Skip to Content

Blogues

DATOS DE INTERESE

PÓDESNOS ATOPAR EN...

RÚA BALEA S/N, 36989 O GROVE, PONTEVEDRA.

TELÉFONO: 886 151 972

EMAIL: ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

HORARÍO TITORÍAS

O horario de titorías é os MARTES de 16:00 a 17:00. Débese concertar con anterioridade co mestre/a.

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro de 2022 e ata o 8 de febreiro  iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/2021.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual -envíase a través do alumnado e está a vosa disposición nos PDF adxunto- (ANEXO I)  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 – 20 marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Luns 09 de Novembro de 2021

Estimadas familias,

 

No arquivo adxunto poderedes atopar información relativa á renovación do consello escolar, no tocante á presentación de candidaturas dos membros que desexen formar parte deste órgano de goberno.

Así mesmo, dispoñedes dun modelo de presentación de candidatura. Tamén o poderedes recoller no centro, en horario de atención ás familias.

 

Un saúdo.

 

MEMBROS XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

 

Podedes consultar no arquivo adxunto os membros que resultaron elexidos no sorteo público celebrado hoxe, xoves 28 de outubro, no centro, para constituir a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar.

 

Un saúdo.

INFORMACIÓN RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

 

Podedes consultar no arquivo adxunto a información relativa ás vindeiras eleccións que se realizarán para a renovación do Consello Escolar.

 

Un saúdo.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

 

O horario de atención do equipo directivo ás familias para o curso 2021-2022 será o seguinte:

 

LUNS: 8:40 - 9:25/ 12:50 - 13:40

MÉRCORES: 12:50 - 13:40

XOVES: 12:50 - 13:40

VENRES: 12:50 - 13:40

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NO CURSO 21/22

Estimadas familias

 

Publicamos o plan de adaptación ao contexto da covid no centro, no curso 21/22.

 

Un saúdo.

HORARIO ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO

Estimadas familias

 

con motivo do inicio das actividades lectivas, mañá día 9 de setembro, informámosvos que o portal de entrada ao centro ábrese ás 8:25, ata as 8:40 (PRÉGASE PUNTUALIDADE). E as saídas serán escalonadas, quedando do seguinte xeito:

 

Educación infantil e 1º de e. primaria: ás 13:30.

2º e 3º de e. primaria: ás 13:35.

4º, 5º e 6º de e. primaria: ás 13:40.

 

Un saúdo.

SAÍDA DÍAS DE CHOIVA

Estimadas familia

 

os días que a choiva impida que o alumnado vaia camiñando ata a saída do recinto para a recollida do alumnado polas persoas autorizadas, estas poderán acceder pola porta norte ata a porta do centro.

 

Un saúdo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut