PSICOMOTRICIDADE |
O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º teñen clase de psicomotricidade todos os días. A continuación presentamos uns vídeos que resumen o traballo realizado na aula de Educación Física.
|
EDUCACIÓN FÍSICA (TODOS OS CURSOS) |
Como todos os anos o último día de clase facemos xogo libre, así que esta semana podedes practicar os xogos que máis vos gustaron ao longo do curso, ou calquera outro que coñezades.
Non é necesario que me enviedes nada, pero se alguén quere enviarme algo aquí estou.
Ao longo da semana irei subindo á web os últimos traballos que fixéchedes de educación viaria.
Espero que teñades un bo verán.
Saúdos, saúde e móvete moito!
|
Danza Urbana _ Móvete + _ PDC_ Proxecta |
É importante darlle ferramentas ao alumnado para crear hábitos de vida saudables, por iso, dende o CEIP Cabada Vázquez apostamos por un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) que integre deportes (XOGADE) e baile (Móvete +).
Por outra parte, buscamos que o alumnado poida continuar coas actividades físico-deportivas, máis aló da escola, de aí que traiamos ao colexio actividades que se ofertan dende a súa localidade. Neste caso contamos coa visita da Sofía Mosteiro e Elia do Ximnasio Absolute da Estrada, coas que aprendemos unha danza urbana. Poden ver algunhas imaxes no enlace.
Moitas gracias Sofía e Elia. Foi moi divertido.
|
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (do 3 ao 17 de abril) |
|
DESPEDIDA - BO VERÁN |
DESPEDIDA
Rematou o curso e rematou o meu traballo en Codeseda. Foi todo un pracer compartir convosco estes dous anos e, quérolle dar as grazas a todas e todos os que participáchedes nas clases de Educación Física online, incluídas as familias.
Deixo un último traballo que me enche de ledicia e que resume o que fixemos no último trimestre. Moitas gracias Melania!
Unha forte aperta virtual e bo verán Codeseda.
|
LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC |
LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC
Dende Educación Física e Plástica, e en relación co noso Proxecto Deportivo de Centro, propuxemos realizar xogos tradicionais para adentrarnos na nosa cultura e celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Podemos resumir o traballo do alumnado e das súas familias nos seguintes vídeos. Gozade deles!
INFANTIL, 1º e 2º
3º e 4º
5º e 6º
|
CROSS PROVINCIAL- PDC- XOGADE. |
O 1 de febreiro participou o alumnado clasificado na competición de "Campo a través" provincial, celebrada no parque de Castrelos, en Vigo.
O alumnado foi acompañado polas súas familias e a mestra de EF.
|
EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS
(Semana do 4 ao 10 de maio)
Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.
Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.
Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:
Nome e curso:
Nome do xogo:
Materiais necesarios:
Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):
Foto ou debuxo xogando:
Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.
Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:
- Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0
- Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:
o Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo
o Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c
o Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20
o Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks
o As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE
Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.
- Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04
Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.
Saudiños, saúde e móvete moito!
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL 1º E 2º |
INFANTIL, 1º E 2º (Semana do 20 ao 26 de abril)
Esta semana seguimos movéndonos e traballando a lateralidade (dereita/esquerda) ademais do adiante e atrás.
Podes xogar comigo:
Para infantil: https://youtu.be/vs8LVQkCwhw
Para 1º e 2º: https://youtu.be/7LjYCah1Nms
Para 1º e 2º Lateralidade: https://youtu.be/t-eb97KLIo8
(Se podes envíame a túa proposta para o xogo. Por exemplo: 1 Rosa, 2 laranxa, 3 verde, 4 azul)
Saúdos, saúde e movédevos moito!
PROPOSTAS DO ALUMNADO
(Fai clik na imaxe)
|
PRIMEIRO DÍA DE CLASE_ Be active- Somos activos-Galicia saudable_ PLAN PROXECTA |
1º DÍA DE CLASE.
Comezamos o curso con enerxía, realiando varias activiades físico-deportivas:
- Circuíto
- Xogos con paracaídas
- Reto Cooperativo e o pano
- Xogos de corda
- Paintball con balón
Este é o noso punto de partida para o noso Plan PROXECTA no que participamos a través do XOGADE e o Móvete +
|
EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º (Día 8 de maio) |
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º _ Muiñeira hip hop (Do 23 ao 30 de abril) |
EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP
(Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!
https://youtu.be/GnImsMSsxXI
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:
1º paso: https://youtu.be/7wliLhkPcZM
2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ )
3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )
Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).
Para terminar estiramos un pouco:
https://youtu.be/oEnaCyGf_4s
Saúdos, saúde e móvete moito!
Carmen.
|
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 1º e 2º (Do 11 ao 24 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 1º e 2º
XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS
(Do 11 ao 24 de maio)
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (30 de abril) |
EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º
(Clase do 30 de abril)
Nesta sesión imos a rematar coas actividades relacionadas coa “muiñeira hip hop”.
Comezamos quecendo:https://youtu.be/IH2ZbU2i9qI (Imítame para quentar os músculos e prepararnos para os exercicios)
Agora vamos a facer equilibrios e xiros:
- Equilibrio 1: https://youtu.be/GI944XCTL3E (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).
- Equilibrio 2: Inventa un equilibrio e envíame un vídeo, se podes.
- Xiro 1: https://youtu.be/cmNNkkTxqmc (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).
- Xiro 2: Inventa un xiro e envíamo, se podes.
Tes ata o 5 de maio para enviarme os vídeos.
Por último, estiramos un pouco. Sígueme! https://youtu.be/qft7Spb5KG4
Saúdos, saúde e móvete moito!
Carmen
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (semana do 1 ao 5 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA - EDUCACIÓN VIARIA
RESPOSTAS DO ALUMNADO
(Pincha na imaxe para ver o vídeo)
|
DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR #Be active#Somos activos#Galicia saudable@educacondeporte, #ESSD2019, @EuSport, @ISCA_tweet, @mdsz_hssf _ PLAN PROXECTA |
Hoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar, realizando as seguintes actividades:
- Unha coreografía de baile para a que utilizamos a canción "Sen o teu riso non me vou" do grupo galego Monoulious Dop.
- Estación con diversos xogos:
- Mariola, yoyo e chapas.
- Carreiras de relevos.
- Tres en raia con movemento.
- O pano ou a corda.
Foi unha xornada diferente, con moito deporte e diversión.
|
MÓVETE + _ LETRAS GALEGAS |
O 16 de maio realizamos diversas actividades para conmemorar o día das Letras Galegas (17 de maio).
Dende o "Móvete +" preparamos 2 bailes para amosalos nesta data tan significativa.
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Do 29 ao 29 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL - EDUCACIÓN VIARIA
(Pincha na imaxe para saber o que hai que facer)
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Semana do 4 ao 10 de maio) |
|
EDUCACIÓN FÍSICA (Do 25 ao 29 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA - EDUCACIÓN VIARIA
(Pincha na foto para ver as actividades)
RESPOSTAS DO ALUMNADO
(Pica na imaxe para ver o vídeo)
|
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º (do 3 ao 17 de abril) |
|
MOVÉMONOS COA MÚSICA II |
RETO 5º e 6º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/wyM4dvh-h2c
2º Traballamos con raqueta e pelota (lembrade que poden ser feitas por vós). O máis importante é seguir o ritmo. Mirade o vídeo da profe Irene e facede o mesmo: https://youtu.be/eMY6GD6lsUo
Esta é a representación do ritmo:
|
Corresponde á parte B da canción “Jump in the line”.
Jump in the Line (Shake, Senora) é unha canción de calipso (xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Hondoras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados) cantada por Harry Belafonte e composta por Lord Kitchener .
Aquí vos deixamos a música da PARTE B:
https://www.dropbox.com/s/89cijezl0jg0qzq/Reto%205%C2%BA%206%C2%BA%20raqueta.mp3?dl=0
No seguinte enlace podedes escoitar a canción enteira interpretada por Harry Belafonte:https://www.youtube.com/watch?v=kMXBJW1PuU8
Tedes ata o 24 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene.
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/F4Qlv8ywWKA
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.
|
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA 5º e 6º (ata o 17 de abril) |
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA ATA O 17 DE ABRIL
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Do 11 ao 24 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL
XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS
(Do 11 ao 24 de maio)
|
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 5º e 6º (Do 15 ao 29 de maio) |
XOGOS TRADICIONAIS II E PLÁSTICA
(Do 15 ao 29 de maio)
|