(2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos?
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
08/12/22: (2022-2023) Escollemos democráticamente o tema da nosa próxima investigacion... queres saber cal é?
27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións.
Unha vez rematada a fase de investigación, que podes ver nas entradas antes mencionadas, chegou o momento de convertir todos eses descubrimentos, nos produtos finais que nos plantexaramos ao comezo da investigación:
- Crear un Lap-book sobre o descuberto dos coches e os camións.
- Crear un vídeo-documental sobre o descuberto en canto á contaminación dos coches e dos cambios, e as alternativas para evitala.
Así creamos o noso Lap-book, onde contamos todo que descubrimos na investigación, respostando ás preguntas pantexadas, e partindo o que xa coñecíamos.
Pouco a pouco fomos creando cada unha das partes do mesmo, ata que demos rematado co traballo
Dentro do lap-book, ademais dos tipos de coches e camións, tipos de coches segundo o seu "combustible", e explicar o que é un taller... tamén incluímos o noso propio carnet de conducir; agora que xa sabemos como se pode conseguir un.
Os nosos Lap-book, xa rematados, quedaron así de fantásticos:
O outro dos productos finais era crear un "documental" sobre a contaminación dos coches de combustión, e as solucións que se nos ocurrían para evitala. Este vídeo está tamén no noso lap-book, cun código QR, para poder velo cando queiramos.
Despois de acordar o que diríamos, depois de todo o que descubrimos, e quen o diría, gravámonos diante dun chroma verde.
Cada quen foi escollendo que poñer no fondo verde da súa parte, que tivera relación que que dicía e, entre todos e todas, que textos (títulos) engadir, así como a música que debería aparecer cando fose necesario.
Este documental sobre a contaminación, unha vez rematado, quedou a así de xenial:
Estamos aínda dando os últimos retoques ao dosier da investigación, onde estamos a reflectir todo o descuberto, que xa temos no mural da investigación, e que levaremos para casa nos vindeiros días.
Deste xeito remataremos este proxecto de traballo e investigación, contarémosvolo moi pronto neste mesmo blog.