Skip to Content

FOMO AO TEATRO!

Hoxe, grazas Afundación e a súa programación escolar,  os alumnos de 5º e 6º de primaria, desfrutamos dunha obra de teatro especial para nós: TARZÁN. 

Salíamos ben cediño do cole

 

 

Estabamos  intrigados e un chiscos nerviosos por se seríamos quen de entendela. Claro era en inglés e…

 

Así de expectantes estabamos

 

 

 

 

 
Todos esperando o comezo! 
 
Mirade como foi esta aventura! 
 



E despois de medrendar e repor forzas  volvemos ao cole!

 

 

 

 

 

Os gardas forestais no cole!

Hoxe achegáronse dous gardas forestais ao cole para explicarnos aos nenos de 5º e 6º a importancia da natureza e o seu coidado.

MENÚS DE XANEIRO

Menú xeral para xaneiro:

 

Menú sen gluten para decembro:

Festival Nadal

Como cada ano, nestas datas celebramos o  festival de Nadal como remate de trimestre.

Toda unha ledicia! 

Que nerviosos estabamos con tanto público!!!

 Infantil de 4 anos

Infantil 3 anos

Infantil 5 anos

1º de primaria

2º de primaria

Coro do cole e 5º de primaria

3º e 4º de primaria

Un festival precioso! 

VISITA AO ASTALEIRO DA PASAXE: CONSTRUCIÓN BARCO VOLANTEIRO

Os alumnos de 6º de primaria saíron a visitar o Asteleiro da Pasaxe para ver  como están facendo a réplica dun barco volanteiro típico guardés.

Clica na imaxe

PROGRAMACIÓN FESTIVAL DE NADAL

FELICITACIÓN DE NADAL

 O claustro de mestres desexámosvos

Teatro: espantallo amigo

O equipo da biblioteca  en colaboración coa  Editorial Galaxía propuxéronnos ler o libro  ESPANTALLO AMIGO  de Xosé Neira Vilas.

Nesta actividade participamos os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria.

Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres. 

E... hoxe,  fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!

 
 

 

Esta representación é unha adaptación da obra. 




 
 
 

O espantallo que fixo o Tío Ramón, non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse  uns a outros e fosen amigos.

 


Cando acada o seu obxectivo, decide  iniciar unha viaxe aproveitan-
do o vento para ver o mundo. Desde  o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres. 
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado  para que poidan pasar un bo inverno.


Durante a representación houbo momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para pensar e reler o libro de novo.



 
 
Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!

Bótadelle un ollo ao vídeo!


Menús para decembro do noso comedor

Menú xeral para decembro: 

Menú sen alérxenos para decembro:

OS NENOS DE 4 ANOS ESTUDAN O CAMIÑO DE SANTIAGO

OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS AO LONGO DESTE TRIMESTRE FIXERON UNHA GRAN INVESTIGACIÓN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E MÁIS CONCRETAMENTE POLO QUE PASA POLO COLE: O CAMIÑO PORTUGUÉS!!

NO PRIMEIRO VÍDEO CADA UN DELES EXPLICA O SEU TRABALLO, PERO DEUME MOITÍIIISIMO TRABALLO XA QUE TODOS AO PORLLE O MICRO FALABAN MOI BAIXO E A PENAS SE LLES ESCOITA, NON O ÍA A SUBIR PERO DESPOIS DE TANTO ESFORZO POR PARTE DOS NENOS E MIÑA POIS... AQUÍ ESTÁ!!

TEDES QUE POR UNS VOS ALTAVOCES E ESTAR MOI CALADIÑOS E CO VOLUMEN MOI ALTO. PERO MERECE A PENA ESCOITALOS!!

 

E, PARA REMATAR O PROXECTO, FIXEMOS UN TRAMIÑO DO CAMIÑO,, CONCRETAMENTE DENDE O COLE ATA O ALBERGUE. PERO TIVEMOS QUE PREPARAR AS CREDENCIAIS, AS CUNCHAS, AS MOCHILAS.... PASÁMOLO XENIAL!! PERO ACABAMOS ESGOTADOS!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut