Normalización Lingüística

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER_25 NOVEMBRO

O 17 de decembro de 1999, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Desde o CEIP de Arzúa queremos aportar o noso granciño de area na sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres no mundo. Sabemos que entre as claves para traballar contra a violencia de xénero está a educación na igualdade e no respecto ás diferenzas e aos dereitos humanos. Por iso, baixo o lema: "Nós traballamos por un mundo no que haxa...", fixemos unha serie de actividades que agora vos presentamos, co obxectivo de contribuír a un necesario cambio social no que, os nosos nenos e as nosas nenas, xa convertidos en homes e mulleres, vexan cumpridos os seus soños de igualdade, liberdade, diálogo, empatía, confianza e respecto. Actitudes todas elas importantes para erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. 

Este é o mural colectivo que se fixo coa axuda de todas as titorías do colexio.

  

Para colaborar co CIM de Arzúa elaboramos este vídeo, no que participou un neno ou nena representando a cada titoría de E. Primaria.

Queremos mostrarvos a continuación diferentes actividades levadas a cabo no noso centro; traballos realizados a partir dos libros de lectura, películas escollidas para traballar esta temática do 25 N, murais...

   3 ANOS

  4 ANOS -A   

   5 ANOS -B 

 1º A e B 

 3º A  

  4º A

  5º A

 6º A

 

 

DÍA DA INFANCIA_2020

O Día Universal dos Nenos e Nenas celébrase o 20 de novembro, desde que na Asemblea Xeral da ONU se aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno/a en 1959. É un día de celebración, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de involucrarse no seu benestar e desenvolvemento.

No noso colexio fixéronse moitas actividades para celebrar esta conmemoración e aquí deixamos unha pequena mostra delas:

 

 

 

Grazas á oferta cultural do Concello de Arzúa, o noso centro puido gozar do espectáculo "Cousas de 4" que a compañía Odaiko representou no salón de actos do colexio. Asistiron a esta actuación, no primeiro pase, o alumnado de 1º, 3º e 4º de E. Primaria e, no segundo pase, os nenos e nenas de 3 anos e 4 anos A e B de E. Infantil.

   

 

TEMPO DE OUTONO

Chegou o outono e trouxo da man dúas festividades moi nosas: o Magosto e o Samaín.

Este curso tan especial non puidemos celebrar o Magosto todas e todos xuntos como nos gustaría,  pero fixemos outras cousiñas nas nosas aulas. 

O mural colectivo confeccionouse coas follas e castañas que decorou o noso alumnado de E. Infantil e despois, o de 1º, 2º e 3º de E. Primaria buscou refráns da castaña para encher outras follas máis grandes. Os maiores escribiron cantigas dentro das siluetas das castañas, que ademais acabaron decorarando e quedaron así de ben.

 

      

No pdf que vai a continuación podedes ver outras actividades que se levaron a cabo en todo o colexio: colares feitos con castañas cocidas (os zonchos típicos da nosa zona), manualidades do outono, faroles de Samaín... O teatro de sombras que ensaiaron os nenos e nenas máis pequenos do colexio vainos servir de portada para amosarvos o resto dos traballos. 

  PREME AQUÍ

O CAMIÑO DA LINGUA

O 29 de outubro a compañía de teatro "Galeatro" de Carballo veu representar ao noso centro a súa obra "O camiño da lingua".

Acompañamos a Xan, o seu protagonista, nun concurso no que el participaba para levar o gran premio final. Para iso tiña que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e a literatura galegas. O alumnado do noso cole axudoulle a Xan a conseguir ese premio resolvéndolle moitas dúbidas que se lle presentaban nas diferentes probas. 

Por mor da situación epidemiolóxica que estamos padecendo, vémonos obrigados a reducir o aforo do salón de actos e fixemos dous pases. No primeiro estivo o alumnado de 2ºA E.P, 5ºA E.P e 6ºA E.P.

   

  

O segundo pase foi máis curto e o desfrutou 5 anos-A, 5 anos-B e 1ºB E.P. 

  

  

Esta obra de teatro formaba parte da programación das Letras Galegas do curso pasado, pero non se puido realizar no mes de maio porque estabamos confinados. Foi financiada polo Concello de Arzúa. 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Aquí vos deixamos unha selección das últimas novidades editoriais para que este verán descubrades nelas o voso novo libro favorito. Estas vacacións tanto se ides á praia, á montaña ou vos quedades na casa, buscade un tempo para desfrutar da lectura e relaxarvos. Lembrade que ler é unha actividade placenteira e que ademais mellora a vosa habilidade de lectura e amplía o voso vocabulario. Ler é moi saudable e recomendable, así que xa sabedes: "Este verán mergúlladevos entre letras para nadar entre soños". Feliz verán de lectura e aventura para todas e todos!

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER AS PROPOSTAS DE LECTURA.

 

LETRAS GALEGAS_2020

Este ano, o CEIP de Arzúa celebrou a semana das Letras Galegas dun xeito diferente. Desde as súas casas, o noso alumnado foi achegándose á figura do escritor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, coa axuda dos xogos, vídeos, páxinas web e demais medios postos aos seu alcance.

Algúns quixeron participar nesta pequena homenaxe a este escritor e profesor ferrolán que nos deixou un gran legado enviándonos un dos seus traballos.  Deixámosvos aquí o que nos fixeron chegar. 

As nenas e nenos de Infantil traballaron o conto "As pitas baixo a choiva" e na aula de 4 anos B fixeron este vídeo tan fermoso. Conseguiron que as súas pitas non se mollaran...!

 

 O alumnado da clase de 5 anos-A fixo esta composición tan orixinal con pitas e galos, que ben podería ser a portada dun libro. 

Este marcapáxinas de Iván González, de 5º E.P, vainos servir agora para presentar os debuxos de moitas nenas e nenos do colexio.

PREME AQUÍ

O vídeo de Ainara Carreira, de 6ºA, fálanos da vida de Carvalho Calero durante a Guerra Civil española. 

 

Marta, alumna de 6ºA, fixo con este vídeo un repaso dos estudos de Carvalho Calero.

 

 Chalís, alumna de 6ºA recita "Un cabelo de anxo" de Ricardo Carvalho Calero.

 O alumnado de 6ºB quixo facer un repaso da biografía do autor con estoutro vídeo.

 

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa implicación. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

OS BOLECHAS CARVALHO CALERO

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Para facilitarvos o acceso, déixovos aquí o pdf do libro:

PREME AQUÍ

LETRAS GALEGAS CEIP DE ARZÚA_2020

Con motivo da celebración das Letras Galegas, a semana do 11 ao 15 de maio, desde o Equipo de Dinamización queremos propoñervos algunhas actividades nas que vos animamos a participar:

1. Elaborar un debuxo que estea relacionado co Día das Letras Galegas e co autor homenaxeado este ano. 

2. Deseñar un marcapáxinas que teña que ver con Ricardo Carvalho Calero. Podes enviar a foto do mesmo.

3. Vídeo ou audio do autor homenaxeado (se non queredes saír no vídeo, podedes enfocar un debuxo ou imaxe mentres se escoita a vosa voz de fondo). Posibles temáticas:

- Autores que gozan dun espazo destacado na vida do escritor.

- Recitado dalgún poema mentres amosamos un debuxo relacionado con el. 

- A súa vida durante a Guerra Civil española. 

- Libros que publicou.

- O seu paso pola universidade...

Déixovos un pdf de onde podedes sacar anacos de poemas de Ricardo Carvahlo Calero ou textos extraídos da súa obra que vos poden servir de axuda para a gravación do voso vídeo ou audio e outro con debuxos.

Animádevos a participar!

O correo electrónico para enviar os traballos é:

dinamizacion.galega.arzua@gmail.com

MODELO DE DEBUXOS PARA E. INFANTIL, 1º e 2º PRIMARIA. PREME AQUÍ

FICHAS CON CITAS DA SÚA OBRA. PREME AQUÍ

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS_2020

 

ENLACES A INFORMACIÓN E ACTIVIDADES:

 

  •   A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra pon a nosa disposición un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero. No seguinte enlace está o conto, a música e a unidade didáctica de "As Pitas Baixo a Choiva". 

              http://aspitas.gal/

  • Material con pictogramas para alumnado con necesidades educativas especiais, dificultades de linguaxe e discapacidade auditiva.

 https://view.genial.ly/5ebe523b8e243b0d5a32bce3/interactive-image-letras-galegas-2020

 

 

  • Ruleta de palabras Ricardo Carvalho Calero

      https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5380341-ricardo_carballo_calero.html

 

 

          target="_blank">https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

 

  • Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero- Colexio San Pío X (Ourense)

  • Telexornal Ricardo Carvalho Calero realizado polo CPI dos Dices 

 

  • Vídeo elaborado polo alumnado e profesorado do IES de Arzúa. 

  • "As pitas baixo a choiva". Conto en vídeo elaborado polo profesorado de E.Infantil do CEIP Raquel Camacho.

  •  Adaptación en pictogramas dunha versión dun conto de Andersen que Carvalho Calero incluíu na obra "O silenzo axionllado". 

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

O CEIP de Arzúa conta cunha canteira impresionante de afeccionados á lectura que saben que é un hábito moi saudable ademais dunha compañeira de viaxe moi especial. Nestes días de confinamento descubrimos a grande compañía que nos fan os nosos amigos, os libros. O amor polos libros supón, en definitiva,  amor pola vida. 

Vendo os vídeos dos nosos lectores e lectoras máis novos descubrimos que os libros viven dentro de nós, e os nosos nenos e nenas teñen unha arte especial para narralos.

Cos vídeos dos nosos lectores e lectoras máis maiores descubrimos que o mundo está cheo de libros fermosos que nos convidan a ler para que desfrutemos do pracer da lectura como o gozaron eles. 

 

 

Ler é moi importante porque coa lectura non só aprendemos moitas cousas senón que tamén nos facemos mellores persoas. Os libros son compañeiros, mestres, magos... Neles hai máis tesouros que en todo o botín dos piratas da Illa do Tesouro. Isto sábeno moi ben os nenos e as nenas do noso colexio que, nesta data tan especial, quixeron compartir con nós os seus libros favoritos, e se vos parecen fermosos por fóra, imaxinade o paraíso que podedes atopar dentro deles.

Animádevos e lede, hoxe e sempre, desfrutaredes máis da vida. Aquí vos deixamos un montón de propostas... 

PREME AQUÍ PARA VELAS

 

Moitas grazas a todas e a todos os que colaboráchedes.

FELIZ DÍA DO LIBRO! 

Powered by Drupal - Design by artinet