Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O FURANCHO DE EF

RELAX!!!

Seguindo coa nosa temática de millorar a saúde de todos e cada un de nós, desde o centro organizamos tamén un periodo para a RELAXACIÓN. Un periodo no que o alumnado aprenda a relaxarse, estar en silencio, baixar pulsacións, buscar a tranquilidade cando un se poida sentir algo nervoso... Así, desde o comezo do 2º trimestre, estamos a desenvolver á volta do recreo unha sesión de relaxación en cada un dos cursos. Esta sesión é previa á hora da lectura, co cal gañamos en todo o anterior máis en concentración e tranquilidade para que o proxecto lector sexa o máis fructífero posible, así como tramo final da xornada escolar. Cada mestre/a organiza a sesión como lle conveña, desde música clásica, mini sesións de ioga para nenos/as, música tibetana, música de piano, de violín, sesións audiovisuais de mindfulness para nenos/as... Unha experiencia moi positiva e cunha gran acollida por todo o alumnado. Deixámosvos un pequeno vídeo onde se está a facer o proxecto lector e de fondo escóitase a charla de Mindfulness para nenos/as. Para aqueles que non saibades que é o Mindfulnes, picade eiquí e obteredes información precisa

 

O IOGA como beneficio da nosa saúde

Como xa comentei anterioremente noutra entrada, neste curso estamos a desenvolver conxuntamente todo o colexio un proxecto ao redor do benestar emocional e físico, chamado EMOTICENTI. Previamente todo o alumnado de 6º andiveron a investigar sobre os beneficios e as vantaxes de practicar IOGA. Posteriormente levamos a cabo unha clase conxunta onde Antía, nai dunha das nosas alumnas e mestra de ioga, preparounos unha sesión especial na que nos resolveu unhas cantas dúbidas. A xornada foi todo un éxito. Acompañounos o tempo e foi unha moi boa experiencia para todos e todas. Deixámosvos unhas fotos dos grupos e un pequeno vídeo do comezo da sesión. Para velo picade eiquí.

MODIFICACIÓN DAS PARVAS!!!

Como xa comentei noutra ocasión, no colexio de Centieiras estamos traballando para millorar a saúde de todo o alumnado polo que como ben sabedes, puxemos inicialmente en marcha un novo programa para favorecer o movemento dos nosos nenos e nenas denominado, MILLA ESCOLAR. Ao mesmo tempo decidimos levar a cabo unha modificación das PARVAS facéndoas máis SAUDABLES. Deste xeito pretendemos facer novas recomendacións para que a alimentación do alumnado sexa o máis equilibrada posible. Desde o comezo do 2º trimestre recomendamos seguir o seguinte menú. A verdade que está a ser moi ben acollido polo alumnado mailas familias desde un primero momento. Parabéns, todo elo redundará na nosa saúde.

PLAN PROXECTA: A MILLA DIARIA

Este ano tivemos como obxectivo mellorar o noso benestar físico e emocional, xa que estamos a desenvolver un proxecto chamado EMOTICENTI, centrándose no benestar emocional e físico. Para elo, comezamos cunha actividade física chamada "A milla diaria". Todos os días un, dous ou tres grupos corren ou andan unha distancia proporcional a unha milla terrestre, nun percorrido polo centro marcado previamente. Deste xeito fomentamos o deporte e todo o que conleva: benestar físico, emocional (sáude), valores, escapar ao sedentarismo, afán de superación... son tantos que non poido escribilos todos!!!

 

Distribuir contido