Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O FURANCHO DE EF

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

Bo día, familias e alumnado!

O pasado martes, 12 de decembro de 2023, levamos a cabo unha actividade de primeiros auxilios e RCP básica (Reanimación Cardiopulmonar) para 5º de educación primaria. Un taller teórico-práctico moi interesante e que todo o mundo deberiamos de estar mínimamente preparados, pois estamos a falar de poder salvar unha vida nalgún momento. Esta actividade está directamente relacionada coas áreas de educación física e ciencias naturais, ao igual que englobada dentro do programa educativo de EduSáude.

Participou o alumnado de 5º, grazas á intervención de tres profesionais (enfermeiras residentes coa especialidade de Enfermaría Comunitaria). Desenvolveuse unha parte teórica cunha interacción co alumnado para posteriormente, en grupos, facer o taller práćtico. Abordáronse diferentes aspectos tales como: primeira forma de actuación ante unha situación dunha persoa inconsciente tirada no chan - PAS (protexer, alertar e socorrer), chamada ao 112, PLS (posición lateral de seguridade), como actuar ante un atragantamento e finalmente, como se faría unha RCP. Aprendemos moitas cousas para poder salvar VIDAS!!!

TRABALLAMOS A ALIMENTACIÓN

Que traballo realiza unha nutricionista? Como clasificamos os alimentos? Que deberíamos incluir na nosa alimentación? Hoxe repasamos todo isto grazas á colaboración do Centro de Saúde de Fene. Nutricionista e enfermeira impartion un obradoiro hoxe ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º. 

Comezamos por unha pequena explicación teórica na biblioteca para logo poñernos xa a aplicar o aprendido. Por unha banda, os e as maiores fixeron un encrucillado sobre froita de tempada e verduras e as e os pequenos atoparon as diferenzas entre dúas imaxes. Por outra realizamos carreiras de relevos no patio nas que tiñamos que clasificar os alimentos. 

Grazas polo ofrecemento e por divulgar saúde!

 

ACTIVIDADE DE VERÁN: REMO!!!

Ola, rapazada! Ola, familias!

Déixovos por eiquí unha información dunha actividade de verán que promove o Clube do Mar de Mugardos.

Desexo que sexa do voso interese.

Moitas apertas... e bo verán!!!

CAMIÑO Á FAMA 6ºA e 6ºB

Ola, familias!

Un novo vídeo de Camiño á Fama elaborado polos dous sextos de educación primaria o anterior venres, día 2 de xuño. Desta vez coreografían o tema "Don´t you worry". O derradeiro dos derradeiros pois este ano acaban a súa etapa no Ceip Centieiras. Amizades... a seguir bailando e desfrutando da vidaaaaa! Un pracer enorme!!!

 

CAMIÑO Á FAMA 3º EI

Ola, familias!

Deixámosovos por eiquí un nova coreografía de Camiño á Fama que fixemos este pasado venres (26 de maio de 2023). Desta vez tocoulle aos máis pequerrechos/as do colexio e unha vez máis... ARRASARON!!! Bailaron unha canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona".

 

CAMPAMENTO DE VERÁN "JUSTO AL REVÉS"

Ola, familias!

Envíovos información que me pasaron sobre o campamento de verán que organiza a escola de tenis "JUSTO AL REVÉS". Desexo que sexa do voso interese.

Apertas varias.

Abel

CAMIÑO Á FAMA 6° EI

Ola, familias!

Este pasado venres, 12 de maio de 2023, levouse a cabo unha nova coreografía de CAMIÑO Á FAMA. Desta vez tocoulle ao grupo dos maiores de educación infantil  e que o vindeiro ano estrearanse na educación primaria. Como non podía ser doutro xeito, fixérono xenial! Non mo creedes? Ollade, ollade...

 

 

PROGRAMA TENIS NA ESCOLA

A pasada semana levamos  a cabo unhas sesións  ao redor do deporte do tenis. Isto é debido, entre outras cousas, ao acollemento ao comezo do curso dun programa educativo que promove a FGT (Federación Galega de Tenis) chamado, "Tenis na escola". Ceden temporalmente  material deportivo,  raquetas e pelotas, para poñer en práctica unhas sesións e dar a coñecer e promover este deporte entre o alumnado. Xa levamos catro anos acolléndonos a el, e coma os últimos anos, tivémola ocasión de que viñera a impartir as clases de xeito voluntario  o noso veciño, Justo, entrenador e fundador da Escola de Tenis, JUSTO AL REVÉS.

Moitísimas grazas polo teu interese e pola túa sabiduría.  Esperámoste para o vindeiro curso.

28 EDICIÓN MILLA ESCOLAR CONCELLO DE FENE

Ola, alumnado e familias!

Infórmovos da celebración da viséxima oitava edición da Milla Escolar organizada polo concello de Fene e que terá lugar o vindeiro domingo, día 14 de maio de 2023. As distancias a percorrer varían segundo as idades dos participantes pero oscilan entre os 50 metros e os 900 metros

A realización da mesma virá marcada polo tempo atmosférico previsto para esa data. No caso de ser bo levarase a cabo na Avda do Mar de San Valentín, e no caso contrario, no interior do pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín.

O desenvolvemento da xornada comezará aí das 11:00 horas e calcúlase que teña unha duración aproximada de hora e media, polo que remataría ao redor das 12:30 horas remataría. Comezarase coas carreiras das categorías máis superiores (cadetes) e rematando pola máis pequecha, categoría de Prebiberón 1.

Os participantes das categorías máis baixas (Educación Infantil: 3 anos - Prebiberón 14 anos - Prebiberón 25 anos - Biberón) sairán en quendas de 10 - 12 persoas para evitar aglomeracións e posibles caídas. Nestas categorías non haberá trofeos pero sí medalla para tódolos participantes. 

Ao remate de cada proba terá lugar a entrega de medallas a tódolos participantes e unha vez finalizadas todas as carreiras, entregaranse os trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoríaagás, como comentei anteriormente, as categorías pertencentes a Educación Infantil (Prebiberón 1Prebiberón 2 e Biberón).

Diferenciaranse as categorías por anos de nacemento e aulasasí como por xénero masculino e feminino.

No caso de organizar as carreiras na Avda do Mar, adaptarase a saída de cada categoría á lonxitude da recta en franxas de 50 - 100 - 150 metros.

No caso de organizarse no interior do pavillón da Xunqueira, realizarase un circuíto en redondo de aproximadamente 125 metros, no que o percorrido determinarase por voltas.

  • INSCRICIÓNS!!! 

a) EMAILcultura.deportes@fene.gal ou mercedes.justo@fene.gal

b) CONCELLO: Departamento de Cultura e Deportes (Prazo máximo de entrega ata as 13:00 horas do 10/05/2023).

c) MESMO DÍA DA CARREIRA: só se recollerán inscricións de última hora o mesmo día da carreira de 9:30h a 10:30h

Para calquera dúbida podedes chamar aos seguintes números de teléfonos: 607 615 962 // 981 340 366 

  • RECOLLIDA DE DORSAIS

Os centros de ensino poderemos recoller os dorsais para posteriormente repartirllos ao alumnado para a celebración da carreira.

  •  CATEGORÍAS

ALEVÍN5º e 6º EP. Nados en 2011 e 2012.

BENXAMÍN3º e 4º EP. Nados en 2013 e 2014.

PREBENXAMÍN1º e 2º EP. Nados en 2015 e 2016.

BIBERÓNInfantil 5 anos. Nados no 2017.

PREBIBERÓN 2Infantil 4 anos. Nados no 2018.

PREBIBERÓN 1Infantil 3 anos. Nados no 2019.

 

Anímovos a que os rapaces e rapazas participen pois non deixa de ser unha verdadeira festa do deporte. Un xeito máis de que collan moitos valores positivos que transmite o deporte e que claramente nos axuda a ser millores persoas.

Todos aqueles que estedes interesados podedes comunicarllo directamente aos titores/as dos vosos fillos/as. Xa me informarán dos interesados/as e posteriormente xa cubro as follas de inscricións. (Agora facede caso da nota física que vos enviei no caso de anotarvos eu persoalmente). 

Desexo de corazón que sexa do voso interese.

Abel

CAMIÑO Á FAMA INFANTIL 4 ANOS

Ola, familias!

Presentámosvos unha nova edición de CAMIÑO Á FAMA que realizamos este pasado venres, 5 de maio de 2023. Desta vez tocoulle aos pequenos e pequenas de 5º de educación infantil versionando un tema moi coñecido de Sebastian Yatra (Tacones Rojos). Un puro espectáculo destes/as artistas!!!

 

 

Distribuir contido