Normalización Lingüística

LIBROS PARA DESFRUTAR NO VERÁN

Infantil. 3, 4 e 5 anos

 

Os ratos da casa
Oli
Ed. Kalandraka

Os ratos da casa é un divertido álbum para primeiros lectores sobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento, comida. Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeando os personaxes e os elementos que actúan na trama e utilizando a rima, Oli guíanos nunha viaxe que busca novas formas de contar unha historia empregando estruturas narrativas propias da nosa tradición oral e doutras culturas próximas.

 

Mi abuela es diferente
Tessie Solinis Casparius
Ed. GEU

Esta abuela con el pelo rosa es muy divertida porque, además de tener un singular color de cabello, le gusta brincar en las camas, compartir el atardecer con su nieta y cocinar. ¿Cómo es tu abuela? ¿La consideras especial? En este cuento, te podrás dar cuenta de que las abuelas son personas únicas.

 

 

Las emociones de Gastón. Estoy triste
Aurélie Chien Chow Chine
Ed. Bruño

El pequeño Gastón es un unicornio muy especial: ¡su melena y su cola arcoíris cambian de color según sus emociones!

Hoy Gastón está triste, porque se ha peleado con sus amigos. ¡Descubre cómo conseguirá volver a estar contento!

 

 

O carballo con botas
Anxo Moure
Ed. Sotelo Blanco

Esta é a historia dun carballo que vivía entre a serra do Faro e o manso Miño. Un carballo que ficaba só, soíño de todo… A mensaxe que este libro lle transmite aos nenos é sobre a importancia da conservación do medio natural.

1ºe 2º de E. Primaria

Cómo consolar a una ardilla
Begoña Oro Paradela
Ed. SM

 

Rasie se ha colado en clase de la pandilla de la ardilla y ha descubierto que ¡puede que sea la única ardilla que quede en la Tierra!. ¿Estará a punto de extinguirse? Los niños de la pandilla, conscientes de que algo inquieta a su amiga, intentarán que la ardilla vuelva a sentirse feliz.

Nadie mejor que la pandilla de la ardilla sabe lo importante que es ponerse en el lugar de los demás.

 

 

A miña familia 3+1 = 7
Isha Bottin
Ed. Alvarellos

Inspirado nunha historia real, este libro recolle as pequenas dificultades e grandes ledicias dunha familia un chisco diferente ás demais. Nesta historia a felicidade lévase no corazón e a esperanza sempre atopa o seu camiño. E xa sabedes, ás veces, 3 + 1 é igual a 7.

 

Queres ler un libro comigo?
Lawrence Schimel
Ed. Alvarellos

Antón xa sabía ler só, pero quería compartir o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou… pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado…! Ata que atopou a alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo…

Un álbum ilustrado que convida a compartir e que reflexiona sobre o respecto á diversidade.

 

 3º e 4º de E. Primaria

Catro pedras vellas
Pere Tobaruela
Ed. Baía

Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é difícil dar con el. Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada, con restos dunha muralla de defensa que, cando foi levantada séculos atrás era alta e maciza.

Xela, gran coñecedora de todos os recunchos de Vilar de Abade e da súa contorna, convida a Fuco, Carlos e Ana a unha excursión ata aquelas ruínas. Quere que lle boten unha man para resolver un enigma. Nun par de ocasións que visitara aquel castro, antes de chegar, parecéralle ver xente movéndose entre as pedras. Xente que desaparecía de súpeto, como se intuíran cando se achegaba alguén.

Los escribidores de cartas
Beatriz Osés García
Ed. SM

Este libro reivindica la comunicación tradicional en una época en la que estamos hiperconectados. Lo personajes no dan las cosas por perdidas y nos enseñan que no hay que rendirse, además nos muestran que la pequeña decisión de una persona puede transformar para mejor a toda una comunidad.

Room on the Broom
Julia Donaldson
Ed. Puffin

Este libro en lingua inglesa conta a historia dunha bruxa que perde cousas mentres está na súa vasoira, pero as súas pertenzas son devoltas por varios animais que se vai atopando no camiño, a cambio dun paseo na súa vasoira...

 

 

5º e 6º de E. Primaria

El País de los Relojes
Ana Alonso
Ed. SM

Enma no tiene muchos amigos. A decir verdad, no tiene ninguno. Pero a ella no le importa, porque prefiere los libros. Todo cambia cuando Marcos la arrastra al País de los Relojes, un extraño lugar donde cualquier cosa puede suceder… Un canto a la imaginación que demuestra que, a veces, para ver bien solo hay que aprender a mirar mejor.

 

Laia, a nena da illa
Ánxela Loureiro
Ed. Xerais

Laia abriu os ollos e non dubidou en facer o que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgotar o aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibirá na súa vida e púxoas ó seu servizo. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seu maiores: “Non te enfrontes ó mar”, “déixate levar”.

Matilda
Roal Dahl
Ed. Alfaguara

Matilda Wormwood es una niña muy inteligente. Sin haber cumplido los cinco años, ya ha leído a numerosos autores y atesora asombrosos conocimientos. Sus mediocres padres nunca se preocupan por ella y la obligan a mirar la televisión negándose a comprarle libros; además de dejarla sola todas las tardes.

Mientras están fuera, Matilda comenzará a acudir a la biblioteca donde encontrará el fascinante mundo de la literatura.

 

 

 

MURAL COLECTIVO SOBRE ANTONIO FRAGUAS

O profesorado do noso colexio estivo traballando ao longo deste mes de maio a figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. 

Entre todas e todos enchemos este mural con información relativa ao mesmo. Repartimos o traballo e a E. Infantil tocoulles ilustrar coplas e cantigas recollidas por Antonio Fraguas, 1º e 2º ilustrou as carátulas das súas publicacións máis coñecidas ("Galicia máxica", "Carnaval e outras festas", "Aportacións ao cancioneiro de Cotobade", "A festa popular en Galicia", "Romarías e Santuarios"...), 3º e 4º buscou información sobre o  Museo do Pobo Galego e 5º e 6º recolleu os oficios artesáns da nosa contorna explicando en que consisten, que materiais empregan e como elaboran os seus produtos. 

Así quedou o noso mural!!

   

   

                    

UN PERCORRIDO POLO FOLCLORE GALEGO

Continuamos coas actividades programadas no noso colexio para conmemorar as Letras Galegas.

Onte, 22 de maio, recibimos a Mero, Paco e Manolo; tres músicos que nos achegaron ao folclore da nosa terra. Con eles fixemos un percorrido por esas cancións populares, que a todos e todas nos gusta cantar cando estamos de troula e, tamén, lembramos coplas recompiladas por Antonio Fraguas. 

Grazas a estas tres persoas marabillosas por compartir desinteresadamente connosco un anaco do seu tempo e darnos a coñecer unha parte importante do noso patrimonio cultural, que é a música. 

  

  

  

CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS

O noso colexio comezou hoxe coas actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas. 

O alumnado de 1º E.Primaria realizou este fermoso mural.

 

A compañía de teatro Galeatro veu representar no noso salón de actos a peza teatral "O xogo das letras". Esta obra conta a historia de Xan, un rapaz que vai participar a un concurso coa intención de levar o premio final. Para iso, ten que superar unha serie de probas relacionadas coa cultura, a literatura e a xeografía galegas. Os actores contaron, nalgúns momentos, coa inestimable axuda do público.

  

  

 

O pase que fixeron para E. Primaria tamén tivo momentos moi simpáticos e o alumnado gozou coas ocorrencias da presentadora e de Xan, o protagonista da obra. 

  

Grazas á Compañía de teatro Galeatro por esta proposta tan orixinal e motivadora, que nos achegou dunha maneira lúdica á vida e obra do autor Antonio Fraguas, a quen se lle dedica este ano 2019 o Día das Letras Galegas. Entendemos a dificultade que supoñía presentar a figura homenaxeada ao público infantil.

Dámoslle as grazas tamén ao Concello de Arzúa por sufragar os gastos derivados desta actividade. 

DÍA DO LIBRO

É unha conmemoración anual que se celebra o 23 de abril, día do falecemento de Miguel de Cervantes, coa idea de fomentar a lectura e promover o libro como unha ferramenta esencial de enriquecimento cultural. Idea que souberon expresar moi ben os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria neste orixinal e creativo mural con frases e debuxos que destacan a importancia dos libros.

 

Con este mesmo motivo, e cando as condicións meteorolóxicas o permitiron, celebramos no noso centro a tradicional xornada de "Comparticontos" (ou Apadriñamento Lector) da que disfrutaron tanto o alumnado máis novo como os máis maiores. Nesta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha representación por grupos de dez contos escollidos por eles mesmos ao resto dos alumnos e alumnas do colexio. Esta xornada de lecturas compartidas tivo lugar no patio do centro, como xa vén sendo habitual, e conxugou dramatización, narración oral e incluso música como elementos motivadores destinados a espertar o interese polos libros e pola lectura. Obxectivo que pensamos que se acadou satisfactoriamente como se pode comprobar nas seguintes imaxes.

 


O maís forteO máis forte

Yo soy el rey

Yo soy el rey

Platero y yo

Platero y yo

A casa grande

A manchas ou a raias?

Paco Papán

Olaf

Olaf

Corre, corre cabaciña

 Corre, corre cabaciña

Vida secreta de las mamás

A viaxe das bolboretas

 

 

Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e participación, e por facer desta xornada unha oportunidade marabillosa de gozar da lectura e dos libros.

SEMANA DA PRENSA

A Semana da Prensa celébrase, ao igual que o Día Internacional da Muller Traballadora, no mes de marzo. É por isto, que decidimos continuar traballando o tema da muller, e os xornais servíronnos de plataforma para elaborar noticias relativas á mesma. 

Na planta baixa do colexio colocamos o mural que leva por título "Pioneiras", para que cada titoría colgase aquela noticia que lle gustaría compartir cos demais. 

 

Pedíronse 50 exemplares á "La Voz de Galicia" para que se puidera traballar cos xornais nas aulas e fixéronse actividades moi variadas: "o xogo das sete pistas", as seccións dun xornal, redacción de noticias, artigos de opinión, collages...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Este mes de marzo, as portas das aulas do noso colexio vestíronse coa historia de "grandes mulleres", que destacaron por ser pioneiras abrindo o camiño para que outras puideran desenvolver o mesmo traballo que elas. O seu labor serviu para demostrar á sociedade a súa enorme valía e convén que as novas xeracións as coñezan.

Así quedaron as portas das distintas aulas do centro:

     

  

       

    

   

O alumnado de 5º E.P viu a película "Figuras ocultas". Esta película conta a loita de tres mulleres afroamericanas, que a principios dos 60 buscaban non só un lugar entre os homes brancos, senón que anhelaban repecto e inclusión. Loitaron por ser aceptadas dentro dos equipos de elite da NASA, en pleno inicio da carreira espacial. Para logralo, tiveron que enfrontarse a moitos obstáculos e vencer os estereotipos da época. Convidámosvos a vela, paga a pena!!

A nós só nos queda facer o debate posterior a película!

 

"A HISTORIA EN FEMININO" COA ASOCIACIÓN LISÍSTRATA

Hoxe, 7 de marzo, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º E.Primaria acudimos á Casa da cultura de Arzúa para asistir a unha charla da Asociación Cultural Lisístrata. 

Da man de Ana Hermida, fixemos un percorrido pola vida de moitas mulleres invisibilizadas pola historia. Os seus vídeos axudáronnos a descubrir o labor tan importante das mulleres en ámbitos tan diferentes como o deporte, a ciencia, o dereito... 

"A historia en Feminino" é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Arzúa, dentro da programación municipal elaborada con motivo do Día Internacional da Muller. Grazas por contar connosco!!

    

      

 

ENTROIDO_2019

Xa temos aquí o Entroido e, un ano máis, o noso colexio quixo festexar esta festa tradicional galega. 

O alumnado de 3º E.P foi o encargado de elaborar o mural que se colocou na entrada do colexio. Nel xa se anunciaban as comparsas deste ano. Quedoulles así de ben!!

O 1 de marzo achegámonos ao pavillón do Viso para facer un desfile todas as comparsas do centro, que xiraban arredor da temática deste curso: "Patrimonio cultural de Arzúa".

 O alumnado de E. Infantil disfrazouse de abellas e as súas mestras, de flores. Que colorido!!

 

Os nenos e nenas de primeiro ían de gando vacún. Nunha terra onde hai tantas explotacións gandeiras, non podían faltar as vacas e os touros!!

 

Os rapaces e rapazas de 2º E.P quixeron render unha homenaxe aos gandeiros e gandeiras, feirantes e tratantes da comarca.

 

O alumnado de 3º E.P disfrazouse de peregrinos e sinais do Camiño de Santiago. Tiñan que estar presentes!!

 

Tampouco non esquecemos da nosa Banda de Música!! Os nenos e nenas de 4º E.P desfilaron ao paso que lles marcou a súa directora.

 

E na terra do queixo, non podían faltar as queixeiras e queixeiros. O alumnado de 5º E.P quixo renderlles unha pequena homenaxe.

 

Non podiamos esquecernos da Ruta Cabalar de Arzúa!! Os rapaces e rapazas de 6º E.P disfrazáronse de xinetes.

 

 

 Aquí vos queda unha pequena reportaxe deste festival de Entroido, onde a novidade máis importante foi o lugar da súa celebración. 

 

CONCERTO DA CANTANTE GALEGA UXÍA, NA CASA DA CULTURA DE ARZÚA

Hoxe, 25 de febreiro, o alumnado de Infantil- 5 anos e o de 1º e 2º de E.Primaria puideron gozar escoitando á cantante galega Uxía, nun concerto homenaxe a Rosalía de Castro. O acto tivo lugar ás 11:30 h na Casa da cultura de Arzúa. Algúns dos nosos alumnos e alumnas animáronse a subir ao escenario e acompañar a Uxía nalgún dos seus temas.

   

 

Aquí vos deixamos un vídeo, que recolle un momento da actuación desta cantante galega. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet