Contido popular
Título |
Resumo |
Rematando o curso! |
Quedan poucos días para dar por finalizado este curso e dende aquí gustaríame despedirme de todos vós con moito agarimo, por ser uns alumnos exemplares, participativos, xenerosos e incribles.
A miña etapa como a vosa mestra chega ao seu fin con gran tristeza e pesar, pero con ledicia de haber compartido tantos momentos, vivencias, experiencias e todas as aprendizaxes acadadas ao longo de estes 3 marabillosos cursos académicos. Non cambiaría nada de todo o vivido.
Agradecervos a vosa implicación e boa actitude cara min e cara a educación física, oxalá logredes todos os obxectivos que vos propoñades.
Moitas apertas da vosa profe, saúdos dende o corazón!
|
1ª carreira de orientación do Samaín. |
Para conmemorar o Samaín dun xeito terrible e monstruoso realizamos a primeira carreira de orientación, na que participaron con gran éxito todos os alumnos e alumnas de primaria do colexio.
Deste xeito tan divertido coñeceron as normas básicas deste deporte, movéronse moi rapidamente para atopar cada unhas das pistas terroríficas, aprenderon a traballar en equipo para lograr un obxectivo común e pasárono tremendamente ben.
Moitas gracias pola participación e por respectar as normas do xogos, para o ano máis e mellor campións!
|
Coreos no recreo |
Voltamos das vacacións de Nadal con moitas ganas de aprender, de traballar, de falar cos compañeiros/as ... pero tamén de BAILAR! Aproveitamos que agora na aula de Psicomotricidade dispoñemos dunha pantalla dixital para proxectar, os martes e xoves nos recreos, coreografías e bailalas. Esta primeira semana bailamos as cancións de "Limbo" e "Acróstico". Qué nos deparará a próxima semana?
A mover o esqueleto!
|
Xogos tradicionais antes das vacacións |
Para dar por finalizado o segundo trimestre levamos a cabo unha xornada de xogos tradicionais con todos os alumnos do colexio: infantil e primaria.
Gozamos da diversión dos mesmos, de compartirlos cos compañeiros e disfrutamos e pasamos un tempo agradable movéndonos e manténdonos activos. As propostas de xogos estaban en 6 estacións cun tempo mínimo establecido para cada unha e cambiando de xeito rotatorio.
Os xogos propostos foron: roubar cintas dos sacos dos compañeiros, birlos, petanca, un circuito de aro con guía, carreira de ovos de pascua e culleres cos pés atados e lanzamento a un cono.
Qué ben o pasamos e canto nos movemos!
|
Día da Educación Física na rúa |
Este curso 22-23 decidimos participar na conmemoración do día da educación física na rúa.
O martes 25 saímos á rúa os alumnos de 5º e 6º, co resto de colexios e institutos, da Estrada para festexar este día tan importante na nosa materia.
Foi unha xornada na que quixemos dar visibilidade á educación física con distintas propostas lúdico-deportivas como o hockey, rugby, brilé, xogo do paño, lanzamento de frisbee, mariola... foron algunhas das actividades que se levaron a cabo nos distintos espazos públicos do casco urbán. Ademáis de pasalo ben e estar en movemento constante, puidemos compartir espazo e momentoS de xogo con outros colexios, do que disfrutaron moitísimo.
Moitas gracias pola vosa particpación e implicación.
|
Memory de mulleres deportistas |
O 8 de marzo, día da muller, conmemorámolo realizando un memory de mulleres deportistas. Con esta proposta de actividade, encadrada dentro do Plan de Vida Activo e Deportivo, permitiulles coñecer figuras femeninas relevantes de deportes pouco coñecidos, así como achegarse á gran diversidade de deportes existentes tales como: natación sincronizada, motociclismo, boxeo, augas bravas, taekwondo, rugby...etc
Deste xeito pretendemos manternos activos mediante o movemento e a actividade física, debían de emparellar as tarxetas realizando unha carreira, e reflexionar sobre a pouca difusión e coñecemento do xénero feminino no ámbito deportivo.
|
Benvidos ao curso 2023 - 2024! |
Comezamos con enorme ilusión este novo curso e ... Que mellor forma de facelo que gozando do deporte e dos compañeiros/as? O exercicio físico é fundamental para a nosa saúde, tanto física como social e mental. Por este mesmo motivo, ao longo de todo o curso, dende o colexio darémoslle a importancia que ten ao deporte e á actividade física.
Un dos momentos onde a actividade deportiva cobra maior relevancia é nos tempos de recreo, así pois e como se iniciou o curso pasado, volveremos a organizar os recreos no patio. Propóñense actividades variadas para todos os días da semana, con distinto material para non caer na monotonía e nos mesmos xogos de sempre.
Para levar a cabo a distribución e recollida de material, haberá dous alumnos/as cada día, de 5º e 6º de Primaria. Tomarán nota, ao finalizar o recreo, de que todo o material fose devolto e concienciarán aos máis pequenos de facer un uso responsable do mesmo.
A pasalo mooooi beeeen!
|
Chegou o Magosto! |
Case sen tempo de recuperarnos do Samaín, celebramos este venres 10 de novembro o Magosto. E se falamos do Magosto, temos que falar de castañas e dos xogos populares. Así mesmo, organizamos todos xuntos unha xornada de xogos tradicionais. Dividímonos en 7 grupos, 2 de Ed. Infantil e 5 de Primaria e fixemos 7 estacións para 7 xogos populares: a chave, a culler, os bolos, a raia, carreira de sacos, o ferrón e a comba.
Cada grupo, dispoñia duns 10-15 min para xogar a cada xogo popular; cando se dicía cambio, todos cambiamos para pasar ao seguinte xogo. Traballamos os lanzamentos, a axilidade, os saltos e sobre todo o compañeirismo e a cooperación. Xornada deportiva, xornada divertida! E para rematar e recuperar forzas, comemos as castañaaaas!
|
Coreografía de Samaín 2023-2024 |
O martes 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. E qué mellor maneira que facendo obradoiros terroríficos? Tivemos obradoiros de manualidades, de cociña, de decoración de cabazas e de baile.
No obradoiro de baile, os nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Primaria realizamos unha coreografía aterradora, onde puidemos traballar a expresión corporal. Versionamos en galego e bailamos a canción de "Bien es halloween", de Luli Pampín. Pasámolo terrorificamente ben!
|
O Club Ciclista Estradense |
O 18 de setembro tivemos unha visita moi deportiva no noso cole. Visitounos o Club Ciclista Estradense, que nos tiña preparado un circuíto para comprobar a nosa habilidade enriba da bicicleta.
Realizamos o circuíto por cursos, había rectas estreitas, zig - zags, cambios de dirección continuos e mesmo unha rampa! Pasámolo xenial!
|
Multixogo 1º e 2º E.P. |
O 7 de marzo realizamos unha xornada de Multixogo con nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. doutros coles da zona. Foi unha xornada moi deportiva, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro; esta actividade está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro (PVAD), no apartado de XOGADE.
Nesta xornada había 6 zonas ou estacións diferenciadas e por grupos íase rotando cada 20 minutos para realizar todos os xogos:
- Zona de habilidades motrices con circuítos.
- Zona de lanzamentos e golpeos.
- Zona de saltos.
- Zona de xogos populares.
- Zona de xogo en grupo.
- Zona de habilidades con balóns e pelotas.
Pasámolo xenial e estamos desexando repetir. O deporte é saude e diversión. Volvemos cansos pero cheos de enerxía e alegría para volver facer moitas máis!
|
Encontros Multideportivos 3º e 4º de E.P. |
O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE.
Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.
Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.
Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!!
|
Día da Educación Física na Rúa |
Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental.
A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.
Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!!
Saímos na prensa
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...
|
Datchball 5º e 6º de E.P. |
O xoves 30 de maio fixemos a última das saídas deportivas do centro. Nesta ocasión foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de E.P. que, como ven sendo habitual, desprazouse ao Pavillón Manuel Coto Ferreiro para realizar unha xornada de encontros multideportivos na que se xogou ao Datchball.
O Datchball é un deporte alternativo e inclusivo que se xoga coa dinámica do brilé pero con 3 pelotas. Para facelo aínda máis divertido había superpoderes: Hulk, Superwoman, Lobezno, Batman ...O alumnado organizouse por equipos de 8 ou 9 membros, contando en todos os equipos con alumnos/as de 6º e de 1º da ESO dos centros educativos da contorna.
A xornada prolongouse durante unhas 3 horas, na que os sorrisos, o compañeirismo e o espírito deportivo estiveron moi presentes.
Agradecer á Agrupación Deportiva de A Estrada, formada polo mestres/as de Educación Física dos colexios da comarca, a implicación durante todo o curso escolar, organizando e aportando ideas para que os nosos rapaces e rapazas poideran disfrutar destas experiencias deportivas. Para o vindeiro curso seguro que haberá moitas máis!
|
|