Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2023-2024) Creamos uns xogos rupestres e participamos nun obradoiro organizado polo PAAR, no día europeo da Arte Rupestre

Neste mes de outubro tería lugar o "Día europeo da Arte Ruprestre", polo cal o "Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro" (PAAR), propúxonos participar nun obradoiro que tería lugar no colexio o día 10. Así o marcamos no noso calendario online para non esquecernos.

   

Pero antes de participar no obradoiro, tiñamos que crear as "vesións rupestres" de tres xogos de mesa: un xogo de memoria (Memory), o Dobble e o Lince.

Despois de descubrir que era o PAAR, os petroglifos e outros elementos da arte rupestre, estabamos listos para poñernos mans á obra.

    

O primeiro foi lembrar as normas dos tres xogos e xogar con eles para descubrir o seu funcionamento. Deste xeito xa poderíamos facer unha versión rupestre dos mesmos.

   

Coas ideas claras, puxémonos mans á obra para crear as tres versións dos xogos, buscando e internet, imprimindo e escollendo as diferentes imaxes "rupestres" que levaría cada un deles.

    

Traballando todos e todas xuntos/as, chegando a acordos e repartíndonos o traballo, demos conta de tan ambicioso obxectivo.

    

Cos tres xogos xa listos, só nos restaba escribir entre todos e todas o nom de cada xogo para pegarllo na súa caixa, e así poder identificalos.

 

    

Non podíamos esquecernos de redactar as instrucións de cada un dos xogos, onde explicamos como poder usalos.

   

Novamente, colaborando entre todos e toas demos conta do recado.

   

E así de fantásticos quedaron os tres xogos "rupestres" unha vez rematados.

   

Usando estes xogos, xunto a todo o que están a elaborar o resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, a proposta do PAAR, crearemos algo "fantástico nos vindeiros meses". Como é unha sorpesa....  non podemos contarvos nada polo momento ;)

   

Obradoiro organizado polo PAAR:

Cando chegou a data que tiñamos sinalada no calendario online, tal como vos contamos anteriormente, participamos nun obradoiro "rupestre" oganizado polos traballadoes e traballadoras do Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro.

   

Pasámolo xenial, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

Moi pronto xa vos contaremos o que imos facer cos "xogos rupestres", como sempre poderedes lelo neste mesmo blog.

  

(2023-204) Xa temos novas normas da aula... así as acordamos e refixemos

Despois de todo traballo que fixemos nos primeiros días de curso, que podes ver na seguinte entrada, chegou o momento de acordar e refacer as normas da aula:

  

O primeiro que fixemos foi ir anotando as normas que pensabamos necesitar, todo aquilo que si podemos facer no colexio e o que non debemos.

         

Por equipos pintamos tantos cadrados de cores como normas escribíramos, o difícil foi pintar sen "entrar" no cadrado do compañeiro ou compañeira, pero traballando de forma coordinada e dialogada démolo conseguido.

   

Dramatizamos cada unha delas para poder ter unha fotografía na que, como actores, se contase cada norma.

    

Pegamos cada unha das fotografías, dramatizando as normas, en cada un dos cadrados que pintaramos.

   

Escribimos debaixo de cada unha delas, o texto que acordáramos para cada norma, separando as diferentes palabras cando era necesario. 

      

Entre todos e todas demos rematado o noso novo panel de normas, para este curso, en Infantil 2.

 

    

Puxémolas no lugar no que estaban as normas acordadas no curso anterio, agora xa podemos consultalas sempre que queiramos ou necesitemos.

     

Reproducimos as mesmas normas "en pequeno", para poder levalas para casa, e contarllas ás nosas familias. 

 

Había que pegar cada imaxe no cadrado de cor que lle correspondía, tal como figuraba no "gran panel das normas".

Fixándonos na orde, e na cor de cada unha, tamén o demos conseguido. 

      

Tan só faltaba engadirlle o texto que se correspondía con cada unha delas.

  

Por fin estaban listas para poder levalas ás nosas casas.

    

   

(2023-2024) Así nos foi nos primeiros días do curso en Infantil 2... queres ver todo o que fixemos?

Durante estas dúas primeiras semanas do curso, sucedeu todo isto en infantil 2. Como podes ver fixemos unha chea de cousas:

Exploramos os recantos da aula cos novos compañeiros e compañeiras

  

Sen esquecernos do patio, por suposto.

   

Creamos novas bandexas para merendar, para o que cada quen tivo que "buscar" a imaxe do que quería pegar na mesma, imprimila e pegala na súa bandexa.

   

Así de fantásticas nos quedaron, e xa puidemos estrenalas para verificar "a súa calidade" ;)

 

   

Creamos os "carnets QR" de cada un de nós, que empregaremos para facer "unha chea de cousas" ao longo da xornada: rutinas do encargado, préstamo da biblioteca... (Descobre todo o que facemos con este carnet desde aquí

      

Por quendas fomos levando a cabo as rutinas do encargado ou encargada... É unha grande responsabilidade posto que ten que levar a cabo unha chea de tarefas ese día ;)

    

Cambiamos a foto de grupo, que tiñamos na porta, por unha onde saían tamén os novos compañeiros. Por suposto cos nomes de todos nós.

   

Tamén levamos a mesma foto decorada para as nosas casas, na cartolina da cor que cada quen escolleu.

   

Completamos o "horario semanal" deste curso, con imaxes dos mestres e mestras que veñen cada día, ou con iconas identificativas. Deste xeito nas nosas casas saberemos que "nos toca" ese día antes de vir ao "cole".

   

Retomamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos cada venres para as nosas casas. Tivemos que axudarlles aos novos compañeiros a facelo, ata que aprendan a facelo eles pola súa conta;)

    

Amosamos aos novos compañeiros tódalas dependencias do colexio, ás que iremos ao longo do curso. Xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, fomos seguindo unhas pegadas cada día, para atopar as pezas dun puzzle.

    

Cada día, as pegadas levávannos ata un lugar diferente do colexio, onde atopamos diferente pezas dun puzzle, nas que saían as nosas caras. 

 

   

Co paso dos días démolo completado.

   

Antes de que remate o mes de setembro, aínda nos quedan por reelaborar normas da aula, facer os novos equipos cooperativos e moito máis.

Poderedes descubrilo todo, nas sucesivas entradas que iremos publicando neste blog.

    

(2023-2024) Xa estamos todos e todas aquí... comezamos un novo curso

Comezamos un novo curso en INFANTIL 2, dando a benvida a dous novos compañeiros.

Queres saber quenes estaremos este curso nesta aula? Podes descubrilo de seguido:

KARINA  ÓSCAR (PROFE)  CARLOTA   NORA    BREIXO   ELOY

JESÚS    XOEL     JOEL    MARTIÑO. 

   

Nas vindeiras remanas xa vos iremos contando tódalas aventuras nas que nos imos meter ao longo deste curso.

Agardamos visites este blog, a miúdo, para descubrir todas elas.

   

    

(2022-2023) Remata un novo curso. Vémonos en setembro.

Agora que remata o curso 2022-2023, chega o momento de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e que non estarán na nosa aula o vindeiro curso.

       

O vindeiro curso teremos novos compañeiros e compañeiras, que se unirán á nosa aula. Pero ata entón queremos desexarvos un fantástico verán.

   

Grazas ás familias pola súa colaboración ao longo deste tempo.

Vémonos en setembro!!

  

  

(2022-2023) Antes de rematar o curso, tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Nas primeiras semanas do mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Recolleitamos as nosas cenorias. Despois do moito que as coidamos ao longo das semanas, conseguimos unha colleita enorme. 

   

Cada un de nós pudo levar unha chea delas para casa. De seguro que estarán boísimas.

 

     

Rematamos o noso dicionario xigante, e os nosos dicionarios individuais (que xa levamos para casa), coas palabras favoritas elixidas entre todos e todas.

   

Preparamos a exursión ao Grove, que xa vos contamos nunha entrada anterior. 

     

Traballamos nocións temporais e espaciais cos Ozobots, uns dos robots que temos na aula. 

   

Creamos os boletíns de auto-avaliación "As novas da escola", que xa tedes nas vosas máns, onde reflexionamos sobre todo que sucedeu ao longo deste terceiro trimestre.

  

Participamos co noso vídeo sobre a contaminación no "Cervi Fest", organizado no Centro, que xa che amosamos na entrada correspondente, sobre o noso proxecto de investigación e traballo.

     

Participamos nunha sesión de contacontos fantástica...

   

... e en varios obradoiros, nos últimos días do curso. 

     

Buscamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o Colexio, despois de camiñar ata San Antoniño; un tesouro escondido seguindo as pistas e superando "retos emocionais".

   

    

Despedimos aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e aos de sexto que estarán o vindeiro curso no instituto, na celebración da "graduación".

Cun baile no que participamos todos e todas... 

   

... e recibindo un agasallo de despedida. 

    

Velaquí tedes o vídeo que amosamos para despedirnos de infantil.

(2022-2023) Rematamos o noso proxecto de investigacións sobre os coches e os camions. Xa podes ver o dosier individual.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

08/06/23: (2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos? 

  

Tal como xa vos contamos anteriormente, e que podes ver nas entradas publicadas anteriormente, tan só nos quedaba por rematar o dosier individual da investigación, onde cada quen plasmaría todo o que descubrimos na nosa investigación sobre os coches e os camións.

Ao longo dos días fomos completando cada unha das partes do mesmo.

    

Nalgunhas ocasións lembrado, tras un diálogo, as respostas que atopáramos e noutras consultando mural da investigación, que contiña tódalas repostas.

O propio lap-book e o vídeo, elaborados como produtos finais do mesmo, serviron tamén para lembrar todo o que aprendéramos.

   

Despois de varias semanas por fin rematamos os dosieres, xunto a tempo de poder levalos para as nosas casas, e dar por rematado o proxecto de investigación.

       

Agora tan só nos queda pegar o mural da investigación no corredor, para que todo o mundo poida velo e consultar o que descubrimos.

     

Así quedou o dosier da investigación, unha vez rematado. Velaquí un exemplo do mesmo.

(2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

   

Unha vez rematada a fase de investigación, que podes ver nas entradas antes mencionadas, chegou o momento de convertir todos eses descubrimentos, nos produtos finais que nos plantexaramos ao comezo da investigación:

  • Crear un Lap-book sobre o descuberto dos coches e os camións.
  • Crear un vídeo-documental sobre o descuberto en canto á contaminación dos coches e dos cambios, e as alternativas para evitala.

Así creamos o noso Lap-book, onde contamos todo que descubrimos na investigación, respostando ás preguntas pantexadas, e partindo o que xa coñecíamos.

   

Pouco a pouco fomos creando cada unha das partes do mesmo, ata que demos rematado co traballo

 

   

Dentro do lap-book, ademais dos tipos de coches e camións, tipos de coches segundo o seu "combustible", e explicar o que é un taller... tamén incluímos o noso propio carnet de conducir; agora que xa sabemos como se pode conseguir un.

   

Os nosos Lap-book, xa rematados, quedaron así de fantásticos:

   

    

O outro dos productos finais era crear un "documental" sobre a contaminación dos coches de combustión, e as solucións que se nos ocurrían para evitala. Este vídeo está tamén no noso lap-book, cun código QR, para poder velo cando queiramos.

Despois de acordar o que diríamos, depois de todo o que descubrimos, e quen o diría, gravámonos diante dun chroma verde.

       

Cada quen foi escollendo que poñer no fondo verde da súa parte, que tivera relación que que dicía e, entre todos e todas, que textos (títulos) engadir, así como a música que debería aparecer cando fose necesario.

   

Este documental sobre a contaminación, unha vez rematado, quedou a así de xenial:

       

Estamos aínda dando os últimos retoques ao dosier da investigación, onde estamos a reflectir todo o descuberto, que xa temos no mural da investigación, e que levaremos para casa nos vindeiros días.

Deste xeito remataremos este proxecto de traballo e investigación, contarémosvolo moi pronto neste mesmo blog.

        

   

(2022-2023) No mes de maio tamén sucedeu todo isto

Durante o mes de maio, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

28/05/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio 
11/05/23: (2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo? 
08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final. 

    

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

     

Continuamos a usar o composteiro do colexio, cos restos das nosas merendas.

     

O "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais están a punto de estar completos, coas nosas palabras favoritos.

     

cabana de bimbios xa está chea follas... xa podemos entrar nela e usala.

    

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

     

Celebramos o día das Letras Galegas, facendo un mural de libros en galego (de autores homenaxeados nesa data), para presentalo no día "de Lecturas na Carballeira"

  

   

Comeza os a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, unha nova "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

   

Fixemos un "ourizo lapiseiro" como regalo para as nosas nais.

   

 Continuamos a coidar as cenorias  que plantaramos no invernadoiro. Fomos regándoas ao longo dos días, xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, e ... puxéronse enormes

    

Antes de rematar o curso, no mes de xuño, teremos moito que contarvos, como sempre neste blog.

   

(2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo?

No mes de abril, un novo experimento foi o que nos fixo pensar e dialogar sobre o que se podía facer cun vaso, cun cartón e auga... cada quen plantexou as súas hipóteses do que se podía facer e que sucedería.

 

Cada un dos equipos, empregou o diálogo, para chegar ao acordo de como levar a cabo o experimento, participando todos e todas. O cartón quedaba pegado e a auga non caída do vaso.

   

Puxéronse mans á obra para seguir os pasos do mesmo e conseguiron repetir o resultado.

 

      

O equipo CABALO, encargado de grabar o video explicativo deste experimento, creou o panel de materiais para usar no mesmo. Tamén acordou as funcións de cada un e que dirían para explicar o experimento.

   

Así de xenial quedou o noso vídeo contando como facer este experimento. Que che parece?

      

Plasmamos este último experimento do curso no noso caderno de campo.

     

Avaliamos o traballo en equipo usando os paneis de "auto-avalición figuroanalóxica", acordando entre os e as integrantes do equipo que "cariñas poñer".

     

Podes ver os anteriores vídeos que creamos,  de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2022-2023

  

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.