Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro neste mes de abril, os alumnos/as do 2º ciclo de primaria, están a ler o libro "Casas" de Paula Carballeira, a cal nos visitará no centro o próximo martes 30 de abril e así os nenos e nenas terán a oportunidade de coñecela e poder solicitarlle que lles firme o libro.

 Libro de relatos e poemas que xiran en torno ao concepto de fogar. Casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Casas que quedan quietas e casas que viaxan...

A goma

Xa sabemos xogar á goma!!! Marela visitounos na clase de Educación Física e animounos a xogar á goma...



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Inventamos contos

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nenos e as nenas de 4 anos son escritores!!! Non perdades o vídeo co conto que inventaron empregando as personaxes do conto "Alicia no país das marabillas"

sentímolo, flash non está dispoñible.

As chapas


A semana pasada comezamos a xogar ás chapas nas clases de Educación Física e nas horas de lecer, personalizamos as chapas e descubrimos algunha das modalidades deste xogo.


Se queres ver algunha das fotos pincha aquí.

Os nosos xogos

   

Esta semana continuamos xogando á comba nos nosos tempos de lecer.

Se queres ver algunha das fotos deste xogo, preme aquí.

Pitiño Pispín

Ollade este poema de Gloria Sánchez, un Pitiño Pispín ilustrado e narrado polos nenos e as nenas da aula de 4 anos. 

Xogo "Marabillas do Mundo"

Preme aquí e poderás poñer a proba os teus coñecementos sobre as Marabillas do Mundo,...ánimo!!

Xoga coas Marabillas do Mundo!!

 

Imos de viaxe para seguir coñecendo As Marabillas do Mundo!!!

Elixe o continente que queres visitar e poderás comezar un fantástico traxecto no que descubrirás xogos "marabillosos"

Preme aquí para comezar o xogo

 

Powered by Drupal - Design by artinet