Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

Vertebrados

Os vertebrados (Vertebrata) ("os que teñen vértebras"), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

 

Inclúe case 62 000 especies actuaise moitas máis fósiles.

 

Aínda que procedentes do medio dulciacuícola, os vertebrados conseguiron evolucionar no mar e pasar, posteriormente, ao medio terrestre, onde dominan na actualidade logrando colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos.

O termo Vertebrata, usado en sentido amplo, é sinónimo de Craniata, e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; pero de usarmos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluírse dito grupo. Porén, hai evidencias de que os mixíns deben seren incluídos.

Vertebrados

ANIMAIS

Imos coñecer distintas especies de animais,

ANIMAIS

IMOS COÑECER ALGO MÁIS AOS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS.

Se queres ver as fotos do samaín preme aquí

The Beauty and the Best

Hoxe día 25 de novembro asitimos no Teatro Colón a un musical en ingles, foi unha pasada!!!

Encantounos, rimos e aprendimos a escoitar en inglés un musical!!!

Foi divertido e sairon nenos do público a actuar na obra!!!

Somos competentes en inglés!!

Ademáis aproveitamos para visitar a Torre de Hércules e dar un longo paseo por Adormideras...Se queredes ver fotos pincha aquí

Marela e Xogade!!

Marela apúntase á Xogade!! Apúntate á nova andaina deportiva!!

Xogo outono

Aquí tedes un xogo para aprender cousas do outono.

Castro Curbín

O venres 14 de Xuño os nenos de 3ºB, 4ºB, 5ºA e 5ºB fixemos unha ruta dende o colexio ata Castro Curbín. Durante o noso percorrido descubrimos onde se cruzaban o camiño francés e o da prata e lembramos a lenda da fonte da Quenlla. Unha vez que chegamos ao castro recibíronos "os castrexos" con quen aprendimos e compartimos xogos.


Se queres ver as fotos da ruta pincha aquí.

Unha viaxe de conto!

No día de hoxe, os nenos e as nenas de Educación Infantil viviron unha xornada de conto!! Visitamos o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol, Lugo) onde coñecimos como se vivía nun castelo, pero o que máis nos sorprendeu e que alí estaba A Bruxa Maruxa!!!!

Preme aquí para ver as fotografías da xornada

Xogamos ás canicas!!

 


A semana pasada Marela pasou de novo pola clase de Educación Física e animounos a xogar ás canicas... Invitounos a que investigásemos como xogaban os nosos pais, os nosos profes...e descubrir así os diferentes xogos de canicas.


Aprendimos a xogar ao "guá" e vimos que é moi divertido...!!


Se queres ver as fotos, pincha aquí

Powered by Drupal - Design by artinet