Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2010-2011) Despedimos o curso buscando un tesouro seguindo as pistas

O último día de curso fixemos un xogo de pistas no que había que buscar un tesouro, nel participamos xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula.

Cada profe colleu por sorteo un sobre coa primeira pista e a tarxeta de cada equipo. Á profe Rita tocoulle o equipo dos Elefantes, á profe Merce o dos tucáns é o profe Óscar o dos golfiños.

O primeiro foi organizarnos por equipos, cada quen tiña o seu nome nunha tarxeta, pero os profes déronnolas todas mesturadas, así que cada quen tivo que ir buscando o propietario da tarxeta que nos deran por erro.

Estabamos todos e todas mesturados!

 

Ó final demos feito, e conseguimos organizarnos en tres equipos:

 

Os elefantes de cor verde

 

Os tucáns de cor amarela

 

Os golfiños de cor azul

 

Cada equipo comezou cunha pista, que nos ía indicando onde atopariamos a seguinte, a orde era distinta para cada equipo, pero ó final todos pasamos por cada un dos sitio.

Estas eran as pistas e os sitios onde había que atopara a seguinte, cada vez que atopabamos unha sentabamos todos xuntos para lela e así poder descifrala entre todos e todas

 

IDE MOI AMODIÑO

QUE A SEGUINTE PISTA ESTÁ 

ONDE FAN OS NIÑOS

OS PAXARIÑOS

 

 

 

A SEGUINTE PISTA ATOPARÁS

DENTRO DUN EDIFICIO 

QUE ESTÁ NO SEGUNDO ANDAR

 

 

 

CASE PERDEU OS CALZÓNS 

POR CULPA DUNHA MENTIRA

DENTRO DA SÚA COROA

ESTÁ A SEGUINTE PISTA

 

 

SE A SEGUINTE PISTA

A QUERES CONSEGUIR

BUSCA NO ORDENADOR

NOS XOGOS DE INFANTIL

 

No ordendor, nos xogos de infantil indicaba debaixo da fotografía de cada un dos tres animais o nome dun profe, así que tivemos que buscalo por todo o colexio para que nos dera a seguinte pista

 

 

 

SE NON TE QUERES MOLLAR

E A SEGUINTE PISTA ATOPAR

NO PATIO DE INFANTIL

TERALA QUE BUSCAR

 

 

 

A SEGUINTE PISTA A TEÑEN

UNS ANTIGOS COMPAÑEIROS

QUE AGORA MESMO ESTÁN

NA CLASE DOS DE PRIMEIRO

 

 

PARA QUE A SEGUINTE PISTA

POIDAS ATOPAR

NA SALA DOS MESTRES

TERALA QUE BUSCAR

 

 

PARA REMATAR O XOGO

E O TESOURO ATOPAR

XUNTADE AS VOSAS TARXETAS

COAS QUE TEÑEN OS DEMÁIS

 

Detrás de cada tarxeta había un número e unha flecha, todas xuntas seguro que nos marcaban o lugar onde estaba agochado o tesouro.

Entre todo fomos completando o camiño.

 

Era longuísimo, e había que ter coidado de poñelas en orde (tal como marcaban os números) porque senón seguro que nos levaba a un lugar equivocado.

 

Fomos seguindo o camiño que marcaban as flechas das pistas ata a zona das mochilas.

 

E buscando, buscando, atopamos una mochila que non era de ninguén, seguro que dentro estaba o tesouro.

 

E así era... un libriño para cada un: de princesa, peter pan, o libro da selva... cada quen escolleu o máis lle gustaba.

 

Pasámolo moi ben, pero acabamos moi cansos de tanto buscar pistas por todo o colexio.

 

Despedimos os compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro (MARTÍN, JESSICA, ANXO, ANXO, PABLO, DAVID e AROA) e damos benvida ós novos compañeiros e compañeiras de tres anos, que aínda non coñecemos.

Pasade un bo verán e... Ata o vindeiro ano!

 

 

(2010-2011) Investigamos sobre os animais e observamos como viven os gusanos.

Mentras estabamos a investigar sobre o corpo, chegáronos varias notas dos nenos de primero, que estiveron en infantil o curso pasado, suxeríndonos preguntas para investigar: Que insectos hai? que animais nacen de ovos?

Pensamos que sería interesante investigar estas preguntas cando remataramos a investigación sobre o corpo.

Ademáis o profe trouxo un "terrario" onde iamos ter gusanos para ver como vivían. Sobre este tema tamén xurdiron moitas preguntas. 

 

MONTAMOS O TERRARIO.

Co terrario, había un libro que explicaba o que había que facer así que seguimos a instruccións:

Primeiro enchelo de diferentes capas de terra.



No libro indicaba onde había que buscar a terra, debaixo de árbores, ademáis tamén indicaba os instrumentos que precisabamos para recollela.


Así que decidimos facer unha lista co material que precisabamos.



Recollemos todo o material que escribimos na lista e marchamos cara a o patio, co libro que indicaba como buscar a terra.



Buscamos árbores e recollimos a terra que había debaixo.



Xuntamos toda esta, coa que rematamos de encher o terrario.




Tamén engadimos un pouco de auga, tal como indicaba o libro.



Tan só nos faltaba atopar gusanos, tentamos facer o que dícía no libro de poñer un cartón húmido enriba da herba, pero ó día seguinte seguían sen aparecer os gusanos.




E tamén buscamos debaixo das árbores, pero nada, non atopamos ningún.





Decidimos pedir axuda, escribindo unha carta a varios cursos a ver se nos podían axudar.



E ó final a profe Rita, atopounos na súa casa, e tróuxonolos para meter no terrario.



Todos queriamos velos na súa "nova casa", pero claro había pasalo dun ó outro con moito coidado.





Tamén llos llevamos á clase da profe Rita para que os seus nenos e nenas mirasen como estaban na nova casa, poderían pasar a velos cando quixeran.




ORGANIZAMOS A INVESTIGACION:

Como sempre escribimos o que queriamos saber (xa tiñamos tres preguntas: as dúas que nos fixeron cunha carta, e outra sobre os gusanos), a elas se uniron varias máis.



Pouco a pouco fomos enchendo o recanto da investigación co material que iamos traendo da casa.

 

O profe colcou 11 cartolinas de cores e cada unha delas tiñan un número. Para que serviría?, despois de discutir un rato sobre o tema, chegamos a conclusión de que cada folla era para poñer a resposta a cada pregunta, e o número indicaba a pregunta á que se refería. 

Ademáis ocurriúsenos que poderiamos facer un libro con todas estas follas cando remataramos a investigación.

 

Como sempre investigamos por equipos para atopar nos libros, ordenadore e "follas" as respostas ás nosas preguntas.

Que animais viven no mar e na terra?

 

Que bichos hai?

 

Que animais teñen 2 ou 4 patas?

 

E deste xeito ata rematar a investigación con tódalas preguntas.

 

Como durmen os paxaros?

 

Como pasen os animais?

Neste caso non atopamos a resposta á pregunta de como pasean os insectos, así que escribimos este feito na folla da investigación.

 

Que animais dan leite?

 

Algunhas respostas atopámolas na nosa visita ó mercado e á exposición fotográfica sobre animais, que xa vos contamos e que podedes voltar a ver aquí.

 

ORGANIZÁMONOS:

Cada vez que faciamos un equipo, sacabamos unha foto coa webcam do ordenador, era moi divertido colocarse para sair todos na foto, antes de que a conta trás chegase do cinco ata o un.

 

Ó lado de cada fotografía escribimos o número da pregunta que estabamos a investigar en cada caso.

 

Así quedou o noso panel da investigación unha vez rematamos de atopar as repostas a tódalas preguntas.

 

 

(2010-2011) Visitamos o Mercado de Pontevedra e unha exposición fotográfica

O día 9 de xuño, iamos visitar o Mercado de Pontevedra e unha exposición fotográfica sobre animais, que estabamos a investigar nese momento.

Para non esquecernos, e poder contar cantos días faltaban para que chegara o día, marcámolo no calendario da aula.

 

O día anterior á visita, falamos sobre o que pensabamos que iamos ver ó día seguinte. Debuxamos como pensabamos que era o mercado que iamos ver.

 

Sería parecido ós nosos debuxos?

 

Xa no mercado, ó día da excursión, puidemos ver moitísimos tipos de peixes e mariscos.

 

 

Descubrimos que no Mercado non só había peixe á venda, tamén se podía mercar carne.

 

No medio do mercado había moitísimas flores para vender, tiñan diferentes cores e a dependenta esinounos algunhas e contounos cal era o seu nome.

 

Nun cartel luminoso dicía que no "andar superior" había máis cousas para ver.

 

Así que decidimos subir e ver que había alí.

 

Desde o andar superior podía verse toda a parte baixa, na que estiveramos antes.

 

Aí vendían froitas e verduras.

 

Como xa era a hora de marchar cara a exposición fotográfica, o profe Óscar contounos que no camiño iamos atoparnos con tres estatuas (unha con galiñas, outra con chapeu e bastón e outra dun home tocando o violín), a ver quen as atopaba.

Atopámolas todas!

A da muller coas galiñas

 

A estatua do home con chapeu e bastón, que se chamaba Valle Inclán.

 

Tamén había unhas letras xigantes no chan.

 

E por fin atopamos a estatua do home tocando o violín, xa chegaramos ó lugar onde estaba a exposición fotográfica.

 

Na exposición había unha chea de fotografías de animais.

 

Aprendimos moitísimas cousas sobre os animais e como se fixeran as fotos.

 

Cando rematamos de visitar a exposición fotográfica, chegou a hora da merenda.

 

E cando estabamos alí, apareceu a profe Ángela co seu bebé que nacera fai uns meses, e por iso non voltaría o colexio ata o curso seguinte.

 

Cando rematamos de merendar xogamos un pouco nos columpios.

 

Para voltar de novo ó colexio.

(2010-2011) Facemos normas para o patio

No patio do noso colexio temos unhas normas que avisan que non poden entrar cans, nin usar bicicletas ou patíns. Despóis de interpretar o significado das iconas que marcan as normas, e de buscar as razóns polas que non se pertía facer certas cousas. Pensamos que nos tamén poderiamos facer as nosas normas, e así evitar os problemas que sempre comentabamos cando volviamos do patio.




Ó igual que na elaboración das normas da clase, decidimos que normas queriamos poñer (non subir ó tobogán do revés, non pelexar, non subir ó tellado da casa...

Fixemos fotografías "representando estas accións", e logo imprimímolas na aula.

 

Pegamos ás imaxes e "tachámolas" cunha liña como no taboleiro de normas do patio.

 

Debaixo escribimos o significado da norma e tamén unha cara triste "para que puideran entendelas todos".

 

Coas normas xa rematadas revisamos o seu significado na aula, por se había algo mal, por iso contamos cantas puxemos e cantas pensaramos poñer.

 

Coas normas xa plastificadas, pendurámolas no patio debaixo da lista de normas que xa había.

 


Agora podemos cosultalas en calquera momento en que xurda algún problema.

 

 

(2010-2011) Rematamos a nosa investigación sobre o corpo

Podes ler as entradas previas publicadas sobre este proxecto de investigación nestas ligazóns:

24/02/11: (2010-2011) Comezamos unha investigación sobre o noso corpo 

07/03/11: (2010-2011) Visítanos un enfermeiro para respostar ás nosas preguntas sobre o corpo 

26/03/11: (2010-2011) Continuamos co proxecto de investigación sobre o corpo

08/05/11: (2010-2011) Seguimos a investigar sobre o corpo

 

Tan só nos quedaban tres preguntas por responder na nosa investigación sobre o corpo, como sempre voltamos a organizarnos por equipos:

Un deles encargaríase de buscar COMO FACÍAN OS MÉDICOS PARA MIRAR O CORPO POR DENTRO?

 

E descubriron todos estes aparellos, só nos faltaba por saber como se chamaba o aparello para ver os bebés na barriga das nais, pero o día que veu a visitarnos a profe Ángela, preguntámoslle como fixeran para ver o seu bebé antes de nacer e díxonos qeu lle fixeran unha ecografía.

 

Outro dos equipos encargouse de investigar COMO SE MANTIÑAN XUNTOS OS OSOS DO ESQUELETO? 

 

E descubriron que se mantiñan xuntos gracias os LIGAMENTOS e que se podían doblar gracias ás ARTICULACIÓNS, e así o indicaron na folla que ían pegar no mural.

 

O terceiro equipo investigou DE QUE ESTABAN FEITOS OS MÚSCULOS?

 

Descubriron que estaban feitos de carne. 

 

E con esta resposta por fin completamos o noso mural de investigación sobre o corpo.

 

Contamos cantos equipos necesitamos para investigalo todo e eran trece.

 

Rematamos tamén o noso libro sobre o corpo para levar para casa, contando os tres novos descubrimentos que fixeramos.

 

 

 

 

E dobramos o "noso corpo" para poder levalo para casa.

 

Ordenamos as "follas do noso libro", como descubrimos tantas cousas para ordenalas o profe foi dicindo as preguntas que tiñamos, e fomos buscando a folla onde estaba a resposta.

 

Recollemos o material que trouxemosd a casa (libros, fotocopias...) e quedou o noso recanto da investigación novamente valeiro.

 

Metemos o material, o libro do corpo que fixemos e a nosa silueta do corpo nunha bolsa, para poder levala para casa.

 

Antes de levalo todo para casa, revisamos as nosas "ideas previas" que dixemos ó comezo da investigación e fomos tachando aquelas que agora sabemos que non eran correctas (temos dous cerebros, cambia de cor...)

 

Tan só nos quedaba contar na casa todo o que aprendemos

 

De seguro que axiña iniciamos unha nova investigación.

 

(2010-2011) Letras galegas 2011: Coñeces a Lois Pereiro?

Este ano o día das Letras Galegas estivo adicado a Lois Pereiro, para conmemoralo fixemos entre as dúas aulas de infantil un mural contando a vida deste escritor.

Primeiro os profes contáronos donde naceu, que lle gustaban moito os trens, que viaxou a Madrid onde aprendeu moitos idiomas, que escribiu unha revista e ata formou parte dun grupo de rock.

 

Como queriamos que o mural chegase desde o teito ata o chan, tivemos que medir o pedazo de papel que iamos nececesitar.

 

E cortámo-lo papel desa medida.

 

Dedicidimos contar no noso mural todas ás cousas que lle foran sucedendo a Lois Pereiro na súa vida, e repartímonolo traballo entre as dúas aulas.

 

Os compañeiros/as da aula do lado escribiron que naceu en Monforte e o ano do mesmo.  Nós continuamos rodeándoo con gomets e debuxando o "tren" que o ia levar ata Madrid.

 

Como na seguinte parte tiñamos que contar que aprendeu francés, alemán e inglés en Madrid, na escola de idiomas decidimos escribir a palabra OLA nos tres idomas (ALO, HALLO e HELLO).

 

Para saber en que idioma estaban pegámoslle unha bandeira do lugar onde se falan dese xeito.

 

Co ano no que estudiou en Madrid xa tiñamos rematada a nosa seguinte parte.

 

Mentras algúns rodeaban con gomets a parte anterior, outros fomos poñendo o seguinte feito da súa vida, cando en Madrid participou na revista LOIA, da que só fixo catro números.

 

Tamén lle fomos poñendo o título ó mural, escribimos LOIS PEREIRO  ó lado da súa fotografía.

 

Ós compañeiros/as da outra aula fixeron as dúas seguintes partes do mural: a participación nun grupo de rock e a visita á Berlin onde se namorou e escribiu un libro de poemas, ademáis tamén debuxaron outro tren que o levou na viaxe.

 

Na nosa parte tiñamos que contar que fixera un programa de televisión, pero como nos equivocamos tivemos que buscar unha solución. Cun pedazo de papel pegado enriba seguro que ninguén se daría conta.

 

Poñendolle gomets polo borde do papel, ninguén o ía notar.


Para rematar todos firmamos co noso nome, como autores do mural.

 

E xa quedou rematado o mural:

 

 

Así quedou pendurado na parede, chegaba desde o teito ata o chan.


 

 

 

(2010-2011) Facemos e cantámo-lo maio

Este ano participamos na elaboración do Maio, que fixemos xuntos tódolos nenos e nenas do colexio.

Primeiro fixemos unha lista co material que necesitabamos para facer o maio, para escribila tivemos que investigar en fotografías e vídeos de maios.

Precisabamos todo isto:

 

Escribimos unha nota, con fotografías para levar para as nosas casas

E para que todos os do colexio suberan que material precisabamos, tamén fixemos fotocopias, unha para cada curso.

 

Fómoslla repartindo a tódolos mestres para que llo contaran ós seus alumnos.

 

Miramos o esqueleto que iamos empregar para facer o maio

 

Despois de levar a nota para casa, ós días seguintes fomos recollendo todo o material e clasificándo en bolsas: margaridas, fiuncho, laranxas...

 

Cada quen organizou o material que traía da casa na bolsa que lle correspondía.

 

Os compañeiros e compañeiras da outra aula tamén trouxeron o seu material, e organizárono nas nosas bolsas.

 

Cando rematamos, como estaba o chan cheo de lixo, tivemos que limpalo.

 

Como nos só tiñamos que encargarnos de facer colares de margaridas, fomos levándolle o outro material ás aulas que o ian empregar.

 

Para facer os colares de margaridas, un equipo tivo que quitarlle o talo ás flores.

 

Mentras que outros ian facendo un colar longuísimo, logo fomos cambiándonos todos de equipo, de xeito que todos colaboraran no colar.

 

Co colar rematado tivemos que poñelo no maio, que xa tiña varias partes que foran colocando as outras aulas.

 

 

Así quedou o maio co noso colar de margaridas colocado.

 

Cuns últimos retoques quedou así de chulo.

 

 

Finalmente  cantamos as nosas coplas do maio o día da celebración das letras galegas:

 

Estas eran as nosas coplas:

PARA FACER ESTE MAIO

EMPREGAMOS MOITAS FLORES

FIXEMOLO TODOS XUNTOS

USANDO BONITAS CORES

 

XA TEMOS COLUMPIOS NOVOS

NOS QUE PODEMOS XOGAR

TAMÉN TEMOS UNHA FONTE

NA QUE TE PODES DUCHAR

 

COMO NOS PORTAMOS BEN

E TRABALLAMOS A REO

QUEREMOS QUE NOS POÑADES

CATRO HORAS DE RECREO.

(2010-2011) Seguimos a investigar sobre o corpo

Podes ler as entradas previas publicadas sobre este proxecto de investigación nestas ligazóns:

24/02/11: (2010-2011) Comezamos unha investigación sobre o noso corpo 

07/03/11: (2010-2011) Visítanos un enfermeiro para respostar ás nosas preguntas sobre o corpo 

26/03/11: (2010-2011) Continuamos co proxecto de investigación sobre o corpo

 

Con varias  preguntas con resposta continuamos a nosa investigación sobre o corpo (podes leer os anteiores nas entradas ó comezo desta páxina).

Decidimos continuar intigando sobre tres das preguntas que tiñamos anotadas, e sen resposta:

  • Canta comida cabe na barriga?
  • Canto aire cabe nos pulmons?
  • Como nacen os bebés?

 

Como sempre nos organizamos por equipos pegando a foto de cada un no noso mural.

 

Un equipo investigou canta comida cabe na barriga: Descubrimos que acomida se almacenaba nun lugar chamado estómago e que podía caber ata 4 litros.

 

Outro dos equipos buscou a reposta a canto aire cabe nos pulmóns, que xa sabiamos que servía para respirar.

 

Ó final atoparon a resposta nun vídeo (podes velo aquí)  no cal descubrimos que cabían ata 5 litros.

 

Iamos anotando cun SI as preguntas que tiñan resposta a medida que as descubriamos.

 

E tamén o anotabamos no noso mural.

 

O terceiro equipo fíxose cargo dunha pregunta que quedara pendente: Como se fai o pis, e descubrimos que se acumulaba nunha parte que se chamaba "vexiga".

 

 

Coas dúas respostas sobre a capacidade do pulmón e do estómago cheou unha dúbida: CANTO ERAN 4 e 5 LITROS?... QUE ERA UN LITRO?

Atopamos na aula unha botella na que poñía 1 LITRO, acordamos que seguramente se a enchiamos de auga a que cabía era 1 litro. 

 

E fiexemos unha proba enchendo tantas botellas (de 1 litro) como as que cabían no estómago

 

Con cada botella iamos  pegando unha botella no mural.

 

Fixemos o mesmo coa capacidade dos pulmóns, pero esta vez empregamos unha xerra que tiña números para ir enchéndoas... descubrimos que para enchela toda había que enchela ata o número "1000". 

 

Sorprendeunos a cantidade que cabía dentro.

 

 

Outra das preguntas que tiñamos era como nacen os bebés, e un día recibimos un correo electrónico da profe Ángela onde nos enviaba unhas fotos da súa filla recien nacida, María.

 

Ese día decidimos investigar como nacen os bebés, e íamolo facer cun só equipo, todos xuntos.

 

Buscamos en internet vídeos sobre como crecían os bebés na barriga das nais.

 

E revisamos tódolos libros e material que tiñamos ata que atopamos por onde nacían os bebés.

 

Fotocopiamos a folla do libro onde o explicaba, e marcamos cun gomet o camiño que seguía o bebé para saír. Tamén o coloreamos todo (o cordón umbilical que lle serve para comer, a placenta...)

 

E claro tamén o pegamos todo no noso mural, incluidas algunhas fotos (ecografías) de como ian medrando os bebés dentro da "barriga da nai".

 

Tan só nos quedaba pegar no noso corpo "a tamaño real" todo o que descubrimos.

Os pulmóns

 

A vexiga e o aparello urinario.

 

E tamén as partes do esqueleto que non tiñamos aínda pegadas, porque debaixo levaba outras.

 

O estómago e o aparello dixestivo.

 

Así quedou o noso corpo, xa está case rematado.

 

Aínda nos quedan tres preguntas por investigar, cando teñamos as respostas xa volo contaremos.

 

 

 

(2010-2011) Que lea de reloxos

Un día pola mañá, cando anotamos o día no calendario, descubrimos que había que pasar de folla xa que empezaba MAIO, mais cando iamos a cambiar a folla do libro dos cumpleanos, sen darnos conta cambiamos de sitio as agullas do reloxo.

Que iamos facer agora? non iamos saber cando era a hora de ir ó recreo ou de marchar para casa.

 

Despois de valorar diferentes ideas, entre todos acordamos que podiamos ir polo colexio e mirar que hora era nos reloxos, e logo poñer o noso nos mesmos números.

O primeiro que topamos foi o que estaba no corredor, ó lado da porta.

 

Fomos anotando os números que marcaba nunha folla para non esquecernos.

 

E pouco a pouco fomos visitando tódalas aulas, algunas tiñan reloxo, outras non. Fomos anotando os números que marcaba en cada un deles, un repetíase sempre pero o outro era case sempre disinto.

 

Xa na clase ordenámolos todos, anotándoos nunha folla en dúas columnas (agulla pequena e agulla longa).

O número da agulla pequena era case sempre o mesmo, e nos que era diferente creemos que seguramente estaban avariados "ou sen pilas".

Pero o número pequeno era disinto. Despoís dun pequeno debate chegamos ó acordo de que cando iamos de camiño a cada aula a agulla do reloxo íase movendo, por iso era distinto.

 

O final decidimos poñelo na hora que marcaba o reloxo do pasillo, xa que era o que os "profes miraban" para tocar ó timbre.

 

Como nos gustou mirar tantos reloxos, pensamos que estaría ben facer o noso reloxo para levar para casa.

 

Había que pegar cada número no seu sitio, os de tres anos tíñano fácil porque só o tiñan que pegar "enriba", pero para os maiores de 4 e 5, era máis complicado porque tiñamos que "investigar" onde ía cada un deles.

Menos mal que mirando polo modelo descubrimos o sitio de cada un.

 

Ademáis ó facelo todos/as xuntos podiamos axudarnos entre nós.

 

Cunhas agullas vermellas, que demáis podiamos mover, xa o tiñamos rematado.

 

Xa estaba listo para levar para as nosas casas.

 

 

 

 

(2010-2011) Contacontos Kalandraka

Xunto cos compañeiros de 1º e 2º participamos no contacontos de kalandaraka, que tivo lugar na nosa aula

 

Fixemos maxia e apareceron contos pequeniño e moi grandes.

 

E todos tiñan a súa canción.

 

 

 

Gustounos moito o da lúa.

Pasámolo moi ben

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.