Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

Personaxes dos contos

 

 

Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca, organizamos un xogo de investigación mediante pistas.

O traballo dos nenos e das nenas de educación infantil foi atopar determinados libros a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole)  os máis pequenos poideron xogar con este libro LIM no que tamén están as personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste!

Para ver o xogo a pantalla completa preme no cadrado da parte superior dereita da imaxe. 

Crea arte

Aquí tedes algún enlace para crear arte dende o ordenador, preme nas imaxes para poder velos

 Xogo para crear retratos como o pintor Pablo Ruiz Picasso

 

Imaxes en movemento

Un boneco feito con xiz axúdanos a manter limpo o cole. Ata para limpar temos arte!

Mirade o vídeo.

(Tanto este vídeo como o da entrada anterior fixéronnos os nenos e as nenas de 5 anos, sacando eles mesmos as fotos)

sentímolo, flash non está dispoñible.

Imaxes en movemento

Algo está pasando no cole, os zapatos andan sen pés!! Será maxia? Ollade o vídeo!

sentímolo, flash non está dispoñible.

O libro viaxeiro de 2º

Volvemos despois do Nadal a facer o noso libro, esta vez de poemas... 

vainos quedar chulísimo xa que temos a experiencia de habelo feito o ano pasado.

A experiencia é un grao!

Pronto daremos instruccións e a imaxinar  e escribir......

Vincent Van Gogh

Aquí tedes un xogo para seguir coñecendo a Vincent Van Gogh.

Un rato na escola

Un rato anda solto polo cole!!

Pero non vos preocupedes, as nenas e os nenos de educación infantil imos coidar del. Témolo ben gardadiño na aula de informática para que, de cando en vez, poida xogar cos ratos dos nosos ordenadores.

Para comprobar o larpeiro que saiu o rato Félix (decidimos entre todos chamarlle así) ollade o video.

sentímolo, flash non está dispoñible.

O blog das TIC en infantil

As nenas e os nenos de infantil temos un "blog" para compartir con todos vos as artistadas que creamos e cas que  aprendemos na hora das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación)

Non deixedes de visitarnos e de deixar os vosos comentarios.

Pincha na imaxe para ir ao blog

JOÁN MIRÓ, UN PINTOR SURREALISTA

 

SÓ NECESITAMOS METROS DE PAREDE, UNS QUILOS DE PINTURA E...MOITA IMAXINACIÓN

YES WE CAN!

Imagen-208_580x435.jpg

AS DISTINTAS RAZAS E CULTURAS NO PRIMEIRO CICLO

Con motivo do 1º tema de Coñecemento do Medio onde imos tratar as distintas razas  e culturas no mundo pregamos a súa colaboración unha vez mais.

O primeiro ciclo propón a elaboración dunha personaxe dunha raza ou cultura que o neno /a elixa  partires dun cucharón de madeira .

Pódese utilizar todo tipo de material sempre que se tome como base o cucharón de madeira.

Se houbese algún problema non dubide en poñerse en contacto con calquera dos mestres titores deste  ciclo.

Sen mais agradecerlles o seu tempo e adicación sen esquecer que se trata para o ben dos seus fillos/as.

Un saúdo.

INDIA CUCHARÓN.jpg

Powered by Drupal - Design by artinet