Skip to Content

Ed. infantil

EXPOSICIÓN DE XOGOS E XOGUETES DE MATERIAL DE REFUGALLO

No corredor de Infanitl temos a exposición de xogos e xoguetes de material de refugallo,dende aquí dar as grazas ás familias dos nenos de 6º de Infantil pola súa colaboración.

Os peques disfrutaron xogando cos xogos e xoguetes da exposición,aparte de conciencialos da importancia de RECICLAR,aprenderon a xogar e respetar as normas dos xogos,compartir,coidar,recoller e ordenar ox xogos e xoguetes

PREMIO PARA O BELÉN DO CEIP CARLOS CASARES

 Os grupos de sexto de Educación Infanitl do colexio Carlos Casares foron galardoados co primeiro premio do Concurso de Beléns do Obispado. O belén premiado foi elaborado polos cativos, as familias e máis as titoras dos grupos escolares Rosa María Esteves e Socorro Dalama.

       

                                       

DESFILE SAMAÍN INFANTIL

O venres día 28 celebramos Samaín no cole.Para tal celebración imos poñer en marcha a creatividade e imaxinación,xa que ese día os cativos poden acudir ó cole ataviados con disfraces caseiros feitos con materiais de refugallo:teas,papeis,bolsas de basura....Haberá un desfile e grandes premios

4ºA ELENA FERNÁNDEZ FERRÓN

4ºB MIGUELÁNGEL RODRÍGUEZ QUINTELA

5ºA BORJA BAHÍA ALONSO

5ºB SARA TOMBO RICO

 

6ºA LUCÍA BARATA GÓMEZ

 6ºB XIÁN MERA GÓMEZ

 

 

 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS NO COLE

Este ano os mandilóns AZUIS E VERMELLOS quixemos celebrar unha das tradicións máis populares do noso folckore, "OS MAIOS". Nun par de horas e coa axuda das mamás dos peques démoslle forma o noso  primeiro MAIO con fiuncho , margaritas, piñas, bugallos e flores variadas que as familias e os peques recolleron o fin de semana.Ademáis do MAIO e dun taller de coroas de flores ,tivemos música, Belén botounos a man unha vez máis e bailamos e cantamos "O XOGO DA CARRASQUIÑA",os peques disfrutaron un montón desta nova actividade. Se queredes ver como fixemos todo o traballo deixámosvos un video con retazos destos momentos...

 

DIA DO LIBRO

Este ano a celebración do Dia do Libro foi moi especial para os Rosas e Amarelos.

Realizamos unha saída que tiñamos pendente por terras da Baixa Limia,concretamente o concello de Bande.Visitamos o centro de interpretación AQUIS QUERQUERNIS xa que o campamento estaba totalmente asolagado; a igrexa vixigótica de Santa Comba e por último desembarcamos no instituto AQUIS QUERQUERNIS.

Neste último lugar tivemos a oportunidade de desfrutar de varias actividades(olimpiadas romanas,a lingua dos romanos,experimentos científicos,un proxecto de maxia...) e moi especialmente do APADRIÑAMENTO LECTOR.

Os cativos gozaron intensamente das atencións dos nenos/as maiores do instituto.Unha nova experiencia pedagóxica que fixo a delicia de todos.

Expresar o noso agradecemento a todos os profes e alumnado do Instituto encargados de participar nesta marabillosa vivencia e moi especialmente a ESTHER (mamá de Emma) que fixo posible unha xornada inesquecible.

A todo eles MIL GRAZAS e os nosos PARABÉNS!!!!!!!

SOMOS PALEONTÓLOGOS

 Os mandilóns VERMELLOS convertirónse en EXPERTOS PALEONTÓLOGOS despois de todo o que estudaron na clase sobre o mundo dos DINOSAURIOS, e coa axuda de REYES disfrutaron dunha mañá moi entretida e chea de aventura. Primeiro caracterizáronse de PALEONTÓLOGOS co disfraz que REYES preparou para eles ,imprescindible o sombreiro para refuxiarse de tantas horas como poden pasar o sol...Logo fixeron FÓSILES , con AREA,CAFÉ,FARIÑA e AUGA ,introduciron na masa osos de 4 DINOSAURIOS, fornearon 40 minutos e o enfriar REYES levou os FÓSILES  o AREEIRO alí os peques demostraron as súas dotes de PALEONTÓLOGOS, dura tarea xa que non foron quen de recuperalos todos...Levaron os FÓSILES a clase , o se MUSEO particular  ,limpiaron e usaron distintas ferramentas para separar as pezas das rocas ,e conseguiron reconstruir completamente o ESQUELETO do TRICERATOPS , acabaron esgotados a pesar dun pequeno descanso para merendar un T-REX despois do éxito da merenda con MARTA.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

Hoxe,os nenos de infantil de 5 anos tiveron a visita dunhas nais que viñeron a explicarlles a importancia de que tanto os homes coma as mulleres son iguais ou deberían ser iguas a nivel de dereitos e que as tarefas  deben ser compartidas entre os dous xa que todos poden e teñen que desempeñar a mesma labor-Que non existen tarefas para homes ou tarefas para mulleres.As nais representaron unha obra de teatro baseada nun libro titulado "Bonobos con gafas"

Aquí vos deixo o enlace:

 

 

Cholo e Nela

 

Xa podedes ver algunhas fotos da Convivencia de Educación Infantil que se celebrou en Vilaza o venres 27 de maio. Pouco a pouco iremos engadindo máis.

Ver fotos

Indiana Bill

Os nen@s de 3 anos foron a Ourense, ó parque Indiana Bill. Despois, na Librería, visitounos o contacontos Anxo Moure, e remataron a xornada no centro comercial Ponte Vella.

Preme aquí para ve-las imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut