Skip to Content

XA CHEGA O SAMAÍN!!

Versión para imprimir

 

Estimadas familias:

  Achegase o Samaín e xa comezamos a preparar a celebración. O tema deste ano será “Noite de mortos”.

  Coma outros anos, convidámosvos a  colaborar na decoración do centro achegando as cabazas que preparedes

cos vosos fillos e fillas. Podedes traelas ao colexio o luns 28 dende as 8:15 da mañá.

  O día 30 de outubro celebraremos a festa na escola. Por suposto, os alumnos poden vir disfrazados ese día

  Entre outras actividades, realizaremos unha “Andaina monstruosa” pola vila da Guarda. 

  Sairemos da escola ás 10:00 cara a praza de Avelino Vicente, onde faremos unha parada na que poderemos disfrutar

dunha cancións que cantarán os nenos e nenas.

  Os alumnos de Primaria seguirán logo cara a Praza do Reló onde volverán cantar e os mais pequenos irán á Alameda.

  Ao rematar volveremos ao cole para continuar coa celebración e merendar.

  Nesta ocasión correspóndelle aos alumnos de 6º e 1ºA  traer a comida. Recordámoslles ás familias dos nenos e nenas

que teñen algunha alerxia alimentaria que, para maior seguridade, deben traer a súa merenda ese día.

 Moitísimas grazas pola colaboración!

 Aquí están as cancións que traballaremos no cole:

 

 

 



page | by Dr. Radut