Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2021-2022) Celebramos o día da actividade física, participando nun roteiro pola natureza

O 6 de abril celebrábase o "Día Mundial da actividade física" e, ademais, nesa mesma semana tería lugar a conmemoración do día a árbore.

Por esa razón participamos nun roteiro pola contorna natural do colexio, no que aproveitaríamos para buscar árbores diferentes, e co o seu nome.

Días antes do roteiro visualizamos o percorrido no mapa interactivo, anticipándonos a todo o veríamos no camiño.

    

Con esta información creamos o noso propio mapa, para non perdernos polo camiño, no que sinalamos os lugares máis relevantes que teríamos que localizar no roteiro.

 

   

Con todo preparado, por fin chegou o día de levar a cabo o roteiro. Todos e todas preparados para saír!

     

Seguindo as instrucións do mapa fomos percorrendo a ruta...

   

 

... e descubrind diferentes árbores polo camiño. 

Incluso unha, preto da Galiña Azul, que non recoñecimos. Como se chamaría?

O roteiro continuou polo monte.

    

Uns minutos para repoñer forzas coa merenda, tendo coidado de non deixar ningún resto nin lixo na natureza.

  

    

Os compañeiros de primeiro e segundo, que percorrían outra ruta, viñan tan rápido que os deixamos pasar entre "aplausos".

    

Xa de volta no colexio, envíamos un e-mail aos compañeiros e compañeiras da Galiña azul, para preguntarlles como se chamaba a árbore que tiñan no patio, e que non recoñecimos.

    

Podes ver a participación neste roteiro, de tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, na seguinte entrada:

(2021-2022) Ruta de sendeirismo polo día Mundial da Actividade Física

  

(2021-2022) No mes de marzo sucedeu tamén todo isto en infantil 2

No mes de marzo, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

01/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Traballamos con robots neste segundo trimestre 
25/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo 
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha" 
11/03/22: (2021-2022) Sabes que a vitamina C pode limpar a auga? Descúbreo no noso experimento. Contámoscho en vídeo. 
10/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Polo día internacional da muller (8M), descubrimos ás mulleres da nosa vida.

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:

O encargado continuou a levar a cabo as súas tarefas diarias, moitas delas dentro do "calendario online".

    

Continuamos a manter o noso composteiro, cos restos de lixo orgánicos.

       

As nosas leitugas continúan a medrar, gracias ós nosos coidados:

    

    

Participamos nun obradoido sobre as "conservas", dentro do programa "Aliméntate ben".

      

E degustamos o bocadillo de conservas que nos deron. Estaba boísimo!.

       

Xogamos a desenvolver os nosos pilares de pensamento, "xogando a pensar" a través dos diálogos. Usamos para elo vídeos, imaxes ocultas...

       

Continuamos a levar libros da biblioteca de aula, os venres, para as nosas casas. Rexistrámolos na aplicación online, para poder imprimiar a portada, e así pegala no rexistro individual en papel.

   

Novas palabras fóronse sumando ó noso dicionario xigante.

     

Descubrimos a un equipo de piragüistas, que viñeron a visitarnos. 

      

Participamos nun obradoiro de lingua de signos.

     

Coñecimos a un can guía, grazas a visita que nos fixeron os traballadores da ONCE.

  

   

Preparamos un regalo para os nosos pais.

Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.

   

(2021-2022) Traballamos con robots neste segundo trimestre

Durante este segundo trimestre continuamos a traballar con robots educativos nas aulas de infantil.

Xogamos co BEEBOT para explorar o noso corpo.

   

Tamén fixemos cálculos lóxicos, de orientación no espazo, para chegar ata a letra que interesaba en cada caso. 

     

Cun dado, pecorremos a recta numérica avanzando e retrocedendo, para chegar ó numero que tocase.

      

Facer percorridos con xiros, non foi tan difícil como pensábamos.

 

   

Descubrimos todo que podían facer os "OZOBOTS":

   

Percorrendo os camiños que debuxamos, e actuando segundo o código de cores que elexíamos das tarxetas.

   

Continuaremos a traballar con outros robots que temos na aula, nas vindeiras semanas. Irémolo contando en futuras entradas.

(2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo

No mes de marzo, CLAUDIA cumpliu 6 anos e ANA xa chegaba ós 4. Así que ó final do mes celebramos o seu aniversario, como facemos cada fin de mes.

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa das homenaxeadas en ámbalas dúas aulas:

  

Ata Karl, o noso auxiliar de conversa, quixo participar na súa creación.

    

Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, sopraron as candeas co número de anos que cumpría.

      

Podes velo de seguido:

(2021-2022) Recopilación de actividades de marzo

Menudo mes de marzo! Dende o Entroido levamos traballando sen parar, e entre unhas cousas e outras está a punto de terminar o mes... Queredes saber que é o que fixemos?

Despois dunha reñida votación no que baraxamos toda clase de temas: coches, patinetes, vacas, cans, búfalos... Ao final temos tema para o proxecto que vamos a levar a cabo na aula. E as gañadoras son... as focas! Nos próximos meses convertiremonos nuns expertos sobre esta temática, resolvendo semana a semana cada unha das preguntas sobre o que queremos aprender sobre estes animais que, como podedes ver nas fotos, encántannos!

Como xa e costume todos os meses, tamén fixemos un experimento que os nosos compañeiros e compañeiras de EI2 grabaron en video (que xa tedes dispoñible no seu apartado correspondente). A protagonista do experimento foi a vitamina C, que non so descubrimos que limpa a auga, senón que ademais falamos do importante que é para a nosa saúde.

Como ben saberedes os pais que esteades a ler isto, tamén fixemos os regalos do día do pai. Totalmente feito polos nenos e nenas: escolleron as palabras, as cores, a posición na que pegar todo... e o máis importantes, o fixeron con todo o agarimo do mundo! Divertímonos moito facéndoo, e tamén envolvéndoo, xa que ata o papel de regalo foi decorado polos propios alumnos e alumnas.

Tamén seguimos traballando diferentes conmemoracións diarias. Neste caso, celebramos o "Día da auga", experimentando con aspectos como a flotabilidade, o manexo de magnitudes de medida, os seus efectos sobre distintos materiais... Deste xeito vamos completando os nosos calendarios de celebracións mentres aprendemos unha cousa nova cada día.

E por último, pero non menos importante, estamos cultivando unhas leitugas que da gusto velas. Todos os luns e venres imos por parellas a regalas, e a verdade é que estamos moi impresionados co ben que está indo. Sen duda é un dos nosos momentos favoritos da semana!

(2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

   

Ó longo das últimas semanas, continuamos a atopar novas respostas ás preguntas que nos plantexáramos, no noso proxecto de investigación sobre os "cans salchicha".

Descubrimos todos e todas xuntos a resposta a un par das preguntas. Conseguímolo visionando os vídeos que tiñamos no recanto virtual da investigación, e nos libros e textos impresos do noso recanto da investigación da aula.

Agora xa sabemos que poden comer.

ç

       

Decindimos, e acordamos, como plasmalo no mural da investigación.

       

Tamén entre todos e todas, atopamos a resposta á pregunta: Como se comunican?, plasmándoo tamén no mural da investigación.

        

Noutras ocasións, atopamos as respostas ás preguntas traballando en equipos cooperativos.

O quipo Ironman-princesa investigou a pregunta: Que partes teñen? 

 

        

O equipo tartaruga foi o encargado de investigar: Que tipos hai?

         

O equipo "conejito" investigou as cores que podía ter:

 

   

Pola súa banda, o equipo "patrulla canina", descubriu como teñen que lavarse.

        

Todos os equipos acordaron como plasmalo no mural da investigación, para que os demais compañeiros e compañeiras puidesen sabelo tamén.

  

Fomos tamén rexistrando, como nos organizamos, anotando o número da pregunta que investigou cada un dos equipos.

      

Cada equipo, contoulle ó resto de compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Deste xeito xa todos e todas coñecen a resposta a estas catro preguntas.

      

Ó longo das vindeiras semanas, agardamos rematar esta investigación, para poder comezar a crear a nosa exposición e planificar a rodaxe do documental, que nos plantexaramos ó comezo do proxecto como productos finais.

   

Permanecede atentos a este blog para coñecer a evolución do proxecto de investigación.

    

  

(2021-2022) Sabes que a vitamina C pode limpar a auga? Descúbreo no noso experimento. Contámoscho en vídeo.

Este mes, na nosa aula fixemos un experimento con auga, iodo, vitamina C e arroz.

Que poderíamos facer con todo ese material?. Un por un fomos plantexando as nosas hipóteses:

  • Explotaría cando o mesturásemos.
  • Sairía por fora.
  • Cambiaría de cor.
  • Desaparecería.
  • etc...

 

Fomos seguindo os pasos do experimento, facéndoo entre todos e todas...

        

... ata que descubrimos que coa vitamina C se limpaba a auga e on arroz que estaba manchada de iodo. 

Fomos repetindo o mesmo experimento, seguindo o pasos, en cada un dos equipo cooperativos da aula.

     

En todos se repetiu o resultado observado, e confirmamos así a teoría que plantexaramos da primeira observación.

    

Chegaba o momento de contar o descuberto nun vídeo, que nesta ocasión nos correspondería a nós crealo. Preparamos o panel dos materais que precisaríamos e organizamos, quen diría cada parte, no noso vídeo.

     

Así quedou o vídeo unha vez rematado. Agora xa podes repetilo na túa casa, seguindo as instrucións que che contamos. 

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, daqueles que facemos na aula desde aquí.

Tan só nos restaba anotar as observacións nos caderno de campo individuais.

(2021-2022) Polo día internacional da muller (8M), descubrimos ás mulleres da nosa vida.

Para conmemorar o "Dia internacional da muller", pensamos en facer un mural no que estiveran presentes as "mulleres que hai nas nosas vidas".

Despois de escribir unha nota que levamos para casa, fomos recibido por e-mail as fotografías de todas elas, que fomos presentando os compañeiros e compañeiras.

   

Recortamos as fotografías...

       

... para ir completando o número "8" do noso mural, pegándoas no lugar que cada quen escollía, sempre dentro do número.

      

Para complear a letra M do noso mural (que se corresponde co mes de MARZO), como estabamos na semana da prensa, pegamos fotografías de mulleres que atopamos en noticias de xornais.

 

         

Unha foto de grupo co mural xa rematado, serviu como remate a esta homenaxe que quixemos facer ás "mulleres da nosa vida".

     

Agora, todas elas, comparten protagonismo e espazo coas "mulleres gañadoras do premio Nobel da paz", tal como xa vos contamos nesta entrada publicada anteriormente:  

01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas.

    

Así de xenial quedou o noso mural do 8M unha vez rematado, podes velo no seguinte vídeo:

   

  

(2021-2022) E ademais... en xaneiro e febreiro sucedeu todo isto en Infantil 2

Á volta das vacacións de Nadal, nos meses de xaneiro e febreiro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

01/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics" 
24/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro 
21/02/22: (2021-2022) Experimentamos coa capilaridade: A ponte de cores 
22/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Sementamos e coidamos leitugas no invernadoiro 
01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) - Queres saber como facer funcionar un reloxo con laranxas? Explicámoscho no vídeo do noso experimento do mes 
01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas. 
29/01/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

Tamén continuamos coa nosa investigación sobre os "Cans Salchica", da que publicaremos unha entrada moi pronto contándovos todo o que fomos descubrindo.

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:

O encargado de cada día seguiu a desempeñar as súas importantes funcións:

   

Engadindo unha nova rutina ás que desenvolve cada día, debuxarse no "calendario online"

      

Xogamos a crear palabras coas letras móbiles:

    

Máis palabras se foron sumando ó noso dicionario xigante.

   

Grazas a un dado decidimos "cantas" tiñamos que pegar no noso dicionario individual:

   

Continuamos a levar libros da biblioteca de aula, os venres, para as nosas casas. Rexistrámolos na aplicación online, para poder imprimiar a portada, e así pegala no rexistro individual en papel.

 

   

Encántanos xogar, de cando en vez, ós xogos de memoria

   

Reconstruímos, e volta mos a usar, os nosos buzóns de correo individuais; nos que podemos recibir cartas escritas polos nosos compañeiros e compañeiras. Os profes tamén teñen o seu propio buzón.

 

    

Afondamos nas nosas habilidades creativas pintando con témpera.

   

Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.

   

(2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics"

Por fin chegou a semana do Entroido, tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online. Contábamos cunha semana para seguir as instrucións de "Serafín o procoespín", e para deseñar, planificar e crear o noso disfraz de Súper López.

    

"SERAFÍN, O PORCOESPÍN, MANDA..."

Cada día da semana, de luns a xoves, Serafín mandounos traer posto algo "diferente". Cada grupo foi o encargado de propoñer o que "Serafín" pediría traer ó día seguinte.

Nós fomos os primeiros, e escollemos o seguinte:

   

Cada día, agardamos a que Serafín tivera posto o seu cartel, proposto polo resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, tal como fixeramos nós. Anotámolo cada día, nunha nota para levar ás nosas casas, e así non esquecernos. 

 

   

Os de infantil escollimos "traer perruca e gafas". 

   

Primeiro e segundo "un gorro, guantes e mandil".

 

  

Terceiro e cuarto propuxo traer "algo raras" (que nos interpretamos como roupa dos nosos pais)

     

E, finalmente, desde quinto e sexto pediron que cada quen trouxese posto un disfraz.

 

     

Cada día fomos completando un rexistro, con fotografías do grupo disfrazados, e escribindo un pé de foto a cada unha.  

 

     

          

DESCUBRIMOS, DESEÑAMOS E CREAMOS O DISFRAZ DE "SÚPER LÓPEZ"

Este curso todo o colexio iría disfrazado de "cómics" e a nós correspondeunos "Súper López", que xa o tiñamos nunha das bibliotecas de aula.

Habitualmente, ata a COVID-19, organizabamos un obradoiro coas nosas familias, para que viñesen a divertirse connosco na aula, facendo os disfraces, seguindo os pasos e instrucións que creáramos. Como non foi aínda posible que viñesen, tivemos que facelo sen a súa axuda. Agaradamos poder retomar estes divertidos obradoiros en canto sexa posible.

Despois ver unha curtametraxe onde saía Súper López, comentamos como nos parecía que era este "superheroe" tan peculiar. Tamén falamos de como facer un disfraz que nos permitise convertinos nel.

Acordamos e escribimos as partes que tería que ter o noso disfraz. Pensamos tamén que material iamos precisar para cada unha delas.

 

Unha vez tivemos claro o proceso de creación, redactamos unhas instrucións dos pasos que había que seguir para crear o disfraz. 

Entre todos e todas pegamos fotografías dos pasos a seguir, enumerámolos e escribimos unhas instrucións precisas para cada un.

E así quedaron, unha vez rematadas, as instrucións.

Xunto co modelo do disfraz xa rematado. Estaba todo listo para poñernos mans á obra.

    

Fomos seguindo os pasos, das instrucións redactadas, para ir creando as diferentes partes do disfraz:

   

De cando en vez voltamos a ler as instrucións para non perdenos ningún paso. 

Levamos a cabo tamén "probas de campo", para verificar que a capa non escapaba se íamos correndo como tolos ;) 

LISTOS PARA O DESFILE: "UN ENTROIDO... DE COMIC"

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado no calendario online, percorremos polo mapa virtual por onde tería lugar o mesmo, para non perdernos polo camiño, posto que seríamos os que iríamos diante de todo.

 

   

Creamos a nosa "pancarta" de Súper López, para que todos e todas os que viñeran a vernos, subesen quenes eramos.

 

    

Xa estaba todo listo para comezar o desfile... 

 

    

Fomos percorrendo as rúas do concelllo, xunto os demais compañeiros e compañeiras do colexio, nun desfile de Entroido "de cómic".

 

Paramos a saúdar os compañeiros e compañeiras da "Galiña azul", o antigo colexio dalgúns de nós, onde estaba algúns dos nosos irmáns e irmás agora e, onde se atopan algúns dos novos compañeiros e compañeiras do vindeiro curso.

   

Os "Súper López" foron saúdando ás familias e veciños que saían a vernos mentras desfilábamos. 

    

Por se te perdiches o desfile, podes ver o ben que o pasamos no seguinte vídeo.

    

E sí, por mor da COVID-19, tampouco houbo este ano festa degustando postres do Entroido... outra celebración que agardamos recuperar o vindeiro curso.

Podes atopar máis información sobre este desfile, a nivel de centro, na seguinte entrada:

(2021-2022) Celebramos un entroido “De cómic"    

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.