Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics"

Por fin chegou a semana do Entroido, tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online. Contábamos cunha semana para seguir as instrucións de "Serafín o procoespín", e para deseñar, planificar e crear o noso disfraz de Súper López.

    

"SERAFÍN, O PORCOESPÍN, MANDA..."

Cada día da semana, de luns a xoves, Serafín mandounos traer posto algo "diferente". Cada grupo foi o encargado de propoñer o que "Serafín" pediría traer ó día seguinte.

Nós fomos os primeiros, e escollemos o seguinte:

   

Cada día, agardamos a que Serafín tivera posto o seu cartel, proposto polo resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, tal como fixeramos nós. Anotámolo cada día, nunha nota para levar ás nosas casas, e así non esquecernos. 

 

   

Os de infantil escollimos "traer perruca e gafas". 

   

Primeiro e segundo "un gorro, guantes e mandil".

 

  

Terceiro e cuarto propuxo traer "algo raras" (que nos interpretamos como roupa dos nosos pais)

     

E, finalmente, desde quinto e sexto pediron que cada quen trouxese posto un disfraz.

 

     

Cada día fomos completando un rexistro, con fotografías do grupo disfrazados, e escribindo un pé de foto a cada unha.  

 

     

          

DESCUBRIMOS, DESEÑAMOS E CREAMOS O DISFRAZ DE "SÚPER LÓPEZ"

Este curso todo o colexio iría disfrazado de "cómics" e a nós correspondeunos "Súper López", que xa o tiñamos nunha das bibliotecas de aula.

Habitualmente, ata a COVID-19, organizabamos un obradoiro coas nosas familias, para que viñesen a divertirse connosco na aula, facendo os disfraces, seguindo os pasos e instrucións que creáramos. Como non foi aínda posible que viñesen, tivemos que facelo sen a súa axuda. Agaradamos poder retomar estes divertidos obradoiros en canto sexa posible.

Despois ver unha curtametraxe onde saía Súper López, comentamos como nos parecía que era este "superheroe" tan peculiar. Tamén falamos de como facer un disfraz que nos permitise convertinos nel.

Acordamos e escribimos as partes que tería que ter o noso disfraz. Pensamos tamén que material iamos precisar para cada unha delas.

 

Unha vez tivemos claro o proceso de creación, redactamos unhas instrucións dos pasos que había que seguir para crear o disfraz. 

Entre todos e todas pegamos fotografías dos pasos a seguir, enumerámolos e escribimos unhas instrucións precisas para cada un.

E así quedaron, unha vez rematadas, as instrucións.

Xunto co modelo do disfraz xa rematado. Estaba todo listo para poñernos mans á obra.

    

Fomos seguindo os pasos, das instrucións redactadas, para ir creando as diferentes partes do disfraz:

   

De cando en vez voltamos a ler as instrucións para non perdenos ningún paso. 

Levamos a cabo tamén "probas de campo", para verificar que a capa non escapaba se íamos correndo como tolos ;) 

LISTOS PARA O DESFILE: "UN ENTROIDO... DE COMIC"

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado no calendario online, percorremos polo mapa virtual por onde tería lugar o mesmo, para non perdernos polo camiño, posto que seríamos os que iríamos diante de todo.

 

   

Creamos a nosa "pancarta" de Súper López, para que todos e todas os que viñeran a vernos, subesen quenes eramos.

 

    

Xa estaba todo listo para comezar o desfile... 

 

    

Fomos percorrendo as rúas do concelllo, xunto os demais compañeiros e compañeiras do colexio, nun desfile de Entroido "de cómic".

 

Paramos a saúdar os compañeiros e compañeiras da "Galiña azul", o antigo colexio dalgúns de nós, onde estaba algúns dos nosos irmáns e irmás agora e, onde se atopan algúns dos novos compañeiros e compañeiras do vindeiro curso.

   

Os "Súper López" foron saúdando ás familias e veciños que saían a vernos mentras desfilábamos. 

    

Por se te perdiches o desfile, podes ver o ben que o pasamos no seguinte vídeo.

    

E sí, por mor da COVID-19, tampouco houbo este ano festa degustando postres do Entroido... outra celebración que agardamos recuperar o vindeiro curso.

Podes atopar máis información sobre este desfile, a nivel de centro, na seguinte entrada:

(2021-2022) Celebramos un entroido “De cómic"    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.