Terminamos un ano atípico que marcou un antes e un depois nas nosas vidas; terminamos un ano sen o festival, que tanto nos facía disfrutar, sen chocolatada, sen bicos, sen apertas... pero, eso sí, sen perder o soriso e a ilusión polo Nadal . Puxémonos todos guapos para despedir este ano cas badaladas e cos lacasitos (mantendo , eso sí, todas as medidas de seguridade) e fixemos unha búsqueda do tesouro na que disfrutamos moito deste último día de curso antes das vacacións de Nadal.
As nenas e os nenas e o claustro deséxanvos Unhas felices festas cheas de paz, ledicia e sobre todo de saúde!!!. Coidádevos moooito e aquí vos deixamos a nosa felicitación navideña, chea dos nosos nenos e nenas vestidos cas súas mellores galas !!
Xa podemos desfrutar das imaxes e vídeos do festival de Nadal!
Foi un día moi emotivo para as familias e os nenos na recta final do primeiro trimestre deste curso escolar.
Noraboa a todos os nenos polo excelente traballo realizado e en especial a profe Rosa, mestre de música, polo derroche de creatividade e calidade en cada unha das representacións.
Tamén puidemos desfrutar da actuación dos alumnos que realizan a actividade extraescolar de zumba
Xa está chegando o Nadal e para que teñades material para traballar nas aulas, ou para os que queirades botarlle un ollo, deixámosvos este Symbaloo onde atoparedes algunha cousiña.