Erasmus +

Erasmus+ é o programa da UE para apoiar a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa. Este curso estamos realizando o proxecto "Our eco-school is blooming", financiado por este programa. Neste apartado iremos contando a evolución e os resultados deste proxecto.

Visita Erasmus+ dende Eslovenia

A semana pasada visitáronnos Mateja e Gordana, dúas mestras de infantil de Eslovenia, dentro do noso proxecto Erasmus+ "Our eco-school is blooming". Coñeceron os proxectos do noso cole, viviron o Entroido e tamén nos ensinaron moito sobre a súa cultura! E ata viñeron con nós de excursión a Coruña! 

Difundindo a nosa experiencia

Grazas á Teachers for Future Spain por difundir a nosa experiencia de liberar libros polo medio ambiente na súa páxina web. Seguimos traballando para mellorar o noso cole e o medio ambiente! Podedes leela clicando AQUÍ.

 

Un Nadal reciclado

Este Nadal o noso cole tivo unha decoración moi eco-friendly grazas á colaboración das familias e ao traballo de Carmen. Grazas a todos por seguir axudando ao noso proxecto e a coidar do planeta! Cada xesto conta :)

 

 

 

 

 

Christmas postcard exchange

Como cada Nadal, intercambiamos postais realizadas polo noso alumnado cos nosos colexios socios do Erasmus+, Vrtec Trnovo en Eslovenia e o Rizario Kindergarten en Grecia.

 

 

Traballando para uns recreos sen plásticos

No primeiro trimestre xuntamos tódolos plásticos xerados no recreo durante unha semana enteira, tirámolos no patio e intentamos recollelos nun minuto de tempo. Como comprobamos, non foi unha tarefa fácil. Aprendimos grazas á páxina de Teachers for Future canto duran os nosos desperdicios na natureza.

Queremos seguir coidando o noso Planeta!

 

 

 

 

 

Liberando libros polo medio ambiente!

Xa podedes atopar na entrada do colexio o noso punto Bookcrossing, onde intercambiaremos libros. Podedes coller os que queirades e deixar os que xa non utilicedes. Animádevos a participar! 

 

Por uns Recreos Residuos Cero

 

O noso Centro xa forma parte da rede RECREOS RESIDUOS CERO, un programa da plataforma Teachers for Future Spain, polo que animamos e motivamos ao noso alumnado a que nos seus almorzos e merendas non haxa residuos ou polo menos, o mínimo posible. Podedes acceder a máis información, clicando AQUÍ. Xuntos podemos logralo!

 

Distribuir contido

Back to top