Emociomartes en febreiro.

Este mes no EMOCIOMARTES  traballamos en infantil e 1º e 2º ciclo  a emoción da RABIA e a FRUSTRACIÓN.
Entrenamos ao alumnado na identificación desta emoción, as causas, as diferentes intesidades e como podemos xestionala. A través de diferentes situacións  reflexionamos  de cómo xurde, como respondemos normalmente e como podemos xestionala mellor. Detenémonos sobre todo na FRUSTRACIÓN, emoción que sinten moi amiudo, xa que queren conseguir o que desexan inmediatamente, sendo convinte aprender a saber esperar.



Co alumnado de 5º e 6º iniciamos o traballo na xestión emocional na RESOLUCIÓN DE CONFLITOS. O noso obxectivo e que pouco a pouco sexan conscientes dos diferentes puntos de vista nun conflito,, identificar as emocións que sinten cada unha das partes, porse no lugar do outro( EMPATIZAR), aprender a  facer unha ESCOITA ACTIVA, buscar alternativas non violentas e ver o conflito como unha oportunidade de aprendizaxe.
Este é un esquema do sistema a seguir na resolución de conflitos:

Back to top