Xa podemos desfrutar das imaxes e vídeos do festival de Nadal!
Foi un día moi emotivo para as familias e os nenos na recta final do primeiro trimestre deste curso escolar.
Noraboa a todos os nenos polo excelente traballo realizado e en especial a profe Rosa, mestre de música, polo derroche de creatividade e calidade en cada unha das representacións.
Tamén puidemos desfrutar da actuación dos alumnos que realizan a actividade extraescolar de zumba
Xa está chegando o Nadal e para que teñades material para traballar nas aulas, ou para os que queirades botarlle un ollo, deixámosvos este Symbaloo onde atoparedes algunha cousiña.
Este ano, o Equipo de Dinamización Lingüística propúxonos coñecer un poquiño máis a o Apalpador. Despois de traballar, bailar e debuxalo este foi o broche final. A VISITA DO APALPADOR!
ESTE ANO ESTAMOS TRABALLANDO NO NOSO CENTRO UN PROXECTO SOBRE O CINE E POR ISO O FESTIVAL DE NADAL, CONVERTEUSE NUNHA AUTÉNTICA RODAXE DE PELÍCULA CON DIRECTOR, CÁMARA, PRODUCTORES, MAQUILLAXE, ETC.