(2021-2022) Presentamos o noso proxecto de investigación deste curso: as focas.
Como xa sabedes ben os pais e nais de EI1, o noso proxecto deste curso centrouse nas focas. Despois de propor temas tan variados como os patinetes, os tucáns e a lúa; a través dunha votación decidimos que o tema a investigar serían as focas. Así que antes de empezar, fixemos unha búsqueda de imaxes para escoller cal é o noso tipo de foca favorita.
Unha vez plantexadas as preguntas, o que xa sabíamos e as fontes de información que utilizar; foi momento de comezar coa investigación como tal. Coa colaboración de pais, a información atopada en libros e os datos que aprendemos a través de videos e fontes documentais online, completamos un gran mural onde resumimos todo o aprendido sobre o tema. As preguntas foron as seguintes:
- Como durmen?
- Como nadan?
- Como comen?
- Como crían?
- As focas gruñen?
- Como se moven en terra?
- Que peixes lles gustan?
- Teñen depredadores?
- Onde levan os bebés?
- Respiran baixo a auga?
- De que cor son?
- Onde viven?
Por outra banda, tamén estivemos rexistrando todo o aprendido nun dossier individual que cada un foi completando con toda a información recollida para responder cada pregunta.
Pero non todo foi traballar sentados. Tamén aprendimos como nadan e como se moven as focas usando o noso propio corpo, fixemos a lista da compra dunha foca recollendo as suas comidas favoritas, imprimimos as nosas fotos favoritas para incluilas no noso traballo...
E así, tras meses e meses de traballo, comezamos a elaborar unha maqueta que ía supoñer o fin da nosa investigación. O noso plan foi recrear o habitat das focas, para o cal utilizamos miniaturas de focas impresas en 3D (grazas unha vez máis a colaboración das familias), area, pedras, champú, bicarbonato e moita pintura!
E así, tras moitos meses de traballo e moitas máis actividades (das cales podedes ver máis fotos visitando a galería fotográfica do cole), rematamos a nosa investigación cos seguintes resultados: