Para celebrar o Día de Rosalía, dous alumnos de 5º acompañados da súa titora Irene, acudiron ao " Recuncho da lingua" en Radio Estrada con un poema musicado. Clica na imaxe para escoitalo. A nosa intervención está entre o minuto 16 e 24 aproximadamente.
ESTE TRABALLO FOI REALIZADO POR JAMILA E PAULA DE 6º, XUNTO CO ALUMANDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA. A MÚSICA ESTÁ INTERPRETADA POLOS ALUMANOS DE 6º ACOMPAÑADOS AO CLARINETE POLA SÚA MESTRA DE MÚSICA IRENE.
Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.
A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.
Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole. Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples. A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.
O 24 de febreiro disfrutamos da lectura de poemas de Rosalía de Castro por parte de Uxía e Sergio, de 5º e 6º respectivamente. A elaboración dovídeo tamén correa pola súa conta.
Ao remate do curso recóllese na revista escolar o máis reseñable do realizado ao longo do curso. Recordade que en moitos artigos hai creados enlaces para poder desfrutar doutra maneira das montaxes de vídeo que foron elaboradas por alumnado e polos mestres coordinadores da biblioteca e do EDLG.
Comezamos o curso cunha visita importante. O pasado venres 10 de setembro visitáronnos Ángela e Mariña, dúas colaboradoras da ONG Stop Accidentes. Como o seu nome indica traballan na atención a persoas que foron víctimas dun accidente de tráfico pero tamén se esforzan por concienciar á cidadanía en xeral da importancia de acadar bos hábitos de RESPECTO aos demais como usuarios da vía pública.
Mellorar a nosa CONVIVENCIA e coñecer algunha das NORMAS básicas foi o que nos deixaron ese día.
O 18 de xaneiro levamos a cabo a actividade sobre as aves para o segundo trimestre. Contamos con Alouette machine.
Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal mediante obradoiros e mostras de como funciona. Traballamos «Os superpoderes das aves», coa
O día 10 de marzodeu comezo a actividade " As familias contan" que implica a participación das familias para a lectura de contos na aula de infantil. Esta iniciativa resultou ser un éxito e contou cunha gran acollida por parte de todos e todas.
Irune e Alejandra, alumnas de 2º de EP, asistiron á presentación do poemario "No bico do vento" de Charo Golmar no MOME (A Estrada), co fin de ler un dos seus marabillosos poemas e que leva por título "PRIMAVERA".
Invitámosvos a ver este vídeo para presenciar o poema que representaron.
Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas do Cabada Vázquez vimos cos nosos mestres/as o curto "Sadako y las mil grullas de papel". Despois traballamos moito facendo "grullas" de papel, aínda non chegamos ás 1.000 pero xa nos falta menos...
Podes consultar máis información sobre a historia de Sadako premendo aquí
NO SEGUINTE ENLACE E A PARTIRES DO MINUTO 1:07:20 PODES ESCOITAR AO NOSO COMPAÑEIRO XABIER CAMBA DO IES ANTÓN LOSADA ONDE FALARÁ DO TRABALLO CONXUNTO DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA E DA III FESTA DAS PALABRAS QUE ORGANIZAN OS EDLG.
O pasado 17 de maio, conmemorando o día das letras galegas, unha pequena representación de alumnado do centro coas súas familias, asistiu a unha xuntanza organizada pola ANPA do noso centro e na que recitaron poesías e danzaron arredor do maio elaborado entre membros da ANPA (a estrutura) e o propio alumnado do centro. Nesta parte, aínda que colaborou o profesorado, todo o alumnado do centro participou na xornada do mércores 16 na confección da base de verde da estrutura xa facilitada pola ANPA, e por suposto na colocación dos adornos e no acabado final. Quedou moi lucido e ai vos deixamos unha pequena mostra, tanto do traballo no centro como sobre todo da festa do día das Letras Galegas en Callobre. Bo traballo rapaces e rapazas!