Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

PFPP - Seminario 1

Dispoñible a documentación que empregaremos na reunión do seminario do xoves 15 de maio

Nesta penúltima reunión do seminario (xoves 15 de maio desde as 16:00 h) trataremos os seguintes temas:

  •  A avaliación dos proxectos de traballo, un exemplo real.
  • Organizaremos a xornada de xuño adicada á prehistoria no centro e remataremos o traballo que nos queda por facer no corredor, etc...
  • Plantexaremos alternativas a como enfocar o P.F.P.P. de cara o vindeiro curso.

Como sempre xa tedes no apartado DOCUMENTOS, a presentación e documentos que empregaremos nesta sesión de traballo do seminario.

Dispoñible a documentación que empregaremos na próxima reunión do seminario e novas partes do dossier

 

 

Na vindeira reunión do seminario continuaremos coa análise das fases dun proxecto, afondando en dúas novas fases dun proxecto de traballo e investigación:

  • investigando
  • que facemos co descuberto: creando productos sociais relevantes (productos finais)

 

 

Xa tedes dispoñibles no apartado DOCUMENTOS da sección do seminario da web, a presentación que empregaremos como referencia e un exemplo dun mapa conceptual de tarefas, actividades e exercicios da U.D.I. da prehistoria de Educación infantil (que será empregada durante o traballo coa fase de investigación)

Podes acceder a toda esta documentación directamente desde aquí.

 

Como tras cada reunión, tedes tamén dispoñibles os borradores dos novos apartados do dossier sobre o traballo por proxectos, que estamos a elaborar coas aportacións que facemos nas diferentes reunións. Nesta ocasión xa están dispoñibles en pdf: onde buscamos a información?  e como nos organizamos?

Podes atopalos no apartado "dossier" da sección destinada ó seminario, ou directamente desde aquí.

Como sempre podedes facer chegar ó coordinador as aportacións que teñades para incluilos nos mesmos.

Dispoñible a documentación que empregou Rosa Fiel na ponencia sobre traballo cooperativo

Podedes atopar unha ligazón a un blogue onde atoparás a documentación que empregou Rosa Fiel na súa ponencia, atoparala no apartado documentos

Creado novo apartado sobre o proxecto de centro "A prehistoria"

Dentro do apartado "Proxecto do seminario", atoparedes unha nova sección chamada PREHISTORIA,  onde xa podedes ver a estructura de "productos finais acordada" así como diferentes recursos para empregar nos proxectos de cada ciclo/aula.

 

 

 

Dispoñible presentación e vídeos da ponencia de Pastora Astray Mochales

Podes atopar a presentación e os vídeos empregados na ponencia no apartado "documentos", tan só tes que buscar o nome da ponente "Pastora Astray Mochales", para atopar toda a información.

A presentación está subida en formato pdf dentro da zona privada da web, polo que só poderedes vela e descargala se accededes co voso usuario e contrasinal.

Os vídeos, que se atopan en youtube, son públicos. 

Dispoñible manual para a creación de blogs en blogger

Por se lle é de utilidade a alguén aquí tedes unha serie de manuais sobre a creación e xestión de blogs en BLOGGER, se ben a nosa web xa conta con blogs propios, sempre é intersante saber como facer un blog para outras finalidades.

Accede ós manuais desde aquí.

Dispoñibles na aula virtual do centro no apartado profesorado.

 

 

Dispoñible manual para o uso de SymbalooEDU unha forma sinxela e visual de levar á aula ligazóns web

Pode ser interesante para organizar as ligazóns que imos empregar como fonte de informacion nun proxecto, e poder ser usado polos alumnos na aula.

Podes descargar este manual na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/moodle/course/view.php?id=32&username=guest&password=guest

 

Engadido documento colaborativo para aportar fontes de información ó proxecto de traballo sobre "como se educa no mundo"

No apartado  "Proxecto do seminario" atoparedes un novo documento colaborativo no que aportar diferente información (ligazóns a documentos) para empregar no noso proxecto de investigación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1633

Xa está dispoñible o "espazo colaborativo online" para o noso proxecto de traballo: "como se educa no mundo"

Tal como se acordara na última reunión do seminario, accedendo ó apartado do P.F.P.P. - seminario desta web, atoparás este novo botón na parte superior que da acceso ó espacio online creado para o noso proxecto de investigación "Como se educa no mundo", que decidimos levar a cabo.

 

Neste espazo atoparás varios documentos colaborativos online (google drive - google docs), nos que podes escribir libremente para facer as túas aportacións. 

 

Como sempre podes acceder ó apartado P.F.P.P. desde o botón lateral desta web, ou directamente nesta ligazón.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1555

 

Xa dispoñibles as presentacións que empregaremos na terceira reunión do seminario.

No apartado documentos atoparedes as presentacións que imos empregar para a reflexión e debate na próxima reunión do seminario (a terceira). No mesmo apartado tamén está dispoñible ó acceso ó blog da ponente da segunda sesión do seminario.

No apartado calendario tedes tamén o calendario actualizado coas datas de ponencias e ponentes definitivos que xa confirmaron a súa participación.

Accede ó apartado do PFPP -seminario proxectos- desde o boton na parte lateral esqueda da web.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.