Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

OS ESTIRAMENTOS: explicacións e tipos

Agora que comezamos a traballar a FLEXIBILIDADE, aquí vos deixo esta páxina na que atoparedes toda a información que se refire aos estiramentos: beneficios, tipos, os específicos para cada deporte, parte do corpo ou lesión.  A telos en conta!

.

vídeo dos XOGOS POPULARES

OS XOGOS POPULARES ESTÁN DE MODA!

Ponte ao día!Aceno

(Se fas clic nesta imaxe verás unha pequena explicación de que e cales son os xogos populares)

.

.

.

(2015/2016) EF: EXERCICIO FÍSICO e SAÚDE

.

Xa sei que sabedes que o exercicio físico mellora a nosa saúde, pero...

queredes aprender canto?

Facede clic na imaxe e prestade moita atención.

.

OS XOGOS POPULARES: explicacións de cada un deles

 Se facedes clic nesta imaxe atoparedes unha programa onde vos explicarán que precisamos e como se xoga a cada un dos xogos populares: a ver se comezades a disfrutar con algún deles no voso tempo de lecer.

.

CLASIFICACIÓN DE 99 XOGOS (CASCAYO)

.

Clasificación e explicacións de como se xoga a 99 xogos populares.

(Cascayo)

.

.

(2011-2012) Circuito de xogos para a Celebración do Magosto

Para a celebración do Magosto no colexio, dende a nosa área preparouse un circuito de 8 xogos polos que rotarían todos os cursos do colexio.

O curso pasado o tema das actividades fora as distintas accións que coas castañas se podían facer: sementar, recoller, vender, comer, ... e xogar. Lembrádesvos?(Se é que non pinchade aquí: MAGOSTO 2010)

Este curso fixéronse cos distintos froitos que , como a castaña, danse por estas datas.

(Para ver o documento dos xogos e plano pinchade aquí: MAGOSTO 2011)

En cada un deles un alumno de sexto faría de monitor explicándolle a cada grupo o que tiñan que facer.Así de guapos viñeron para a ocasión!

    

Despois do recreo preparáronse na rampa do pavillón para ir cada un deles recibindo aos cursos que lles tocaban e dirixilos hacia cada un dos xogos.
Xa alí, cada mestre encargado dos grupos recibía unha bolsa "da compra" na cal gardar os diferentes froitos cos que ía xogar.
E..... comezou a festa!
Aquí tedes imaxes de cada un destes momentos:
1.-Actividade na que tiñan que alimentar coas landras aos porquiños (monitores: Jesús e Santiago)
2.- Xogo no que tiñan que recoller as tres castañas asadas que lles lanzaban os castañeiros nun cucurucho xigante (monitores : Pablo e Martín)
3.- Nesta tiñamos que xogar ao tres en raia coas noces e abelás que tiñan estes dous nenos (Arantxa e Roberto)
4.- Aquí a artista , Ana, dábanos un pouquiño da súa pintura para axudarlle a colorear dúas granadas
5.- Xogo no que  tiñamos que "vendimar" estas uvas antes que os nosos compañeiros. (monitores: Maikel e Iván) 
6.- Actividade de búsqueda de cogumelos . Os velenosos deixabámolos no sitio. Axudábanos o experto na materia: Daniel.
7.- Xogo no que tiñamos que, a modo de ratos, quitarlle millo o granxeiro que nos esperababa coa vasoira na man. (monitores: Andrea e Óscar)
.- E a última na que lle axudabamos a resolver estos quebracabezas ao neno, David.
E... Un ano máis , rematados os xogos, saímos a xantar as quentiñas castañas asadas!
E... ata o Magosto que ven!

(2011-2012) Beneficios da actividade física

Efectos positivos da  ACTIVIDADE FÍSICA  

na nosa  SAÚDE 

Durante este mes andivemos a traballar no terceiro ciclo unha unidade didáctica titulada "Hixiene e Saúde". 

Nela, ademais de traballar (de maneira xogada case sempre) os hábitos de saúde alimentaria, postural , de hixiene,... así como a importancia dun bo quecemento  e volta a calma;  tamén pescudamos cales eran os beneficios que conseguimos ao facer algunha actividade física de maneira regular.

 

Como eran tantos decidimos facer con eles un panel no que ilustrariamos cada un dos beneficios coas nosas fotos. Así os demais cursos ao mirar o noso traballo descubrirían tamén a gran IMPORTANCIA que ten O EXERCICIO FÍSICO

Nel están reflexados con imaxes o ANTES e o DESPOIS :

 1.- DURMIMOS MELLOR

Antes de facer exercicio : 

Despois de facer exercicio: 

2.- AUMENTA A NOSA FORZA

Antes de facer exercicio:

 

Despois de facer exercicio :

 

3.- TEREMOS UN CORAZÓN MÁIS GRANDE E FORTE

Antes de facer exercicio: 

 

Despois de facer exercicio: 

 

4.- RELAXÁMONOS ESQUECENDO OS NOSOS PROBLEMAS 

Antes de facer exercicio:

 

Despois de facer exercicio: 

5.- FACEMOS AMIZADES 

Antes de facer exercicio: 

Despois de facer exercicio: 

 

6.- AUMENTAN AS NOSAS DEFENSAS, CO CAL ENFERMAMOS MENOS 

Antes de facer exercicio: 

 

Despois de facer exercicio: 

 

7.- CONSERVAMOS A NOSA FLEXIBILIDADE 

Antes de facer exercicio: 

 

Despois de facer exercicio: 

 

8.- ELIMINAMOS GRASAS (sen menciñas nin dietas) 

Antes de facer exercicio: 

 

Despois de facer exercicio: 

 

9.- EVITAMOS QUE A NOSA ESPALDA SE DEFORME 

Antes de facer exercicio:

Despois de facer exercicio:

 

 

  

10.- E , ao final,...  SEREMOS MÁIS FELICES !!!

Antes de facer exercicio:

 

Despois de facer exercicio: 

 

(Todas estas fotos e moitas máis tédelas na galería fotográfica no recanto de Ed. Física)

(2010-2011) Fin do terceiro trimestre en E.F.: "Día Pirata"

 

Como fin do curso dende a nosa área preparouse unha búsqueda do tesouro na cal os nenos e nenas tiñan que ir buscar unhas pistas que lle permitirían obter pouco a pouco os anacos do mapa no cal marcáranse os últimos catro puntos que levarían a atopar o tesouro oculto.

O día comezou coa lectura por parte da mestra do seguinte mensaxe:

 

MENSAJE

Existen muchas historias y leyendas sobre

PIRATAS,

AVENTURAS

y

TESOROS ESCONDIDOS

Hoy, durante la clase de Educación Física,

viviremos y disfrutaremos de una de estas aventuras.

 

Hace muchos años, nuestro capitán

PEDRO ANTONIO CERVIÑO,

para evitar ser saqueado por estos piratas,

ocultó su tesoro en un lugar secreto de nuestro colegio.

Durante la clase iréis pasando por distintas pruebas que os irán acercando a ese lugar.

¡Sólo un grupo de vosotros lo podrá encontrar!

Para empezar, buscar en las papeleras del patio su botella de ron con las primeras pistas que te llevarán a encontrar el mapa de su tesoro.

Suerte

Firmado:

Al encontrar la botella, en su interior encontrarían un pedazo de mapa que por detrás tenía escrito la siguiente pista. Todas las siguientes decían así:

1-“ Bajo mis pies quedó enterrada una astilla de mi pata de palo. Si la recuperáis conseguiréis la siguiente pista”

2-“ Al final del pasadizo prohibido encontrarás tirada una preciosa piedra traída de América. Revísala, te dará una valiosa pista”

3-“En medio de la niebla, vapor, calor, encerrado en una bodega de madera de mi barco encontrarás una figura de él. Cúidala y mira en su interior”

4-“ Todos debemos cumplir ciertas normas para conservar en buen estado todo lo que nos rodea. Busca estas normas y léelas con atención “

5-“Hay poco viento para llegar con mi barco a la última prueba. Busca en el bosque algo rojo y ayúdame soplando hasta explotar Tras el ruido aparecerá “

Busca en el mapa mis 4 últimos restos de comida que dejé escondidos por tu colegio. En ellos encontrarás la pista final que os llevará a mi oculto tesoro .

Los restos de comida eran 4 nueces, cada una de ellas tenía un sílaba: LA, RO, NA, CO,  que al ordenarlas correctamente les daría la pista final indicando la situación del tesoro.

Como fin de clase cada uno llevó su título al buen pirata.

Título de PIRATA

Vuestro capitán, PEDRO ANTONIO CERVIÑO,

os entrega con gran honor y en muestra de vuestro valor, audacia, compañerismo y bravura, este título que certifica que:

 

¡Es un extraordinario pirata!

A partir de ahora, siempre respetarás nuestro código :

  • Siempre trabajarás colaborando con tu equipo

  • Nunca tus fuerzas flojearán, esforzándote en participar y colaborar hasta el final.

  • Todos tus compañeros merecen tu respeto y tu ayuda.

  • Recuerda: la unión hace la fuerza.

Firma del capitán:

 

(2010-2011) Terceiro trimestre en E.F.

Durante o último trimestre as unidades que traballamos tiñan como fío conductor "a nosa relación co entorno"

  Así, por exemplo,  os tres ciclos traballaron unha unidade en común que foi a de "Xogos Populares " , e o 2º e 3º ciclo unha sobre "Orientación".

-Xogades?: nesta unidade tentamos traballar algúns deses xogos de carácter tradicional que pasan de xeración a xeración. Tentamos facer recollida mediante unha ficha que levaron os alumnos de 6º daqueles que se xogaba nas súas casas cando os seus avós eran rapaces e rapazas; así tivemos: as tabas, a mariola, estornela,...

Algúns destes xogos dos que disfrutamos nas clases foron: o peletre, colores, soga-tira, comba, escondite, o "bote", a goma, carreira de sacos, zancos,passemisí, tres en raia, carreiras de chapas( decorando cada un a súa) , polis e cacos, ...

Distintas imaxes destes momentos

 

 

- Onde ides?: nesta última unidade do curso traballouse a orientación nun plano: da clase, do colexio e patio, así como a súa elaboración e interpretación (escalas, puntos cardinais, compás,...) , todo a través de xogos e carreiras de orientación polo patio e clase.

 

 

 

Así, como xogo de fin de trimestre,  fixemos unha búsqueda do tesouro que chamamos "O día pirata", traballando tamén a orientación posto que as distintas probas que atopabamos tiñan na súa parte traseira pedazos de mapa. Ao ter todas podíamolo compoñer e nel ( co aprendido nas clases de orientación) podiamos atopar as últimas 4 pistas que nos levarían ao tesouro escondido.

 

(2010-2011) Festa de Deporte na escola

Outro ano máis rematamos a nosa participación en Deporte na escola acudindo á Festa de entrega de medallas e copas aos distintos colexios participantes.

Este ano foi no pavillón de Cerdedo. Alí saimos o pasado venres todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º , máis dous nenos de 2º que xa participaron este ano no cross.

Despois de agardar un bo anaco comezaron a chamar aos distintos equipos que participaran. Primeiro aos benxamines, entregando medallas a cada neno e nena por participar tan ben nestas xornadas deportivas e logo entregando unha copa a todo o equipo.

 E logo aos alevines

 

Xa ao remate fíxose entrega das medallas de ouro, prata e bronce aos primeiros clasificados nas distintas carreiras de campo a través que se fixeran ao comezo do curso en Soutelo. Do noso colexio quedaron dous benxamines: un neno (Alex) e unha nena (Virginia )

De novo ....

 noraboa a todos e todas!

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.