados porque podedes ler libros que foron escritos en galego". 

 

   

  

Para rematar este encontro, María Canosa escribiu unha dedicatora para cada neno e nena e, como os últimos en abandonar a biblioteca foron os de 4º E. Primaria, tocoulles a eles e a elas entregarlle un pequeno agasallo da nosa terra.

  

 Moitas grazas María por visitar o noso centro!!

8 M

A semana pasada conmemoramos o DÍA DA MULLER (8 de marzo) no que se reivindica a igualdade completa de dereitos entre homes e mulleres. É un día adicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Elaboramos un mural común onde decoramos o rostro de mulleres galegas que destacaron ou destacan nalgún ámbito:  Sofía Toro (regatista), Fina Casalderrey (escritora), Ana Peleteiro (deportista), María Casatres (actriz), Alicia Estévez (científica)…

Este mural quedou así de bonito e levou por título: Démoslles voz!

                                         

Ademais, a mestra de Música elaborou un videoclip con todo o alumnado do centro  versionando o tema “Así bailaba”. Podedes velo no apartado de Música.

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DA MULLER

Deixámosvos unha lista de recursos, todos en galego, para traballar o Día da Muller:

  • Folleto con información sobre as primeiras mulleres xornalistas: nel podedes atopar información sobre mulleres silenciadas que contribuíron á modernización política, social e cultural.

 PREME AQUÍ

  • Caderno para colorear destinado a E. Infantil: os primeiros libros que chegan a nenas e nenos soen presentar animais. O problema reside en que, na maioría das veces, eses animais preséntanse en masculino. O obxectivo deste caderno é que os máis pequenos e pequenas aprendan tamén o nome das femias deses animais, ademais de reforzar a súa interpretación como seres fortes, independentes, traballadores...

PREME AQUÍ

  • Coñecendo as nosas deportistas galegas: aquí podedes atopar unidades didácticas para coñecer algunhas desas deportistas.

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

  • Caderno de actividades de Os bolechas.

 PREME AQUÍ

Mª XESÚS BLANCO VISITA O NOSO CENTRO

Este venres, 24 de febreiro visitou o noso centro a escritora melidense Mª Xesús Blanco, autora do libro "O caderno de Rosalía".

A escritora contoulles aos rapaces e rapazas de quinto e sexto que ela quedou namorada de Pipi Calzaslongas, personaxe de Astrid Lindgren. Unha visita coa súa familia á casa de Rosalía de Castro redondeou o seu proxecto literario, bautizado como "O caderno de Rosalía". Elixiu o nome de Rosalía para a protagonista do seu libro porque pensa que transmite personalidade e fortaleza. 

Rosalía, personaxe principal do seu conto, é unha nena forte, valente e entusiasta que vai plasmando no seu caderno todo aquilo que lle acontece e tamén o día a día da xente que a rodea. Algunhas destas vivencias son divertidas, pero outras non o son tanto. Estas e outras cousas foi explicándolles a escritora ao noso alumnado e despois deu paso ás preguntas que eles e elas lle foron formulando.

Foi un encontro moi entrañable. Moitas grazas Mª Xesús por esta visita!!

    

   

ROSALÍA DE CASTRO_CURSO 2022-23

Un ano máis, o CEIP de Arzúa conmemora o Día de Rosalía neste mes de febreiro. Desde o EDLG convidamos a todo o profesorado e alumnado a celebrar o Día de Rosalía de Castro con distintas accións para difundir a súa obra.

Nós, este curso, implicamos a todo o centro no proxecto "Hoxe no menú... Rosalía". Como xa contamos na entrevista de Radio Arzúa, esta vez quixemos sacar a obra desta gran escritora á rúa en forma de "Carta dun menú" e para iso cada titoría fíxonos chegar un poema ilustrado que insertou na páxina que lle entregamos. Quixemos expoñelos todos nun mural que quedou así de fermoso.

Para que poidades apreciar mellor o traballo que realizaron os nenos e nenas de todo o colexio, subímolos en pdf.

 PREME AQUÍ E VERÁS O RESTO DOS POEMAS

Con todos estes poemas e as portadas e contraportadas que preparou o alumnado do IES de Arzúa, montáronse os folletos que a día de hoxe xa están repartidos polos restaurantes, bares, biblioteca de Arzúa, Centro da terceira idade, puntos de lectura que hai na vila...

Estes son algúns dos folletos que atopamos nas cafeterías de Arzúa.

  

Neste pdf aparecen os folletos. Hai sete modelos diferentes.

 PREME AQUÍ

As palabras de Rosalía, ademais de enxalzar a beleza da nosa terra, poñen de manifesto as inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo. En cada verso xorde unha interpelación para nós. Invitámosvos a lelos!!

 

Estes son algúns dos traballos que se realizaron nas distintas titorías do colexio:

 

 

 

 

VISITA A RADIO ARZÚA PARA DIFUNDIR O PROXECTO "HOXE NO MENÚ...ROSALÍA"

Hoxe, 15 de febreiro o CEIP de Arzúa e o IES de Arzúa, representados polas coordinadoras de Dinamización Lingüística e unha alumna de cada centro, xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Arzúa, participaron nun programa de Radio Arzúa para dar a coñecer o proxecto de Rosalía no que colaboran este curso e que financia o Concello de Arzúa. 

O nome do proxecto deste ano chámase "Hoxe no menú...Rosalía". Trátase esta vez de divulgar a obra desta gran poeta a través duns folletos, que simulando a carta dun menú, presentan un retrato da escritora na portada e logo levan tres poemas ilustrados nas páxinas que a acompañan. A portada e contraportada realizounas o alumnado do IES de Arzúa e as dúas páxinas interiores os nenos e nenas do noso centro. Vanse repartir sete folletos diferentes entre o sector hostaleiro e ademais faranse chegar ao centro de saúde, biblioteca da vila, centro da terceira idade, puntos de lectura espallados polo pobo... No IES de Arzúa e no CEIP de Arzúa quedarán un modelo de cada folleto para que o poida ollar todo o alumnado que se achegue á biblioteca. 

Déixamosvos aquí o audio da entrevista que se nos fixo esta mañá en Radio Arzúa. Grazas por axudarnos a difundir o noso proxecto!! 

  PREME AQUÍ

 

RECURSOS PARA TRABALLAR A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO_CURSO 2022-23

 Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos achegarvos estes recurso para traballar a figura da nosa ilustre escritora.

  • Unidade didáctica para E. Infantil:

https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7

  • Unidade didáctica para 1º e 2º de E. Primaria:

https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e

  • Unidade didáctica para 3º e 4º de E. Primaria:

https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e

  • Unidade didáctica para 5º e 6º de E. Primaria:

https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

  • Genially de Rosalía: 

https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

  • Vídeo cunha canción de Rosalía para E.Infantil e Primaria:

 

ENTROIDO 2023

 

Durante toda a semana seguimos os MANDADOS DO MECO.

O venres, 17 de febreiro poidemos lucir os nosos mellores traxes acompañados dun día solleiro e con moita música!

Ademais, degustamos doces típicos destas datas acompañados dun chocolate ben rico!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

“Non hai camiño para a Paz: a Paz é o camiño”.

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, adicado a conmemorar nos centros educactivos unha cultura de non violencia e paz.

Esta data, que se celebra desde 1964, é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica.

Os rapaces e rapazas do CEIP de Arzúa, despois de traballar e aprender máis sobre esta conmemoración, significado e orixe, elaboramos este mural colectivo que leva por título “Espallando mensaxes de paz”.  

Neste mural, no que aparece a pomba como símbolo da Paz, cada titoría decorou e rotulou unha pomba que portaba mensaxes de paz: sorrisos, solidariedade, bicos, tolerancia, empatía, abrazos…

                                                   

Ademais, hai unha pequena exposición con fotografías e poemas que nos convidan á reflexión sobre a realidade das guerras.

  

                                              

 

Estes son algúns dos traballos realizados a nivel aula:

 

  

 

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ

Deixámosvos aquí algúns recursos que se poden empregar, na aula ou na casa, para traballar esta temática:

  PREME AQUÍ

 

 - Sudoku. PREME AQUÍ

- Unidade didáctica Día da Paz:

 https://es.calameo.com/read/00648207584d00b4cec70?page=1

-Unidade didáctica anterior en pdf:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/system/files/d%C3%ADa%20paz%20latorre.pdf

 - Canción: "Un canto a Ucraína": https://www.youtube.com/watch?v=o7evU_qXHzk

-Vídeo: "Día da Paz: orixe e obxectivo na escola"

 

Powered by Drupal - Design by artinet