Skip to Content

Libros de texto

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.2016/2017

A Orde do 27 de abril de 2016 (DOG do 16 de maio) regula as distintas modalidades de gratuidade solidaria de libros de texto para o vindeiro curso 2016-2017: a participación no fondo solidario, as axudas para adquirir libros de texto e as axudas para adquirir material escolar.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

  1. Todas as familias do alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E. Primaria poderán solicitar acollerse ao FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  (banco de libros) regulado na Orde do 27 de abril
  2. As familias do alumnado de 1º e 2º de E. Primaria, que non superen os 9000€ de renda per cápita no ano 2014, poderán solicitar as AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO (vale) reguladas na mesma Orde.
  3. Todas as familias do alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria que non superen os 5400€ de renda per cápita no ano 2014 poderán solicitar as AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (vale) reguladas na Orde do 27 de abril.

Nesta convocatoria presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro

Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de maio ao 23 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

Impreso de solicitude das axudas: 

MOI IMPORTANTE: tanto para solicitar as axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros mercados con cargo ao vale e utilizados no presente curso, agás o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria por non ser reutilizables.

Para máis información preguntar na secretaría do centro

Ampliación das axudas para adquisición de material escolar para alumnado de Educación Primaria e Educación Especial Curso 2015-2016

Axudas-materialCONVOCATORIA: Orde do 6 de novembro de 2015 (DOG 10 de novembro) de axudas para adquisición de material escolar http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

  • BENEFICIARIOS: alumnos de educación primaria e educación especial que non solicitaran a convocada no mes de setembro.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 11 de novembro ao 21 de novembro (ambos os dous incluídos).
  • LUGAR DE RECOLLIDA E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Secretaria do Centro.
  • CONTÍA DAS AXUDAS: 50 €
  • Renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 €.
  • ADQUISICIÓN DO MATERIAL: Ata o 30 de novembro de 2015.
  • DOCUMENTACIÓN A APORTAR (Fotocopia e orixinal para cotexar):
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, se non autorizan a consulta telemática na solicitude.
    • Fotocopia do libro de familia con tódolos membros ou documento que acredite os membros da unidade familiar. Se hai algunha situación distinta (separacións, divorcio, etc..) deberá presentar, ademais, documentación xustificativa (situación familiar a 31 de decembro de 2013)
    • No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013; certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% resolución da S.S. da condición de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou documentación acreditativa de pensionista de clases pasivas (pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade).
    • Declaración da Renda das Persoas Físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática na solicitude.

Aclaratoria: Esta axuda poden solicitala as familias dos alumnos/as de educación primaria e educación especial, que reunindo os demais requisitos, non a presentaran no mes de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut