Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O FURANCHO DE EF

VISITA DUNHA DEPORTISTA DE ÉLITE!!!

Hoxe venres, 5 de maio de 2023, tivemos a ocasión de desfrutar dunha visita teórico - práctica por parte do Clube de Atletismo Ría Ferrol. Formaban parte da expedición, ademais de dúas directivas máis un entrenador, a atleta da comarca, Campiona de España e internacional Sub-20, Diaou Diallo, na súa especialidade o triple salto.

Explicáronlle ao alumnado de sexto de educación primaria a importancia do deporte como medio do fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta para a loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no só no deporte, senón tamén na vida.

Posteriormente puxeron en práctica diversos xogos e actividades enfocadas cara a práctica de diferentes disciplinas ao redor do atletismo.

O alumnado quedou moi satisfeito coa xornada desenvolvida e invitáronnos a pór en práctica este deporte nas súas instalacións deportivas. A continuación sacáronse fotos e solicitáronlle autógrafos á verdadeira protagonista da xornada, Diaou Diallo.

Queremos agradecer ao Clube Ría de Ferrol a súa visita emplazándoos a volver a vernos en vindeiras ocasións.

FORMACIÓN BÁSICA DE PRIMEIROS AUXILIOS!!!

Ola familias!

Este luns, 24 de abril de 2023, tivemos unha formación básica de primeiros auxilios a cargo da Decana da Falcultade de Enfermería e Podoloxía do campus de Ferrol (UDC), Dona Enma Rodríguez Maseda, dirixida cara os cursos de cuarto, quinto e sexto de educación primaria. Foi unha xornada onde aprendemos algo tan básico como saber a que número de teléfono teriamos que chamar no caso dunha urxencia. Vimos como é o desenvolvemento dese proceso desde a sede central do 061, a calma con que se nos fala... Tamén aprendemos aspectos básicos da cadea de supervivencia, programa de alerta escolar así como os diferentes grados de queimaduras, maniobra de RCP, convulsións, hipoglucemia... e como sería o xeito de actuar. Ogallá esta formación básica sirva para poder actuar correctamente se nos vemos nesa tesitura, seguro que sí. Do mesmo xeito, quen sabe se algún neno/a chegará a ser alumnado da Decana por estudar ben enfermaría ou podoloxía. A decisión é só deles.

Agradecemos á Decana o seu tempo, sabiduría e gañas á hora de ofrecerse para poder darnos esta formación. Emplazámoste para vindeiras ocasións.

 

ESCOLA DE ATLETISMO: CLUBE FERROL ATLETISMO

Ola, familas e alumnado!

Comunícovos que, despois do éxito das xornadas de Atletismo Divertido celebradas días atrás, se hai algún neno/a interesado/a en anotarse nun clube de atletismo chegoume información do CLUBE ATLETISMO FERROL. Déixovos o enlace á web (picade no nome) por se queredes darlle unha volta. Se decidides inscribir aos vosos pequenos/as facédemo saber directamente e pásovos unha folla de inscrición que me deron, e devolvédesma xa cuberta e asinada. Posteriormente xa me encargo de pasárllela.

Desexo que esta información sexa do voso interese.

Abel 

FESTA DO DEPORTE ADAPTADO

Ola, familias e alumnado!

Adxúntovos información relativa á FESTA DO DEPORTE ADAPTADO FENE 2023. Unhas xornadas teórico - prácticas ao redor da práctica deportiva dentro do ámbito funcional e organizada polo concello de Fene maila "ASCM Galicia".

Desexo que sexa do voso intererese.

 

XORNADAS DE ATLETISMO DIVERTIDO!!!

Ola, familias e alumnado!

O pasado martes, mércores e xoves (18, 19 e 20 de marzo) tiveron lugar un ano máis, as xornadas de Atletismo Divertido por medio de XOGADE e o concello de Fene. Como o tempo acompañounos en todo momento favoreceu que poideramos empregar as instalacións deportivas de atletismo no lugar do Pazo, en Barallobre. Alí comapartimos experiencias durante tres días con outros rapaces e rapazas de todos os colexios de educación primaria do concello de Fene. Trátase dunhas xornadas de convivencia onde hai un pequeno grao de competitividade (san loxicamente) e cuns elementos fundamentais, o deporte como eixe vertebrador para facer exercicio, adquirir valores que nos forman como boas persoas e o divertimento. Poidemos desfrutar de varias disciplinas deportivas onde os rapaces e rapazas demostraron ser uns campións e campionas. Así practicaron varias disciplinas como por exemplo: lanzamento de xabelina, lanzamento de pelota, salto lateral a pés xuntos, salto a pés xuntos, salto con carreira previa, salto de tesoira, carreiras de velocidade, carreiras de relevos, carreira de relevos en gymcana... O alumnado pasouno xenial e o máis importante, trataron de facelo o millor posible dentro das posibilidades que ten cada un.

PARABÉNS a todos e a todas!!! 

 

 

CAMIÑO Á FAMA 1º CICLO GRUPAL

Ola familias, ola rapazada!

Retomamos, á volta das vacacións, a tarefa coreográfica que estamos a desenvolver ao longo deste curso e que tanto éxito e acollida está a ter. Desta vez é unha coreografía grupal a cargo do alumnado de 1º e 2º de educación primaria. Para esta ocasión escolleron a canción "Libertad", de Nil Moliner. Outro exitazo!!!

Tamén vaivos o traballo individual feito pola nosa alumna de 1º, Andrea, que por motivos de saúde non poido estar físicamente connosco pero sí dalgún xeito representando a mesma canción. Marabilloso Andrea, fixéchelo xenial!!!

 

 

 

CAMIÑO Á FAMA 2º CICLO GRUPAL

Ola de novo, rapazada e familias!

Unha nova entrega coreográfica de Camiño á Fama, realizada conxuntamente este pasado venres, entre o grupo de terceiro e cuarto de primaria. Desta vez representaron un remix de películas de Disney entre as que se atopan, "Quiero ser como tú" (O libro da selva), "Un poco loco" (Coco), etc. Outro acontecemento marabilloso. Deiquí sae algún verdadeiro/a artista, dígovolo eu!!!

 

 

 

ACTIVIDADE DEPORTIVA SEMANA SANTA

Ola rapazada!

Déixovos por eiquí a información que me chegou dunha oferta deportiva para poñer en práctica nas vacacións de Semana Santa se vos interesa. É sobre deportes de auga, e máis concretamente, cursos de iniciación ao piragüismo por medio do CLUBE CABANAS KDM, do concello veciño de Cabanas. Desexo que sexa do voso agrado e anímovos a que acudades, pois estou seguro que vaivos molar moito. Xa me contaredes.


CAMIÑO Á FAMA 5º EP

Ola rapazada, ola familias!

Unha semana máis deixámosvos por eiquí a coreografía da actividade CAMIÑO Á FAMA realizada este pasado venres polo alumnado de 5º de educación primaria. Desta vez interpretan a banda sonora orixinal da película, "Cazafantasmas". Desexamos que vos goste tanto como a nós. Parabéns polo traballo realizado.

 

CAMIÑO Á FAMA 6ºA-6ºB

Ola rapazada, ola familias!

Aquí deixámosvos un novo vídeo da coreografía montada polo noso alumnado dentro da actividade... "CAMIÑO Á FAMA". Comezamos unha nova volta onde pasarán de novo tódolos grupos do colexio. Desta vez son, de xeito grupal, os dous cursos de sexto de primaria os encargados de iniciala. Desexámosvos que vos goste pois fixérono simplemente, XENIAL!

 

Distribuir contido