Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O FURANCHO DE EF

A búsqueda do tesouro co proxecto LUPO!!!

A través dun Proxecto de Inovación Educativa, chamado LUPO e no que está inmerso todo o colexio, desde a área de Eduación Física contribuímos por medio do xogo da "Búsqueda do Tesouro". Este proxecto está basado nun estudo arquitectónico para analizar o centro e os seus arredores tratando de extraer ideas e deste xeito, inentar facer modificacións a grande escala. Neste proxecto está inmerso non só o alumnado, profesorado, familias, senón tamén o concello e outras empresas da contorna que se accedan a colaborar.

Desde a área de Eduación Física levamos a cabo un traballo interdisciplinar coa área de Matemáticas e de Ciencias Sociais, xa que con este xogo o que estabamos a buscar era que o alumnado aprendera a manexar un plano de toda a superficie que ocupa o centro educativo. Previamente traballáronse en cada aula outros aspectos relativos, como sería as escalas, a orientación dun plano...

Adaptouse o xogo en función das diferentes idades, e deixouse un tempo máximo para tratar de atopar as diferentes pistas (palabras). Deste xeito tiñan que andar a présa porque o tempo esgotábase. Ao remate tiñan que unir todas as pistas (4) e formar unha oración relaciónada coa SAÚDE.

A actividade foi todo un éxito por ambas partes, polo apartado físico e pola aprendizaxe que buscabamos con ese traballo interdisciplinar. Deixámosvos un ENLACE para ver máis fotos da actividade.

APRENDENDO O DEPORTE DO VOLEIBOL

Ao longo do curso fixemos varias cousas e entre elas foi a de coñecer e tomar contacto cun deporte de equipo, o voleibol. Démonos de alta nun programa educativo chamado "Pequevoley", promovido pola Federación Española de Voleibol. Inscribímonos, pagamos 50€ e mandáronos un kit deportivo composto de varias cousas, entre elas, as seguintes: unha rede de minivolei, dez balóns, petos, unha bolsa para transportar os balóns, un CD interactivo e explicativo... unha gozada.

Fixemos varias sesións tratando de que o alumnado do 3º ciclo tivera un coñecemento máis próximo ao redor deste deporte. Unha mágoa o non poder empregar a rede por falta de postes, porque de seguro, lles sería máis motivante. Esperemos para o ano poder empregala.

   

 

Ruta en KAYAKS pola ría de Ares

 

O pasado luns, 15 de xuño de 2021, os grupos de 5º, 6ºA e 6ºB de educación primaria, levamos a cabo unha xornada lúdico-deportiva nos arredores da praia da Madalena, no concello de Cabanas.

Poidemos desfrutar dunha serie de actividades deportivas grazas ao Clube CabanasKDM, que foi o encargado de dirixir as actividades. O tempo atmosférico foi estupendo para que os rapaces, rapazas e profesorado que acompañaron a saída, desfrutaran o máximo deste día.

Alí realizaron diversas actividades entre as que se atopan: ruta en kayaks pola ría, andaina de senderismo pola cosa até a pequena praia de Chamoso, diversos xogos na area, e tempo libre para poder darse un pequeno chapuzón. Posteriormente dispuxémonos a xantar até que o autobús nos recolleu para tornar ao colexio aí das 17h.

Unha experiencia fantástica para repetir todos os anos!!!

Deixámosvos un ENLACE para poder visualizar o realizado neste día.

O alumnado de EI seguindo o método DOMAN

Como xa comentara noutra entrada anterior, en Educación Infantil estamos a executar un Programa de Estimulación Temperá seguindo o método de Excelencia Física desenvolvida por Glenn Doman. Asegúrovos que cando entran a primeira hora é o que están a desexar. Queda moito por facer para que esté totalmente montado pero todo se andará.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dun grupo facendo as tarefas e un pequeno vídeo demostrativo no adxunto.

Uns fenómenos e fenómenas!!!

 

PROXECTO "CERO AZUCRE"

Deixamos mostra dunha exposición realizada co alumnado de 6º de educación primaria ao redor dun proxecto traballado dentro do blogue de saúde. Previamente explicamos diversos aspectos relativos á interpretación dos alimentos e bebidas envasadas. Traballamos a lectura e interpretación correcta dos ingredientes, priorizando o "primeiro ingrediente" da lista como o que en maior porcentaxe se atopa, en que un alimento non debería de ter máis de tres "Es": E-120, E-240...), rexeitar algún produto alimenticio que conteña máis de cinco ingredientes, descartar alimentos que conteñan graxa hidroxenada, parcial ou totalmente modificada, graxa ou aceite de palma, coco, palmiste...

Do mesmo xeito aprendemos a interpretar o cadro de información nutricional, fixándonos fundamentalmente na cantidade de graxa saturada, sal e azucres. Unha vez explicado todo isto centrámonos neste último punto, os azucres ocultos que aparecen nos produtos que consumimos día a día. Hoxe por hoxe o azucre engadido (diferente do presente de xeito natural como é o caso das froitas - frutosa) está considerado actualmente un grandísimo problema na sociedade, xa que sen percatarnos estamos a consumir unha cantidade moi elevadísima á RECOMENDACIÓN DA OMS. Dito consumo excesivo está a provocar en idades moi pequenas moitos problemas de obesidade, diabetes e outras patoloxías.

O proxecto, titulado "CERO AZUCRE", consistía en empregar produtos que se consumen no día a día (comida e bebida) e analizar tanto os ingredientes como a táboa nutricional. Unha vez analizada esta derradeira centrámonos na cantidade de azucre engadido que contiñan. A mostra aí a tedes nas imaxes. A verdade é que é impactante ver a cantidade de azucre que consumimos e que está oculto. Esa mesma impresión a tiveron todos os alumnos/as e mestres/as. Esperemos que collan conciencia da importancia de analizar un produto que vaian a consumir fixándonos neses parámetros, sen obsesionarse, pero sen pasar do tema. Vai na saúde dun mesmo.

Se queredes indagar un pouco máis sobre todo este tema tan interesantísmo, podedes picar non seguinte ENLACE. Quedarédesvos todavía MÁIS ABRAIADOS!!!

                

                

CORRENDO A MILLA!!!

Ola raparigos/as!

Deixámosvos unha serie de fotos máis un vídeo do alumando de 2º de eduación primaria facendo a proba da milla diaria. Da gusto velos a todos e a todas dándoo todo. Pouco a pouco vese o progreso desde que comezamos coa tarefa hai meses atrás. Son todos uns campións e campionas. Parabéns, figuras!!! Se queredes ver o vídeo picade no ficheiro adxunto que está debaixo das imaxes.

 

Encontro Telemático Intercentros

Hoxe temos que ensinarvos un vídeo que lle enviamos ao colexio amigo de CEIP A LAXE, en Valón (Ferrol). Ámbolos dous centros estamos dentro do programa Plan Proxecta polo que, por mor da Covid19, non podemos facer intercambios. A mestra de EF do colexio máis eu acordamos enviarnos algún reto para que o centro receptor o tratara de facer. Unha maneira máis de interaccionar aínda que sexa de modo telemático. Nesta ocasión envíamoslles un vídeo explicativo dun xogo moi entretido que a miña compañeira descoñecía. Chámase o xogo do TEKA, e ten moita relación co Béisbol. A principal diferenza radica en que non empregamos un bate de béisbol. Usamos unha pelota de fútbol e pateámola cos pés. Millor mirade o vídeo que de seguro que entendedes de que vai o conto :)

  

PROGRAMA ALIMENTES DE GADIS

 

A cadea galega de alimentación, GADIS, elaborou unha plataforma dixital onde poder traballar contidos ao redor da cadea dos alimentos, así como todo o proceso que conleva desde que se obtén o produto ata que chega ao consumidor final. É un traballo dividido enfocado para os catro grupos: EI, 1º, 2º e 3º ciclo de primaria. Ademais agrúpase en diferentes blogues para que o alumnado aprenda diversos coñecementos: lonxa, agro, gandaría, almacéns, chegada á tenda, froitaría, peixaría, lineal, caixa e fogar.

Déixovos uns enlaces por se queredes facer algunha tarefa ONLINE desde a casa. Do mesmo xeito, se queredes ter máis información ao redor de moitos aspectos sobre a alimentación (fichas para imprimir, consellos, receitas...), podedes picar na imaxe.

Espero que vos sexa de moita axuda!!!

Educación Infantil: https://alimentes.gadis.es/activity/eyJhY3Rpdml0eSI6MSwidGVhbSI6NDc1LCJz...

1º ciclo (1º e 2º EP): https://alimentes.gadis.es/activity/eyJhY3Rpdml0eSI6MiwidGVhbSI6NDc2LCJz...

2º ciclo (3º e 4º): https://alimentes.gadis.es/activity/eyJhY3Rpdml0eSI6MywidGVhbSI6NDc3LCJz...

3º ciclo (5º e 6º): https://alimentes.gadis.es/activity/eyJhY3Rpdml0eSI6NCwidGVhbSI6NDc4LCJz...

 

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

Na etapa de Educación Infantil, en vez de facer unha activación como tal, pensamos en instaurar un Programa de Estimulación Temperá. Para elo seguimos o método desenvolvido polo Dr. Glenn Doman. Un método chamado "Programa de Execelencia Física". Este doutor estadounidense (xa falecido) traballou moito con nenos/as con diversas lesións neuronais e comprobou que se todos os días se lles facía unha rutina de exercicios variados e progresivos, non só milloraban en motricidade grosa e coordinativa, senón tamén que ese beneficio redundaba na capacidade de xenerar maior concentración e polo tanto, maior aproveitamento da clase. O programa desenvólvese en tres apartados:

a)Competencia en movilidade: carreira, gateo e arrastre.

b) Competencia manual: braqueo

c) Programa activo de equilibrio

Deixamos a imaxe do Doutor Doman (se picades nel daravos información máis precisa sobre a personaxe) e tamén a primeira pedra angular para poder poñer definitivamente en marcha dito Programa de Estimulación Temperá, a escaleira de Braquiación. Todavía faltan cousas por facer, pero o máis importante xa o temos para poder empregala.

Moitas grazas a quen a eleboraron!!! De seguro que os pícaros mailas pícaras pasaranno "pipa".

 

COLLENDO ENERXÍA!!!

Outras das cousas que puxemos en marcha desde o 2º trimestre ao redor do proxecto de benestar emocional e físico, foi unha mini sesión de ACTIVACIÓN física en cada unha das aulas do centro (EP). Así, antes de dar comezo á rutina diaria do desenvolvemento das clases, cada mestre/a organiza durante 5-10 minutos unha parte de activación: vídeos de just dance, vídeos de activación para nenos/as, programa saudable de Nestlé... Deste xeito conseguimos que o alumnado se poña as pilas e colla a enerxía necesaria para o transcurrir da xornada educativa. Ademais, así está probado científicamente, que practicando todos os días ao levantarnos unha mini sesión de activación xenera un beneficio moi importante para a nosa saúde, emocional e física. Ao igual que as outras tarefas que puxemos en marcha a idea foi acollida con moito éxito entre o alumnado e profesorado. Deixámosvos un vídeo demostrativo de varias aulas onde estabamos a facer "Just Dance".

 

Distribuir contido