Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2022-2023) E ademais, no mes de setembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de setembro, nas primeiras semans deste curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

 

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Nos primeiros días axudamos ós novos compañeiros e compañeiras a descubrir todo o que podíamos facer na aula, establecendo novas relacións de amizade e complicidade con eles e elas.

 

    

Comezamos a levar a cabo as rutinas diarias da aula: lavado de mans, merendas, momentos de xogo, recoller o material... 

    

Creamos os nosos carnets QR, que empregaremos todo o curso para as rutinas do encargado, no calendario online, ou o préstamo de libros para casa coa aplicación online. Ambas podes atopalas no recanto de infantil desta mesma web.

      

Por quendas comezamos a completar as responsabilidades cando nos toca ser encargados: completar o calendario online, os rexistros da clase, darlle a comida á tartaruga "Raio", organizar a fila...

   

    

Creamos as nosas bandexas para a merenda, escollendo a imaxe que máis nos gustaba.

          

Organizamos o material da aula, aprendendo e lembrando como usalos e onde gardalos, para poder usalos todos e todas.

   

Cambiamos a foto de grupo que temos na porta, para incorporar ós novos compañeiros e compañeiras. 

   

Todos e todas asinamos na mesma, de seguro que nos sorprende ver os nosos nomes escritos "deste xeito", dentro dunhas semanas. 

      

E tamén creamos unha foto "máis peqena", para levar ás nosas casas, nas que escribimos o nome dalgún dos nosos "amigos e amigas" e "INFANTIL 2".

     

Comezamos a levar os venres, libros da biblioteca de aula para casa, usando os nosos carnets QR na aplicación online de préstamos; coa que podemos conseguir a portada, escribindo o número do libro...

   

... para usala logo no rexistro en papel. 

      

Finalmente tamén completamos un horario con "mini-fotos", dos mestres e mestras que veñen a nosa aula cada día.

    

Agora xa o temos nas nosa casas. Así podemos saber que sucederá cada día antes de vir ó colexio.

   

Nas vindeiras semanas continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula: como organizaremos os equipos cooperativos, que investigación queremos comezar, como participamos na festa do Samaín e do Magosto.

(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de setembro

Neste mes de setembro cumprían anos os nosos compañeiros CARLOTA e DIEGO, polo que elas serían os encargados, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula preparáronlle unhas camisetas de agasalo fantásticas.

     

As homenaxeadas escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración prepararon a súa a tarta seguindo os pasos da receita elexida. 

      

    

Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración.

    

Non sen antes soprar as candeas correspondentes.

    

    

As homenaxeadas foron repartindo a tarta entre os seus convidados.

       

Como fin de festa, gusanitos, patacas fritidas e zume.

Xa queda menos para  a seguinte celebración, a finais do mes de outubro.

(2022-2023) Acordamos as normas da aula: dramatizámolas para crear un panel con elas

Despois duns días na aula, adicamos unha semana a decidir e actualizar o "panel das normas" da aula.

O primeiro foi decidir, a través do diálogo entre todos e todas, cales son as "cousas" que sí podemos, ou non podemos, facer na clase.

Unha vez decididas, e dictadas ó profe, preparamos o panel das normas pintándoo con témpera por equipos. Tivemos que chegar a acordos para "non mesturar as cores" e coordinar os nosos movementos.

    

Co traballo rematado, e mentras secaba o panel, adicamos un anaco a limpar as mesas que empregaramos para pintar. 

 

     

Tamén tivemos que "dramatizar" cada unha das normas acordadas, tomando "unha fotografía de cada unha delas" para, unha vez imprimidas; poder ir pegándoas no panel de cores que pintáramos entre todos e todas.

Novamente tivemos que acordar, a través do diálogo, onde poñer cada unha delas, contándoas a medida que as engadíamos ó panel.

      

Coas fotos xa pegadas, o seguinte foi "escribir" o texto da norma que se correspondía a cada unha delas.

        

Así quedou o panel das normas unha vez rematado.

   

Para poder explicar as normas ás nosas familias, fixemos a nosa versión "individual" das mesmas, pegando as fotografías na mesma orde e cor, en que se atopaban no panel.

      

Pegando algúns textos, e escribindo outros, rematamos tamén o noso panel de normas individuais.

      

Agora xa temos as nosas normas, decididas entre todos e todas, listas para seren consultadas cando as precisemos.

      

   

(2022-2023) Damos a volta ó cole... nunha semana

Nos primeiros días deste novo curso, para que os novos compañeiros e compañeiras de infantil coñeceran o seu novo colexio, decidimos facer un percorrido polas diferentes dependencias do mesmo.

Cada día visitaríamos unha delas, onde nos regalarían unha pegatina, coa que completar o noso "pasaporte".

IMG_20220912_133147.jpg

Na radio escolar, estaba MARTA agardándonos para contarnos todo o que alí podíamos facer.

Pegamos a primeira pegatina que nos deu, no noso pasaporte...

IMG_20220912_133643.jpgIMG_20220912_133725.jpg

... que logo completamos cunha fotografía todos xuntos no lugar, escribindo o nome do mestre/a e da aula en cuestión. Faríamos isto cada día, cos diferentes lugares que fósemos visitando.

       

A profe BEA presentounos a clase de inglés, dándonos a súa correspondente pegatina.

 

ZAIRA ensinonos como funcionaba a Biblioteca. 

       

Dora lendo un libro, foi a pegatina que pegamos no pasaporte nesta ocasión.

 

        

Na aula de música, o profe JOSÉ LUIS fixo de anfitrión. Ademais de contarnos todo o que podíamos facer alí, tamén nos regalou unha nova pegatina para completar o pasaporte.

          

PAULO foi o encargado de ensinarnos o pavillón e de darnos a correspondente pegatina.

 

     

A última parada foi en "Usos múltiples", onde nós mesmos tivemos que atopar as pegatinas que alí se atopaban. Os noso profes, PAULO e ÓSCAR, comentáronnos todo o que faríamos alí ó longo do curso.

   

Deste xeito, en 5 días, "completamos a viaxe para dar a volta ó cole". Temos o noso pasaporte para demostralo!.

Tan só quedaba levalo para as nosas casas, e poder contarlles ás nosas familias, todo o que sucederá en todos eses lugares ó longo do curso.

(2022-2023) Xa estamos aquí de novo. Queres coñecer aos novos compañeiros e compañeiras?

Rematadas as vacacións de verán, e despois de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marcharon a primeiro; damos a benvida aos catro novos amigos e amigas, que vivirán connosco unha chea de aventuras.

Un saúdo para todos de :

GERMÁN - BREIXO - NORA - JOEL -  CARLOTA - VALERIA - XOEL - ELOY  -  KARINA  - VALENTINA  e do profe ÓSCAR

  

Nos vindeiros días comezarmos a contarvos todo o que suceda na nosa aula de Infantil 2... permanecede atentos a este blog.

    

(2021-2022) E así é como rematamos o curso, estas son as nosas actividades de xuño!

Ola a todos e todas! Vamos coa última entrada de este curso, na que faremos un breve resumo de todo o que sucedeu ao longo deste mes de xuño. Algunhas das actividades, como o experimento, xa as teredes visto compartida no apartado de educación infantil; e outras aínda non. De todolos xeitos, recordarvos que para ver todas as fotos relacionadas con estas actividades podedes visitar a galería fotográfica, onde hai fotos de absolutamente todos os nenos e nenas traballando e xogando na aula. E agora si que si, comezamos!

O experimento ao que nos dedicamos este mes, foi o dos osiños mutantes. Para facelo utilizamos osiños de gominola, zume de limón, bicarbonato, auga e xabón. Primeiro plantexamos as hipóteses do que sucedería con cada osiño ao introducilo nun líquido; e a continuación pasamos a acción. Así, tras unha espera de dous días, comprobamos os resultados e reflexionamos acerca de porque pasou o que pasou con cada un de eles. Se vos tamén queredes saber máis acerca deste experimento, recordade que podedes consultar o video no apartado CervoTV.

Outra das actividades que máis nos gustou este trimestre, foi o contacontos que organizaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º. Despois de aprender as técnicas para narrar ben unha historia durante as Lecturas na Carballeira, os nenos e nenas maiores animáronse a vir a nosa clase a lernos uns contos super chulos. Como podedes ver, os peques estaban encantados!

Pero un dos días más divertidos sen dúbida, foi o día que pintamos con chocolate. Cun folio e un pouco de chocolate a taza, nos enchemos ata arriba deste delicioso postre para crear as nosas propias obras de arte. Aínda que algúns despistaronse un pouco, e en lugar de levar o chocolate as mans, o levaron a boca!

Entre tanta festa tampouco olvidamos as rutinas. Este mes terminamos de completar os nosos diccionarios, os nosos rexistros de experimento e contos... e ademais, como non todo vai a ser encher a tripa de chocolate, tamén fomos ao noso invernadoiro a recoller as leitugas que estivemos coidando estes últimos meses. Cada un dos nenos e nenas puideron levar unha a súa casa, para disfrutala coas suas familias.

Entre as nosas creacións deste trimestre, tamén recordaredes que fixemos o noso propio programa de radio contando o conto de "A mosca chosca". Pois ben, este conto foi o resultado da grabación que levamos a cabo na nosa aula da radio, onde organizamos turnos e repartimos dialogos para crear ese programa que agardamos que vos gustase tanto oilo como a nos facelo.

Se pensades que tiñamos suficiente coa radio, o video do experimento, as leitugas... Estades equivocados! Tamén fixemos bolsas como parte das actividades creativas organizadas pola nosa biblioteca escolar. Como pintar en tela e un pouco complicado, nos o fixemos usando plantillas, e con axuda de elas tivemos como resultado unhas bolsas de tela super orixinais e creadas polos propios nenos e nenas.

Tamén nos faltaba celebrar algúns cumples, bueno... algúns non... case a metade! Así que fixemos un super taller para pintar as camisetas de regalo e facer as coroas de Julia, Manuel, Dani e Matías; que como están de cumple en verán, teñen que celebralo por adiantado como os demais compañeiros e compañeiras!

Así chegamos ao último día de clase, no que xa sabedes que tivemos unha super merenda para celebrar os cumples do verán e tamén o fin das clases. Despois, celebramos o acto de graduación dos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria e infantil, no que nos despedimos de Carlota, Dani, Nerea, Elsa, Claudia, Enzo e Brais;que o curso que ven xa están en primeiro de primaria.

E con isto, despedimonos ata o curso que ven. Agora toca recargar as pilas durante as vacacións de verán para en setembro volver con moita enerxía e gañas de seguir aprendendo e pasándoo ben! Grazas a todos e todas, e que teñades unhas felices vacacións de verán!

(2021-2022) Presentamos o noso proxecto de investigación deste curso: as focas.

Como xa sabedes ben os pais e nais de EI1, o noso proxecto deste curso centrouse nas focas. Despois de propor temas tan variados como os patinetes, os tucáns e a lúa; a través dunha votación decidimos que o tema a investigar serían as focas. Así que antes de empezar, fixemos unha búsqueda de imaxes para escoller cal é o noso tipo de foca favorita.

Unha vez plantexadas as preguntas, o que xa sabíamos e as fontes de información que utilizar; foi momento de comezar coa investigación como tal. Coa colaboración de pais, a información atopada en libros e os datos que aprendemos a través de videos e fontes documentais online, completamos un gran mural onde resumimos todo o aprendido sobre o tema. As preguntas foron as seguintes:

  1. Como durmen?
  2. Como nadan?
  3. Como comen?
  4. Como crían?
  5. As focas gruñen?
  6. Como se moven en terra?
  7. Que peixes lles gustan?
  8. Teñen depredadores?
  9. Onde levan os bebés?
  10. Respiran baixo a auga?
  11. De que cor son?
  12. Onde viven?

Por outra banda, tamén estivemos rexistrando todo o aprendido nun dossier individual que cada un foi completando con toda a información recollida para responder cada pregunta.

Pero non todo foi traballar sentados. Tamén aprendimos como nadan e como se moven as focas usando o noso propio corpo, fixemos a lista da compra dunha foca recollendo as suas comidas favoritas, imprimimos as nosas fotos favoritas para incluilas no noso traballo...

E así, tras meses e meses de traballo, comezamos a elaborar unha maqueta que ía supoñer o fin da nosa investigación. O noso plan foi recrear o habitat das focas, para o cal utilizamos miniaturas de focas impresas en 3D (grazas unha vez máis a colaboración das familias), area, pedras, champú, bicarbonato e moita pintura!

E así, tras moitos meses de traballo e moitas máis actividades (das cales podedes ver máis fotos visitando a galería fotográfica do cole), rematamos a nosa investigación cos seguintes resultados:

(2021-2022) Aquí está todo o que fixemos en maio!

Continuando coas novas que compartimos dende o colexio, nesta ocasión vamos a compartir unha pequena recopilación de algunhas das actividades que fixemos na aula de EI1. Ainda que xa sabedes que isto non é todo, xa que outras actividades como o noso proxecto e as actividades complementarias poden consultarse en outras entradas. Comezamos!

Continuamos coa nosa rutina de xogos de lóxica-matemática coa nosa especialista de PT, estrenando algúns como o xogo das formas para crear distintas figuras como o gusano tan chulo que vedes nas fotos; e repetindo outros que nos gustaron moito como o da serpe de cores. Non por nada aos nenos e nenas se lle pon un sorriso na cara cando ven chegar a profe Zaira!

E como non, tamén houbo algúns días nos que chegamos a casa cheos de pintura ata o pescozo. Entra algunhas das actividades de expresión artística que fixemos, pintamos con figuras xeométricas e tamén usando os dedos, cada un dunha cor, para traballar a motricidade fina.

Aproveitando o bo tempo que fixo, tamén fixemos algunha que outra actividade fora da aula. Unha de elas foi o deseño do cartel de "Lecturas na Carballeira", no que todos e todas participamos facendo un pequeño debuxo. Unha vez tivemos todos, os xuntamos para facer un gran cartel colectivo sobre o que pegamos as letras co nome do evento.

Por suposto, tamén estivemos traballando o noso proxecto sobre as focas. Pronto teremos unha entrada explicando o proceso, pero mentres tanto aquí deixamos algunhas fotos de actividades que levamos a cabo para aprender cousas como se podemos facer ruido debaixo da auga ao chocar as mans, videos de como se comportan as focas, onde viven...

Deseñamos tamén unha árbore moi chula, con material reciclado, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado. No seu interior, escribimos un dos seus poemas que logo recitamos para todas as familias e o colexio.

Moito tempo tamén o ocupamos coas distintas rutinas de aula que xa coñecemos ben, dende o diccionario xigante ao rexistro de experimentos, traballamos con constancia ata completalos, de xeito que tivesemos xuño libre para todas as actividades que planeamos. Queredes saber máis? Pois atentos e atentas a seguinte publicación!

(2021-2022) Ata setembro e bo verán para todos e todas!

Aquí rematan as entradas neste blog por este curso, vémonos en setembro con forzas renovadas e algúns novos compañeiros e compañeiras, cos que viviremos máis aventuras.

   

Xa non estarán connosco os máis maiores, que marchan cara primeiro, ós que queremos darlle unha gran aperta e desexarlles moita sorte. Non esquezades voltar de visita de cando en vez.

   

Unha aperta moi grande para todos e todas, e grazas a vos, as súas familias, pola colaboración que tivéstedes ó longo de todo o curso.

Vémonos en setembro.

Bo verán!!!

(2021-2022) E ademais en xuño, antes de rematar o curso, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo? 
23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado. 
20/06/22: (2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou? 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos 
07/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park

      

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Elaboramos o noso boletín de autovaliación, para levar para casa.

 

        

Creamos o noso programa de radio, que emitimos en "Radio Cervo", a radio escolar do colexio.

Podes escoitar aquí "A nosa versión da Mosca chosca".

     

Rematamos o noso diccionario xigante, e o dicionario individual, coas nosas palabras favoritas. Xa o podíamos levar para casa e ensinarllo ás nosas familias.

   

Levamos a cabo o último experimiento do curso "Os osiños de gominola mutantes

   

Anotando as nosas observacións no caderno de campo, que tamén levamos para casa. 

  

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.

      

Asistimos a unha actuación da banda de música de Campo Lameiro.

      

Preparamos a sesión de cine que tería lugar no colexio, preparando as bolsas de gusanitos para todo mundo.

          

Puidemos degustalas durante a proxección da película:

    

Algúns compañeiros de 5º e 6º viñeron a lernos unha chea de contos.

       

Ultimos momentos para o encargado no calendario online, rematamos de tachar tódolos días do curso.

     

Participamos nun obradoiro de decoración de bolsas, organizado pola Biblioteca do colexio.

    

Usámolas para levar para casa todos os traballos feitos ó longo do curso.


Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.