Este xoves o alumnado de 4 anos volveu a horta en compañía dos nosos amigos e amigas de Avelaíña que sempre estan dispostos a axudar e colaborar cos nós . A horta atopábase baleira trala recollida das leitugas, cenourias e remolachas; simplemente quedau o brócoli que en breve recollerano o alumando de segundo A.
Con axuda dalgúns membros de Avelaíña semeamos cabazas: uns facían o burato, as nenas e os nenos de 4 anos botaban a semente e entre os dous tapábamolo;por último regamos. Unha xornada de colaboración e inclusión na que todos e todas aprendemos, disfrutamos e colaboramos.




GRAZAS POR TODO!! ESPERAMOS EN OUTONO TER BOA COLLEITA!!!