Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

VISITA DUNHA DEPORTISTA DE ÉLITE!!!

Hoxe venres, 5 de maio de 2023, tivemos a ocasión de desfrutar dunha visita teórico - práctica por parte do Clube de Atletismo Ría Ferrol. Formaban parte da expedición, ademais de dúas directivas máis un entrenador, a atleta da comarca, Campiona de España e internacional Sub-20, Diaou Diallo, na súa especialidade o triple salto.

Explicáronlle ao alumnado de sexto de educación primaria a importancia do deporte como medio do fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta para a loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no só no deporte, senón tamén na vida.

Posteriormente puxeron en práctica diversos xogos e actividades enfocadas cara a práctica de diferentes disciplinas ao redor do atletismo.

O alumnado quedou moi satisfeito coa xornada desenvolvida e invitáronnos a pór en práctica este deporte nas súas instalacións deportivas. A continuación sacáronse fotos e solicitáronlle autógrafos á verdadeira protagonista da xornada, Diaou Diallo.

Queremos agradecer ao Clube Ría de Ferrol a súa visita emplazándoos a volver a vernos en vindeiras ocasións.