Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2023-2024) Xa estamos todos e todas aquí... comezamos un novo curso

Comezamos un novo curso en INFANTIL 2, dando a benvida a dous novos compañeiros.

Queres saber quenes estaremos este curso nesta aula? Podes descubrilo de seguido:

KARINA  ÓSCAR (PROFE)  CARLOTA   NORA    BREIXO   ELOY

JESÚS    XOEL     JOEL    MARTIÑO. 

   

Nas vindeiras remanas xa vos iremos contando tódalas aventuras nas que nos imos meter ao longo deste curso.

Agardamos visites este blog, a miúdo, para descubrir todas elas.

   

    

(2022-2023) Despedimos o curso coa entrada de xuño!

Por fin chegou xuño! O que significa que  terminamos coas entradas do blog ata o curso que ven. Así que non perdemos máis tempo, e imos cun breve resumo de todo o que estivemos facendo este último mes de cole.

Este mes nos puxemos especialmente artistas, e ademais de sacar moito o pincel a relucir; tamén pintamos sobre distintas superficies. Cartulina, platos, cartóns... Rematando de aprender diferentes técnicas de expresión artística para a actividade que imos amosar a continuación.

Para rematar os nosos proxectos artísticos, levamos a clase todo tipo de material: témpera, recortables, rotuladores, revistas, ferramentas de estampado...e as combinamos para pintar o noso primer cadro. Así que coa única norma de que no hai ningunha directriz que seguir, cada un creou o seu cadro ao seu gusto. Aquí tedes algúns dos resultados.

Este último mes, reforzamos o traballo de lateralidade e aprendemos a identificar a dereita e a esquerda dun xeito moi divertido. Por suposto, grazas a profe Zaira, trouxemos un Twister a clase que nos deu moito xogo e co que nos rimos un montón.

Tamén celebramos os cumples de xuño e do verano, polo que podedes imaxinar a festa que montamos. Os compañeiros e compañeiras: Julia, Manuel, Breixo, Germán e Matías apagaron as velas, e todos xuntos zampamos a deliciosa tarta que preparamos o día anterior.

Outro momento que nos encantou, foi a visita dos nenos e nenas da Galiña Azul á escola. Preparamoslle de agasallo un marco cunha foto que nos sacamos ese mesmo día, e os levamos a explorar o colexio e o noso patio. Estamos deseando que chegue septembro para compartir clase con eles e elas!

Rematamos de coidar o invernadoiro, de feito podedes ver que foi un auténtico éxito. As cenorias creceron un montón, e aínda que podían estar un tempo máis, ao final poidemos levar a casa un bo puñado delas!

Repartimos as papeletas de voto para o noso concurso de fotografía do arco da vella, que se celebrou durante o Cervifest organizado polos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º. Ao final, tras un reconto moi reñido, a gañadora foi a nosa compañeira Julia. Moitas grazas a todos por participar!

Os últimos días de cole, tamén se organizaron no cole unha serie de obradoiros. Como parte dos mesmos, a nai de Matías e Lara visitounos para contarnos un conto, fixemos chaveiros, pintamos utilizando limpiacristais, fixemos xogo motores... Foi super divertido!

Tamén participamos nunha xincana para atopar un tesouro en San Antoniño. Foi dificil, tivemos que andar un montón, pero o resultado valeu a pena, xa que ao final conseguimos atopar o cofre co noso premio correspondete. Somos expertos no arco da vella, pero tamén exploradores profesionais.

(2022-2023) Xa somos uns expertos do arco da vella, así foi a nosa investigación

Ola a todos e todas! Como ben sabedes, este curso o noso proxecto de investigación centrouse no arco da vella. E como oúltimo que sabedes é como escollemos o tema, agora chegou o momento de facer o resumo de todo o que aprendemos e algunhas das actividades que levamos a cabo.

Unha parte moi importante do traballo, foi o rexistro da información. A medida que aprendemos sobre o tema, rexistramos toda a información a través de distintas fontes e medios de expresión. Pintamos, recortamos, coloreamos, escribimos... Deste xeito, non só ampliamos coñecementos sobre o tema, senón que ademais utilizamos a escritura de xeito práctico e contextualizado; en algúns casos con axuda do profe e noutros autónomamente.

Complementariamente, tamén fixemos moitas actividades de expresión artística relacionadas coa temática. No caso das fotos que adxuntamos aquí, podemos ver o arco da vella que fixemos usando a técnica do collage. Primeiro pintámolo no papel con cada cor na súa orde, e despois xuntamos un montón de revistas para recortar imaxes de distintas cores e pegar cada unha na cor que lles corresponde. Ademais, tamén pintamos co corpo, en concreto coas mas, simulando como cremos que quedarían as nosas mans se puideramos tocar un arco da vella.

Como non podía ser doutro xeito, a nosa participación no Salón do Libro tamén xirou en torno ao noso proxecto. Dende o principio sabíamos perfectamente que queríamos esta temática, e tras darlle un par de voltas, pensamos que o noso libro fose un libro co que puidesemos ler, cantar e xogar. E como resultado, fixemos o noso conto "Cociñando o arco da vella", e a mellor parte é que o fixemos aportando cando un o noso graniño de area.

No referente a información sobre o tema, recurrimos a tres fontes de información distinta: internet, recursos apoortados polas familias e libros. Neste caso, dous dos libros que máis nos gustaron foron: "Lola busca el arcoiris" y "¿Puedo tocar un arcoiris?". Ambos nos axudaron tanto a aprender porqué non podemos tocar o arco da vella, as súas cores, cando aparece, como podemos facer nós un...

Tamén fixemos xogos de búsqueda de pistas polo colexio. Queríamos coñecer as distintas lendas sobre o arco da vella para responder a pregunta de si ten poderes máxicos ou non. Foi plantexar esta pregunta cando, ao longo do colexio apareceron imaxes nas que se presentaba unha lenda. Así que buscamos todas, e contamos a lenda correspondente para logo reflexionar sobre a maxia que esconde o arco da vella.

Tamén ao longo de curso fomos recopilando fotos do arco da vella tomadas polas familias do alumnado. Chegado xuño, pechamos o periodo para enviar fotos e votamos pola que máis nos gustaba. Finalmente, a gañadora foi a nosa compañeira Julia, que recibiu o premio do noso concurso de fotografía.

Outra forma de comprender aspectos como o ciclo da auga, a refracción, a intensidade da onda da luz... Foi a través de experimentos. Creamos os nosos propios arcos da vella artificiais, calculamos o tempo que tardan en explotar os globos según a súa cor, levamos a práctica o ciclo da auga dentro da nosa clase e moitas cousas máis.

Pero o traballo do arco da vella non so o fixemos co profe Pablo, o resto de profes tamén nos ensinaron moitas cousas. Por exemplo, a profe Bea en inglés ensinounos moitas cousas sobre os Leprechauns; e o profe Jose Luis ensinounos unhas cancións super chulas que podedes escoitar no noso dossier.

E xa para rematar, como premio despois de unha investigación tan completa, os nenos e nenas da clase recibiron uns premios moi especiais. O profe Paulo, que estivo moi contento coas marendas tan saudables da clase; e o profe Pablo, que sabe que os nenos e nenas esforzaronse e traballaron moito; decidimos dar un agasallo aos nenos para que continuen amosando ese entusiasmo tanto en aprender como en leva un estilo de vida saudable.

(2022-2023) Mellor tarde que nunca, aquí están as nosas actividades de maio

Seguro que pensabades que me olvidei da entrada de maio... Pois non! O que pasa é que estivemos tan ocupados estas últimas semanas que foi imposible atopar un momento para compartir o que fixemos. Así que non vos facemos esperar máis, vamos alá!

Unha das actividades que máis nos gustou, foi a que fixemos como parte das nosas sesións de Plurinfantil. O que fixemos foi unha gran "Tea Party" onde falamos inglés, bebimos té, comemos pastas, fixemos xogos... Foi super divertido, incluso tivemos representantes da realeza con nós, a única e ingualable "Queen B".

Como tamén puidechedes ver durante "Lecturas na Carballeira", elaboramos unha liña temporal con autores e publicacións importantes da historia da literatura galega. Cunha estructura xa preparada, os nenos e nenas elaboraron as suas propias viñetas, que completaron cunha foto de cada libro, o ano de publicación, o nome do autor o autora... Quedou super ben, e aprendimos un montón da nosa propia cultura.

Como xa é costume, tamén argallamos moitos proxectos de arte na aula. Coloreamos moito, pero tamén experimentamos un pouco con outros materiais. Este mes tamén fixemos nubes de cartón con algodón tinxido na propia aula; e ademáis, fixemos velas ecolóxicas con aceite e colorante. Foi super divertido!

Seguimos coas actividades do calendario, o cal nos levou a reflexionar e facer distintas actividades para conmemorar: o primer partido de fútbol femenino en España, aprendemos sobre o corpo humano, tentamos resolver un cubo de Rubik, recitamos trabalinguas co micrófono... Unha chea de cousas!

Como parte de Lecturas na Carballeira, presentamos os nosos carteis para participar no concurso que se organizou dende a biblioteca. Quedaron xenial, e ao final o gañador foi un dos compañeiros da nosa clase, polo cal nos alegramos un montón.

A nosa plantación de cenorias no invernadoiro foi todo un éxito. Como podedes ver na foto, empezamos con brotes moi pequenos, e ao final rematamos por recoller unha chea de cenorias. Pero esas fotos as gardamos para futuras publicacións!

A pesar de que estábamos a piques de rematar o curso, continuamos introducindo novos xogos para traballar distintas habilidades de lóxica matemática. E claro, como cada vez sabemos máis cousas, os xogos vanse complicando e como podedes ver os nenos están totalmente entregados.

Xa casi non nos acordamos porque pasou fai moito tempo, pero tamén fixemos os regalos do Día da Nai. Uns lapiceiros con forma de ourizo, e por suposto, con todas as cores do arco da vella. Foi tan bonito facelos como entregalos como agasallo as familias.

E xa para rematar, surxiron unha chea de actividades que non esperábamos, pero que tamén foron do máis interesantes. Miramos a través do microscopio unha mostra recollida polos alumnos de 6º, animamos aos nosos compañeiros e compañeiras de primaria durante as actividades de Deporte Escolar, visitamos a nova biblioteca e aprendemos como utilizar os distintos espazos, o profe Paulo ensinounos a trepar polo rocodromo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º leron poesía para nós... Podese dicir que foi un mes ben completo!

(2022-2023) Remata un novo curso. Vémonos en setembro.

Agora que remata o curso 2022-2023, chega o momento de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e que non estarán na nosa aula o vindeiro curso.

       

O vindeiro curso teremos novos compañeiros e compañeiras, que se unirán á nosa aula. Pero ata entón queremos desexarvos un fantástico verán.

   

Grazas ás familias pola súa colaboración ao longo deste tempo.

Vémonos en setembro!!

  

  

(2022-2023) Antes de rematar o curso, tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Nas primeiras semanas do mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Recolleitamos as nosas cenorias. Despois do moito que as coidamos ao longo das semanas, conseguimos unha colleita enorme. 

   

Cada un de nós pudo levar unha chea delas para casa. De seguro que estarán boísimas.

 

     

Rematamos o noso dicionario xigante, e os nosos dicionarios individuais (que xa levamos para casa), coas palabras favoritas elixidas entre todos e todas.

   

Preparamos a exursión ao Grove, que xa vos contamos nunha entrada anterior. 

     

Traballamos nocións temporais e espaciais cos Ozobots, uns dos robots que temos na aula. 

   

Creamos os boletíns de auto-avaliación "As novas da escola", que xa tedes nas vosas máns, onde reflexionamos sobre todo que sucedeu ao longo deste terceiro trimestre.

  

Participamos co noso vídeo sobre a contaminación no "Cervi Fest", organizado no Centro, que xa che amosamos na entrada correspondente, sobre o noso proxecto de investigación e traballo.

     

Participamos nunha sesión de contacontos fantástica...

   

... e en varios obradoiros, nos últimos días do curso. 

     

Buscamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o Colexio, despois de camiñar ata San Antoniño; un tesouro escondido seguindo as pistas e superando "retos emocionais".

   

    

Despedimos aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e aos de sexto que estarán o vindeiro curso no instituto, na celebración da "graduación".

Cun baile no que participamos todos e todas... 

   

... e recibindo un agasallo de despedida. 

    

Velaquí tedes o vídeo que amosamos para despedirnos de infantil.

(2022-2023) Rematamos o noso proxecto de investigacións sobre os coches e os camions. Xa podes ver o dosier individual.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

08/06/23: (2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos? 

  

Tal como xa vos contamos anteriormente, e que podes ver nas entradas publicadas anteriormente, tan só nos quedaba por rematar o dosier individual da investigación, onde cada quen plasmaría todo o que descubrimos na nosa investigación sobre os coches e os camións.

Ao longo dos días fomos completando cada unha das partes do mesmo.

    

Nalgunhas ocasións lembrado, tras un diálogo, as respostas que atopáramos e noutras consultando mural da investigación, que contiña tódalas repostas.

O propio lap-book e o vídeo, elaborados como produtos finais do mesmo, serviron tamén para lembrar todo o que aprendéramos.

   

Despois de varias semanas por fin rematamos os dosieres, xunto a tempo de poder levalos para as nosas casas, e dar por rematado o proxecto de investigación.

       

Agora tan só nos queda pegar o mural da investigación no corredor, para que todo o mundo poida velo e consultar o que descubrimos.

     

Así quedou o dosier da investigación, unha vez rematado. Velaquí un exemplo do mesmo.

(2022-2023) Celebramos os últimos aniversarios do curso: mes de xuño e verán

No mes de xuño, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumprían anos neste mes, ou nos meses de vacacións, cando non sería posible celebrarlos lo no colexio.

Por esa razón, nesta última celebración do curso, os homenaxeados e homenaxeadas eran unha chea.

Coa axuda de todos e todas prepararon unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras das súas aulas, preparáronlle as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas. Tamén decoraron a súas coroas de aniversario.

    

Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a tarta seguindo os pasos da receita elixida. 

      

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

     

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleanos feliz" e "parabéns para ti".

Así o fixeron os compañeiros e compañeiras que cumprían 5 anos.

     

E así o compañeiro que cumpría 6 anos, neste caso en verán.

 

    

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

    

Estaba boísima!!!

       

Rematamos esta última festa con zume, algunhas patacas fritidas e gusanitos.

   

(2022-2023) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A Galiña Azul"

Despois de varios cursos sen poder facelo, por mor das restriccións pola "pandemia da COVID-19", por fin este curso puidemos volver a recibir a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estarán o vindeiro curso nas nosas aulas.

Preparámoslle uns marcos de agasallo días antes da súa visita, que tiñamos anotada no noso calendario oline.

 

 

Cada un dos equipos de cada unha das dúas aulas, foi creando un marco para o "neno/a", que estaría con eles e elas o día da visita. 

 

     

Cando por fin chegou o gran día, o primeiro que fixemos, tras recibilos foi facernos unha foto de grupo todos xuntos e xuntas. E reencontranos coas nosas profes de cando eramos "máis pequenos".

 

        

Na biblioteca, os compañeiros e comapañeiras de 1º e segundo, tíñanlle preparada unha sorpresa fantástica, organizada pola profe Zaira... un conto fantástico, ademais de regalarlle un ratiño de la, que fixeran eles/elas mesmos/as.

         

De volta nas aulas, xa por equipos, pegamos a fotografía de grupo e decoramos o marco con pegatinas, xunto cos futuros compañeiros e compañeiras, para que puidesen levalo o máis bonito posible.

     

Sen esquecernos de escribirlle detrás o nome de cada un, para que non se mesturaran.

      

Xa co marco rematado, chegou o momento de xogar todos xuntos e xuntas no patio.

     

Pasámolo xenial... As profes da "Galiña" convidáronnos a uns "pauciños de pan", que compartimos  entre todos e todas.

 

     

E finalmente chegou o momento da despedida... verémonos despois do verán, cando sexades compañeiros e compañeiras de Infantil 1 e Infantili 2.

     

Grazas pola visita, o curso que ven repetirémola de novo.

   

(2022-2023) Visitamos a aldea Grobit, o acuario e viaxamos en barco na nosa excursión ao Grove

O 12 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, viaxamos ata O Grove na excursión de fin de curso, en xornada de mañá e tarde.

A primeira hora montamos no autobús, e comezamos a nosa viaxe para chegar ata o Grove.

  

Cando chegamos ao porto do Grove, xa estaba agardándonos o barco (catamarán), no que íamos facer unha viaxe pola ría de Arousa.

   

Puidemos ver algún golfiño, as bateas, gaivotas e... ata o fondo mariño.

      

Cando baixamos do barco, chegou o momento facer unha parada para tomar a merenda, antes de encamiñarnos ao noso seguinte destino.

   

O autobús levounos ata a Illa da Toxa, onde despois de camiñar un anaco, chegamos ata a máxica "Aldea Grobit", onde había unhas casas moi curiosas e columpios.

    

Chegada a hora, comimos a nosa comida de modo autónomo, dentro da propia aldea...

 

      

No camiño de volta ata o autobús, para poder viaxar ata o acuario, atopámonos con varios burros que vivían por alí.

    

Xa no acuario, coñecimos a Yara, a que sería a nosa guía durante a vista.

 

  

Fomos percorrendo as diferentes salas, aprendendo unha chea dos peixes, e outros animais mariños que había no acuario.

 

  

Ata nos atopamos cos peixes paiaso, ciruxáns, cabaliños de mar... e ata pirañas. Incluso puidemos tocar unha estrela de mar.

   

E, por suposto, puidemos ver algún tabeirón, o que estabamos desexando desde que chegamos.

    

E deste xeito, rematamos a nosa visita ao acuario e montamos novamente no autobús para voltar ao colexio, onde nos estaban a agardar as nosas familias. 

  

Pasámolo xenial, divertímonos moitísimo e aprendimos unha chea.

    

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.