Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Relixión, Música, PT/AL

DIA DA AUGA

Os nenos de 3º de primaria recibiron a visita de dúas chicas da Cruz Vermella de Xinzo de Limia para explicarlles o importante que e tomar conciencia de que a auga é unha reserva da natureza e que senón facemos unha serie de accións diarias coma:

  - Ducharse en vez de bañarse

  - Pechar a billa cando nos sexa necesario.

  -Aproveitar a auga da chuvia para regar as plantas

Pode que algún día a nosa querida "auga" desapareza das nosas vidas e do noso planeta.

Os nenos se mostraon moi interesados pola explicación.Tamén fixeron con eles un xogo,unha vez dividida a clase en equipos de catro nos que cando elas lles formulaban unha pregunta tiñan que escoller ,a modo de test,a resposta axeitada e para o equipo gañador era unha pinga de auga.

Tamén,de vez en cuando,para que os nenos nos se despistaran e perderan o fío da importancia desta charla elas decían en voz alta

   A AUGA.....e eles contestaban...E VIDA

 

 

DEPORTE ESCOLAR

O día 8 de abril os nenos foron ao campo da Moreira,en Xinzo,a realizar diferentes tipo de probas dentro do programa de Deporte Escolar e os clasificados son os seguintes:

 

Benxamín feminino         LUCÍA RODRÍGUEZ MENO                 Velocidade/Lonxitude

Alevín feminino               ELENA GARCÍA MATOS                     Peso

Alevín masculino             IZAN FEIJOO BARJA                         Velocidade

Alevín masculino             ROBERTO CEERDEIRO GARCÍA          Peso

Alevín masculino             HUGO LOSADA PÉREZ                      Peso/Pelota

Alevín masculino             CARLOS GONZÁLEZ VARELA              Peso

Infantil feminino             HELGA RODRÍGUEZ SUEIRO              Todo

Infantil masculino           ALEJANDRO BLANCO RODRÍGUEZ       Fondo/MF

 

 

    

EXCURSION A MANZANEDA

Os nenos de 6º fomos o mércores 16 de Marzo a Estación de Esquí de Manzaneda. A viaxe foi moi boa xa que case non nos mareamos... Desde que chegamos collemos o equipamento e subimos no telesilla. Algúns de nos tiñamos medo pero desde que chegamos arriba todos queriamos repetir. Cando chegamos á pista de iniciación repartimonos en tres grupos, cada un co seu monitor. Juan Carlos, Ana e Mónica, que así se chamaban, explicaron como era o material e como poñer e quitar os esquíes e a frear.

Posteriormente comezamos a esquiar e chegaron as primeiras caídas e os primeiros abandonos. Despois de descender a pista de iniciación esquiando volvemos a subir na  "percha".

Aproximadamente as dúas da tarde finalizou a sesión e retornamos no telesilla para deixar o material.

Por último, comemos os bocadillos e xogamos na neve. Algúns de nos compramos algúns recordos e retornamos para a casa moi cansados.

 

ENLACES PARA TRABALLAR NAS CASAS

A continuación deixamos unha serie de enlaces para as familias que poidan traballar nas suas casas con seus fillos para seguir traballando o que se fai na escola.

1.Contos para traballar la lectura comprensiva

    FRANCISCO BOTELLA MALDONADO

 

2.Xogos online para traballar a atención en primaria

                

      MUNDOPRIMARIA.COM

SOMOS PALEONTÓLOGOS

 Os mandilóns VERMELLOS convertirónse en EXPERTOS PALEONTÓLOGOS despois de todo o que estudaron na clase sobre o mundo dos DINOSAURIOS, e coa axuda de REYES disfrutaron dunha mañá moi entretida e chea de aventura. Primeiro caracterizáronse de PALEONTÓLOGOS co disfraz que REYES preparou para eles ,imprescindible o sombreiro para refuxiarse de tantas horas como poden pasar o sol...Logo fixeron FÓSILES , con AREA,CAFÉ,FARIÑA e AUGA ,introduciron na masa osos de 4 DINOSAURIOS, fornearon 40 minutos e o enfriar REYES levou os FÓSILES  o AREEIRO alí os peques demostraron as súas dotes de PALEONTÓLOGOS, dura tarea xa que non foron quen de recuperalos todos...Levaron os FÓSILES a clase , o se MUSEO particular  ,limpiaron e usaron distintas ferramentas para separar as pezas das rocas ,e conseguiron reconstruir completamente o ESQUELETO do TRICERATOPS , acabaron esgotados a pesar dun pequeno descanso para merendar un T-REX despois do éxito da merenda con MARTA.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

Hoxe,os nenos de infantil de 5 anos tiveron a visita dunhas nais que viñeron a explicarlles a importancia de que tanto os homes coma as mulleres son iguais ou deberían ser iguas a nivel de dereitos e que as tarefas  deben ser compartidas entre os dous xa que todos poden e teñen que desempeñar a mesma labor-Que non existen tarefas para homes ou tarefas para mulleres.As nais representaron unha obra de teatro baseada nun libro titulado "Bonobos con gafas"

Aquí vos deixo o enlace:

 

 

BONSAIS

Os alumnos de 4º de primaria están estudando o tema das Plantas e como complemento tiveron a visita da nai dun alumno que lles estivo explicando o cultivo dos bonsais adaptados á climatoloxía galega.

 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

O día 18 de Decembro tivo lugar o Festival de Nadal no ximnasio do colexio onde participaron todos os nenos.Temos que dar as gracias a mestra de música,Conchita,pola grande labor que levou a cabo cos nosos alumnos,xa que estivo durante moito tempo ensaiando con eles e o resultado foi impresionante.

Os nenos estiveron radiantes,participativos,contentos,e todos aqueles adxectivos que se vos ocurran para poder definir semellante acto.

Na metade do festival a coordinadora de Normalización ,Patricia,fixo entrega dos regalos os nenos que quedaron gañadores dos concursos que se levaron a cabo durante o primeiro trimestre deste ano ( aínda que teño que engadir que todos resultaron gañadores polo mero feito de participar)

Tamén teño que felicitar ás profes de infantil polo seu enorme traballo para lograr estas actuacións tan maravillosas que fixeron os nenos máis pequenos,algo que é moi difícil debido a idade destes cativos.

O festival resultou maravilloso e todos disfrutamos del.

 

5º Viaxa ao Universo!

Os alumnos e alumnas de Educación Primaria de 5º viaxan ao universo e coñecen o Sistema Solar a través dun proxecto moi interesante.

5º Viaxa ao Universo! on PhotoPeach

Excursión 2º Primaria

Os nenos e nenas de 2º de Primaria fomos de excursión ó Grove. Visitamos o acuario, a illa da Toxa, viaxamos no catamarán e ata vimos delfíns!!!

Ver fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut