Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

PFPP - Seminario 1

Dispoñibles os documentos de traballo que empregaremos na primeira reunión

Reunión 1: martes 26 de novembro.

Tan só tes que acceder ó apartado "documentos" do apapartado "seminario do P.F.P.P.) e atoparedes varias presentacións en formato odp (impress de openoffice-libreoffice), así como outros documentos adicionais de interese.

 

O 26 de novembro da comezo o seminario, o 28 temos a primeira docencia

Tal como podedes ver no calendario (podes descargalo no botón calendario do apartado PFPP - seminario) para este mes de novembro, as datas de reunión do noso seminario sobre "proxectos de traballo e investigación" son:

- martes 26 de novembro:  primeira reunión do seminario

- xoves 28 de novembro: ponencia a cargo de María del Pilar González Mato (experiencias reais de proxectos de traballo nas aulas de primaria)

A esta docencia poden asistir aqueles interesados aínda que non formen parte do seminario.

No calendario que antes comentaba tedes unha previsión completa de datas previstas para todo o seminario.

Dispoñibles seccións co calendario de reunións, estructura do dossier, docencias e na aula

No apartado P.F.P.P. (seminario) deste web (páxina anterior a esta) na parte superior atoparás dous botóns, que permiten acceder a esta información:

a) calendario de reunións e docencia: nel poderás descargar un pdf actualizado coas datas previstas de reunión e as datas de docencia. Debido a que este calendario pode variar segundo as decisións que adopte o grupo de mestres/as participantes, o calendario será actualizado periódicamente.

b) dosier dos proxectos de traballo: neste apartado o coordinador do seminario, irá publicando diferentes documentos pdf descargables, coas reflexións, técnica e dinámicas que se tratarán nas diferentes reunións. Como resultado final crearemos un dossier que percorra tódalas etapas dos proxectos de traballo, facendo un compendio, en cad unha delas das diferentes técnicas e dinámicas que se poden empregar.

Este dosier formará parte do material que se entregue ó finalizar o seminario, xunto coa memoria final.

c) documentos: Neste apartado colgaranse aquela documentació que aporten os diferentes ponentes que acodan ó seminario, así como aquela que empreguemos nas diferentes reunións de traballo.

d) na aula: neste apartado iremos engadindo ligazóns á exemplos reais dos proxectos que imos a levar a cabo nas nosas aulas, daqueles que se atrevan a publicar na web a evolución do seu proxecto de traballo na ula.

Publicada a proposta de resolución definitiva da concesión dos P.F.P.P. para o curso 2013-2014

O noso P.F.P.P. figura como concedido na proposta de resolución definitiva, que podes descargar na seguinte ligazón.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/adver...

 

Documentos descargables

Convocatoria dos P.F.P.P. para o curso 2013-2014

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/adver...

 

Documentos  descargables varios ó pe de páxina:

Portadas e imaxes de COMBAS  e o seminario.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.