Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Relixión, Música, PT/AL

CURSILLO DE ESQUÍ NA NEVE

Os nenos de 6º de primaria realizaron unha visita a estación de esquí de Manzaneda onde un monitor lles ensinou os principios básicos e que puideron por en práctica nas diferentes pistas.

 

 

PRIMEIRO PREMIO PARA OS NENOS DO CEIP CARLOS CASARES NO CONCURSO DE BELÉNS ORGANIZADO POLO BISPADO

Os nenos de 5º de Infantil foron a recoller o seu premio por quedar gañadores no concurso de Beléns organizado polo Bispado de Ourense.

O premio consistiu nunha mochila para cada un deles con material escolar ademáis de contos para a aula.

  

 

    

 

DESFILE SAMAÍN 2017

Os nenos de infantil fixeron un marabilloso desfile no patio do colexio mostrando os disfraces máis orixinales.

Aquí están os gañadores:

INFANTIL 6ºA

CARLOTA SEGUÍN ÁLVAREZ

AINARA ARAÚJO MARTÍNEZ

INFANTIL 5ºA

MIGUELANGEL ANDRÉS RODRÍGUEZ QUINTELA

INFANTIL 5ºB

MELANIE MAGALLÁIS FERNÁNDEZ

 

INFANTIL 4ºA

BRAIS DOMÍNGUEZ RAMOS

 

INFANTIL 4ºB

SAMUEL MAGALLAES FERREIRA

 

CONCURSO " DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

David,un neno de 6º de Infantil,participou no concurso convocado polo COLEXIO OFICIAL DE XOIEIROS  " DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI",acudiu a SANTIAGO DE COMPOSTELA xa que quedara finalista entre máis de 10.000 participantes,e non vexades a cariña que se lle quedou cando a presentadora dixo o gañador na categoría de 5 a 7 anos é un neno do CEIP CARLOS CASARES DE XINZO DE LIMIA... DAVID DÍAZ RODRÍGUEZ,que contentísimo subiu ó estrado a recoller a XOIA que fixeron para a súa MAMÁ do deseño que él fixo,por suposto subiu tamén REYES, a súa nai,moi emocionada a recoller a XOIA que DAVID lle entregou. NORABOA a DAVID e a REYES!!! 

 

EXPOSICIÓN DE XOGOS E XOGUETES DE MATERIAL DE REFUGALLO

No corredor de Infanitl temos a exposición de xogos e xoguetes de material de refugallo,dende aquí dar as grazas ás familias dos nenos de 6º de Infantil pola súa colaboración.

Os peques disfrutaron xogando cos xogos e xoguetes da exposición,aparte de conciencialos da importancia de RECICLAR,aprenderon a xogar e respetar as normas dos xogos,compartir,coidar,recoller e ordenar ox xogos e xoguetes

TEATRO EN INGLÉS PARA ESCOLARES NO AUDITORIO.

Dentro da programación para escolares Afundación,chega a Ourense Freaky,de Blue Mango Theatre.Unha divertida función de teatro de actor en inglés para 4º,5º e 6º de primaria no Auditorio Municipal.

PREMIO PARA O BELÉN DO CEIP CARLOS CASARES

 Os grupos de sexto de Educación Infanitl do colexio Carlos Casares foron galardoados co primeiro premio do Concurso de Beléns do Obispado. O belén premiado foi elaborado polos cativos, as familias e máis as titoras dos grupos escolares Rosa María Esteves e Socorro Dalama.

       

                                       

DESFILE SAMAÍN INFANTIL

O venres día 28 celebramos Samaín no cole.Para tal celebración imos poñer en marcha a creatividade e imaxinación,xa que ese día os cativos poden acudir ó cole ataviados con disfraces caseiros feitos con materiais de refugallo:teas,papeis,bolsas de basura....Haberá un desfile e grandes premios

4ºA ELENA FERNÁNDEZ FERRÓN

4ºB MIGUELÁNGEL RODRÍGUEZ QUINTELA

5ºA BORJA BAHÍA ALONSO

5ºB SARA TOMBO RICO

 

6ºA LUCÍA BARATA GÓMEZ

 6ºB XIÁN MERA GÓMEZ

 

 

 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS NO COLE

Este ano os mandilóns AZUIS E VERMELLOS quixemos celebrar unha das tradicións máis populares do noso folckore, "OS MAIOS". Nun par de horas e coa axuda das mamás dos peques démoslle forma o noso  primeiro MAIO con fiuncho , margaritas, piñas, bugallos e flores variadas que as familias e os peques recolleron o fin de semana.Ademáis do MAIO e dun taller de coroas de flores ,tivemos música, Belén botounos a man unha vez máis e bailamos e cantamos "O XOGO DA CARRASQUIÑA",os peques disfrutaron un montón desta nova actividade. Se queredes ver como fixemos todo o traballo deixámosvos un video con retazos destos momentos...

 

DIA DO LIBRO

Este ano a celebración do Dia do Libro foi moi especial para os Rosas e Amarelos.

Realizamos unha saída que tiñamos pendente por terras da Baixa Limia,concretamente o concello de Bande.Visitamos o centro de interpretación AQUIS QUERQUERNIS xa que o campamento estaba totalmente asolagado; a igrexa vixigótica de Santa Comba e por último desembarcamos no instituto AQUIS QUERQUERNIS.

Neste último lugar tivemos a oportunidade de desfrutar de varias actividades(olimpiadas romanas,a lingua dos romanos,experimentos científicos,un proxecto de maxia...) e moi especialmente do APADRIÑAMENTO LECTOR.

Os cativos gozaron intensamente das atencións dos nenos/as maiores do instituto.Unha nova experiencia pedagóxica que fixo a delicia de todos.

Expresar o noso agradecemento a todos os profes e alumnado do Instituto encargados de participar nesta marabillosa vivencia e moi especialmente a ESTHER (mamá de Emma) que fixo posible unha xornada inesquecible.

A todo eles MIL GRAZAS e os nosos PARABÉNS!!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut