(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CD, CCEC, CSIEE e CSC
Despois do falado na primeira reunión do PFPP, esta foi a
planificación e acordos tomamos sobre o traballo no seminario.
SEMINARIO:
- Acordamos continuar coas competencias CD, CCEC, CSIEE e CSC, escollendo os estándares prioritarios de cada un dos aspectos relevantes, ó tempo que nas reunións prescenciais estableceremos os niveis de logro por proceso das competencias CMCT e CAA das que xa se escolleron os estándares prioritarios..
- Cada participante seleccionará os estándares prioritarios do proceso/aspectos relevantes, en tódalas áreas de tódolos cursos.
- Non ten porque haber ese proceso en tódalas áreas de cada nivel, é dicir non hai que buscar estándares en tódalas áreas dese proceso senón daquelas nas que se atpen. O que temos que conseguir é que entre tódolos procesos (feitos entre todos) consigamos que estean tódalas áreas representadas.
- Tedes que facerme chegar os estándares elexidos antes do 25-04-2016, para que os meta na aplicación. Podedes darmos ben "rodeados no papel" ou pasándome os códigos dos estándares que escolléstedes.
- A partir desa data, nas reunións do cuarto "martes do mes" marcaríamos o nivel de logro para cada aspecto destas compeencias, de primeiro a sexto. A idea sería "sacar a adiante unha competencia por reunión"
Repartimos os procesos/aspectos relevantes de ámbalas dúas entre os participantes deste xeito:
- CD: Uso crítico e creativo.... (Óscar) - entregado - xa na aplicación
- CD: Uso das TIC para obter... (Óscar) - entregado - xa na aplicación
- CD: Comunicarse e participa en redes... (Óscar) - entregado - xa na aplicación
- CCEC: Coñecer, Comprender e valorar.... (Ángela) - entregado -na aplicación
- CCEC: Considerar as manifestacións artísticas... (Susana) - entregado
- CCEC: Expresarse a través de diferentes... (Merce) - entregado - xa na aplicación
- CSIEE: Transformar as ideas en actos... (Yolanda) - entregado - xa na aplicación
- CSIEE: Crear, innovar e asumir riscos (Ana) - entregado - xa na aplicación
- CSIEE: Planificar e xestionar proxectos... (María) - entregado - xa na aplicación.
- CSIEE: Promover o bo goberno... (Paulo) - entregado - xa na aplicación.
- CSC: Interpretar fenómenos e problemas sociais... (Loli) - Entregado - xa na aplicación.
- CSC: Traballo cooperativo... (Chus) - entregado - xa na aplicación.
- CSC: Participar de xeito eficaz e constructivo na vida social... (Ángela) - entregado - na aplicación
- CSC: Participar plenamente na vida cívica.... (Yolanda) - entregado - xa na aplicación
(Entregado: foi entregado o documento ó coordinador cos estándares prioritarios, Xa na aplicación: foi introducido xa na aplicación no cartafol compartido polo coordinador)
Para facer máis rápido este traballo, se entrades na aplicación escolledes a pestaña de "perfil competencial" poderes filtrar os estándares que son da competencia, para poder revisar "só eses" en non todos os do currículum.
Para o traballo por se o necesitades, aquí podedes atopar os seguintes documentos:
- Explicación de que é cada proceso ou aspecto relevante: en PROGRÁMAME > PROGRAMACIÓN E CURRÍCULUM > PERFIL COMPETENCIAL > AXUDA SOBRE OS PROCESOS... descargará o pdf do que ou outro día vos din impreso.
- Os currículums sobre os que "escoller os prioritarios", podedes usar o "planning comparativo" de modo que os vexades de 1º a 6º, e se un é prioritario e 1º xa o tedes localizado no resto dos cursos, para xeralo entrades en PROGRAMAME >PROGRAMACIÓN E CURRICULUM > XERAR > PERFIL DE ÁREA > PLANNING COMPARATIVO.
No seguinte cartafol compartido en "google Drive" podedes descargar os pdf ós que antes facía mención, xerados xa desde a aplicación.
https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcdEJrM2ZpNkx0VU0
Se queredes como "vai quedando en prográmame", tan só tedes que escoller ou cartafol que teñades (ou crear un novo), entrar en programación e currículum > perfil competencial e desde alí escoller (abaixo de todo) "copiar só perfil competencial" (e agardar un anaco a que o copie). Tede coidado de escoller esta opción e non a de "copiar programación e perfil de área, xa que neste caso reemplazaríase o que se teña feito de programación no cartafol)