OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL, DE PRIMEIRO DE PRIMARIA XUNTO COS ALUMNOS DA GÁNDARA PASARON UNHA XORNADA LÚDICA E DIVERTIDA EN INDIANA BILL (RAMALLOSA). AQUÍ PODEREDES VER ALGUNHAS DAS FOTOS!!
O luns 4 de febreiro, o alumnado de Infantil de 4 anos xunto cos compañeiros de 1º de primaria tiveron o privilexio de compartir cos alumnos de San Xerome unha xornada de convivencia.
Por grupos participamos en talleres de cociña, manualidades, na aula sensorial....
Os alumnos de San Xerome estiveron moi activos desenvolvendo o rol de mestres e mestras!
Como aprendemos con eles!
Foi unha experiencia marabillosa e que ben seguro non esqueceremos!!!
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA POTENCIAR E FOMENTAR O USO DA NOSA LÍNGUA ORGANIZOU UNHA TÓMBOLA. AO LONGO DO CURSO OS NENOS GAÑABAN PUNTIÑOS POR FALAR E USAR O GALEGO E TAMÉN POLA LECTURA DE CONTOS, DENDE A BIBLIOPEPIÑO
TEMOS QUE AGRADECER A COLABORTACIÓN DO SUPERMERCADO CONSUM, AS FARMACIAS BARBI E LÓPEZ SOBRINO, ASÍ COMA A TODOS OS MESTRES E PERSOAL DO CENTRO QUE APORTARON AGASALLOS E XOGUETES.
AQUÍ VOS DEIXO A REPORTAXE DA XINCANA DE XOGOS TRADICIONAIS QUE FIXEMOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ASI COMA DA TÓMBOLA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!
O PASADO 13 DE ABRIL OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA, FIXEMOS UNHA SAÍDA A APÍPOLIS. AQUÍ ESTÁ UN VÍDEO QUE CASE TODAS AS FOTOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!