Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

Comezamos!

O novo curso escolar 2009-10 xa está aquí!  Por iso, os mestres e as mestras do CEIP de Arzúa queremos darvos a benvida.

Despois do grande éxito, do curso pasado, mergullados na época medieval, a partir de hoxe imos deixar voar a nosa imaxinación para converternos en grandes...artistas modernos!

Tede todas e todos un bo comezo!!

 

CALENDARIO DA ACTIVIDADE DE NATACIÓN DENTRO DA EDUCACIÓN FÍSICA

Ver a imaxe a tamaño completoPODEDES  CONSULTAR O CALENDARIO DE QUENDAS DA  NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE ARZÚA PARA O CEIP DE ARZÚA. Acudiremos a ela empregando  os accesos dende o recinto escolar e voltaremos do mesmo xeito, polo que é convinte que nos días de choiva veñamos ao colexio cun chuvaqueiro ben grande e/ou paraugas.

Ver a imaxe a tamaño completo

 

 

 

TRANSLATE?...



Visita á aula de 1ºA

Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita moi importante. Fomos coñecer un pouquiño máis unha aula de 1º...xa nos falta menos para comezar a primaria.

Decidimos ir a 1ºA, e alí recitáronnos unha preciosa poesía pensada por eles e endulzáronnos o día cunha ricas piruletas. Nós, en agradecemento, cantámoslles unha canción medieval, gustounos moito estar con eles. Estamos desexando volver!!!

Graciñas aos compis e a profe Rosa por acollernos tan ben e facernos pasar un bo rato!

Para ver algunhas fotos do momento pinchade aquí.

Taller con Sisi

Os nenos e nenas de 4 anos B, fixemos unhas fermosas caixas para agochar os nosos

segredos, e decoramos as bolsas para levalas para a casa. Empregamos diferentes técnicas

guiados por Sisi, a nai da nosa compañeira Antía Vázquez.

Gracias Sisi, pola túa colaboración e polo teu tempo. Contamos contigo para o vindeiro

curso. Para ver as fotos pinchade aquí.

Programa de Educación Vial para Infantil

 Os alumn@s de infantil traballamos neste curso a Educación Vial. 

Se queredes seguir disfrutando coas distintas actividades e animacións pinchade aquí

Saída a Narla

Os nenos/as do 2º Ciclo de Primaria viaxamos ata a Fortaleza de San Paio de Narla en Friol(Lugo) onde poidemos ver as estancias do castelo e coñecer, gracias a explicación da guía, os seus secredos e as súas lendas. Tamén visitamos o Centro de Interpretación de Avifauna(Bravos-Lugo) onde disfrutamos da amplia riqueza avícola dos cinco continentes.

Para remetar a nosa saída achegámonos ata a catedral de Lugo e percorrimos a muralla romana da cidade. Foi unha vaixe máxica a través do tempo e da natureza. 

Se queredes ver as nosas fotos pinchade aquí e disfrutade da viaxe!

 

Excursión a Marcelle

Os nenos e nenas de infantil viaxamos ata Marcelle Natureza (Outeiro de Rei-Lugo) para poder ver de preto dromedarios, cebras, coatí, canguros, linces,...e moitísimos animais máis.
Tamén había alí un río polo que chegan en canoa os indios e  portas e árbores máxicas! Fascinante!

Cumpreanos 2º trimestre 4 anos B

 

OS nenos e nenas de 4 anos B celebramos os cumples do 2º trimestre. Para ver as fotos pincha aquí.

Vai de bufóns

Adiviñades quenes son estes bufóns? Pinchade na foto e poderedes descubrilo.

Se vos apetece sacarvos unha foto coma esta, o bufón está a disposición de todos e todas para facelo. Animádevos!

Powered by Drupal - Design by artinet